• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Reivindicación, denuncia e arte pola igualdade en Vigo no acto central do 8M da Deputación

Reivindicación, denuncia e arte pola igualdade en Vigo no acto central do 8M da Deputación
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
08/03/2023

Dúas mulleres camiñan cargadas de bolsas da compra polas rúas de Vigo amosando o peso que levan nas súas costas todas as mulleres pero os seus gritos de auxilio non son escoitados. Outras dúas mulleres amosan mentres tanto a súa memoria e a súa loita pola igualdade a través das imaxes, esculturas e instalacións nas salas que levan o nome doutras pioneiras, Rosalía de Castro e Maruja Mallo. As catro creadoras, Andrea Mosquera, María Roja, Puri Díaz e Ofelia Cardo protagonizaron hoxe as accións artísticas coas que a Deputación “alenta” a loita pola igualdade neste 8M en Vigo. “Temos dereitos, temos voz e reclamamos o noso espazo. Hoxe vivimos a maxia que xera o feminismo nun acto de berro, cultura e sororidade”, destacou a presidenta provincial Carmela Silva.

A sede provincial en Vigo encheuse de feminismo e foi o escenario dunha tripla acción neste 8M que se desenvolveu de xeito simultáneo. Na sede, as persoas asistentes puideron seguir en directo a retransmisión por streaming da acción “2,2 quilómetros de alento” , na que Andrea Mosquera e María Roja percorreron esa distancia entre o Xulgado de Violencia sobre a Muller e a sede cargadas con bolsas da compra, amosando “o sobreesforzo” que viven día tras día as mulleres. Mentres, no espazo da rúa Chao inaugurábase unha dobre exposición: dunha banda, Puri Díaz ofrece na Sala Rosalía de Castro “A muller da miña vida” e, por outra, Ofelia Cardo “Dar alento” na Maruja Mallo, mostras que permanecerán abertas ata o 28 de abril.

Másnoticias

En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

En marcha el gran supermercado que aterrizará en el centro de Vigo

03/06/2026
Los 'mini pisos' se instalan en Vigo, el 25% en alquiler miden menos de 60 metros

Los 'mini pisos' se instalan en Vigo, el 25% en alquiler miden menos de 60 metros

03/06/2026

“Estamos aquí, en pé e xuntas, para reclamar o que nos pertence: a nosa vida, a metade de todo, ser libres, ser iguais e vivirmos nunha sociedade xusta”, reclamou a presidenta provincial. Carmela Silva asegurou que “temos dereitos, temos voz e reclamamos o noso espazo”, e agradeceu ás mulleres que participaron no acto “pola súa forza e empuxe e por empregar a voz e a arte como instrumentos de cambio”. En definitiva, a Deputación viviu este 8M “a maxia que xera o feminismo, porque feminismo sempre: feminismo ou barbarie” subliñou na Sala Rosalía.

“2,2 quilómetros de alento”

Neste mesmo espazo viviuse en directo o remate da acción do 8M protagonizada por Andrea Mosquera e María Roja. As dúas creadoras terminaron alí o percorrido iniciado desde o Xulgado de Violencia sobre a Muller reclamando a implicación do público asistente para acadar “o relevo dese peso que levan as mulleres” e que elas simbolizaron cargadas coas bolsas da compra. “Isto é algo que abrangue a toda a sociedade e ese peso témolo que levar entre todos e todas”, afirmou Mosquera. “Nese percorrido –indicaron as artistas- tentas coller aire. Para nós, o alento do título é por unha parte ese intento de sobrevivir ao esforzo, pero tamén é o alento de todas. Nós levamos un peso físico, pero para outras mulleres ese peso non está materializado”.

Durante o camiño, as dúas creadoras foron intercalando gritos de auxilio que escapaban das propias bolsas, en moitas partes non escoitados, tamén a xeito de denuncia: “Quixemos facer alusión ás chamadas de auxilio que non son respondidas. De vez en cando escóitanse, noutras veces non, porque os ruídos da cidade ocúltanas. Ao igual que na realidade, esas chamadas de auxilio de calquera muller quedan tapadas”.

As exposicións na sala Rosalía e Maruja Mallo

Na apertura das mostras, Puri Díaz explicou que o tema “A muller da miña vida” é a memoria, no que traballa desde hai dez anos coincidindo co nacemento do seu fillo, e ten o fío condutor “dos recordos”, neste caso vinculados ao seu núcleo familiar, con imaxes “propias e apropiadas”, algunhas delas do seu pai, que era afeccionado á fotografía. “Busco falar da memoria desde os recordos –sinalou-, que moitas veces son propios e outras construídos, escoitados doutras persoas e que fago propios”. “Na exposición están todas as persoas que forman o meu universo persoal”, entre as que citou á “comunidade de mulleres” que formaba coa súa nai, a súa tía e as súas avoas, amais do seu pai, o seu irmán, o seu fillo e o seu compañeiro.

Pola súa banda, Ofelia Cardo lembrou que o feminismo “é unha clave importante” no seu traballo, que nesta exposición ofrece obras inéditas que aluden á intersección entre feminismo e ecoloxía, “entrelazando muller e natureza na dominación e subordinación histórica que o ser humano ten feito de ambas”. “Con ‘Dar alento', que tenta desmontar a visión antropocéntrica e androcéntrica do mundo, gustaríame que, como seres humanos, nos recoñecésemos como parte da natureza”, subliñou no acto. Cañas, escaiolas, lentellas, las, medias, fotografías e instalacións son as técnicas e os materiais empregados pola creadora que, dentro da mostra, tamén instalou pezas que falan “dunha sexualidade violentada e opresiva, mediante tensións, medias e pedras que nos esmagan”.

Temas: 8MarteDeputación de PontevedraIgualdadeVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño
Enfoque

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño

Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente

PorEuropa Press
04/06/2026
Arranca oficialmente la Festa da Coca de Redondela entre homenajes y con una gran programación
Enfoque

Arranca oficialmente la Festa da Coca de Redondela entre homenajes y con una gran programación

Redondela ha inaugurado oficialmente su Festa da Coca. Un fiestón que promete conquistar todo el área de Vigo

PorMetropolitano
04/06/2026
Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf
Enfoque

Escolares de O Porriño se suman a la "Operación Ola" para disfrutar de jornadas de surf

Casi 200 escolares participaron en la iniciativa "Operación Ola". Una propuesta que les llevó a practicar surf en la playa de Patos

PorPaula Carballo
03/06/2026
Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen
Enfoque

Nigrán aprueba rehabilitar la antigua escuela unitaria de Chandebrito y darle una nueva imagen

El pleno aprobó la rehabilitación, por 25.000 euros, de la antigua escuela unitaria de Chandebrito. Estos son los trabajos que se harán

PorPaula Carballo
03/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X