• Celta Niza
  • Obras Balaídos
  • HematoFesti Vigo
  • Papá Noel Vigo
  • Restaurantes Top Galicia
  • Transporte Todos los Santos
  • Pizza gratis Vigo
  • Petisquiño
  • Polémica parque Vigo
  • AP-9
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Roberto Villar: "En Redondela debe materializarse un cambio total no medio ambiente"

Roberto Villar: "En Redondela debe materializarse un cambio total no medio ambiente"
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
24/05/2023

Roberto Villar e Daniel Boullosa forman parte da candidatura da Agrupación de Electores de Redondela (AER) para as eleccións do vindeiro 28 de maio. Ambos simbolizan o avance deste proxecto político que hai catro anos deu un paso importante chegando a formar parte do Goberno municipal, un equipo de Goberno no que lideraron, respectivamente, as concellarías de Medio Ambiente e Cultura ata o fin do pacto coa alcaldesa Digna Rivas.

Que valoración fai AER da última lexislatura?

Másnoticias

Redondela aproba un investimento de 700.000 euros para obras nas parroquias

Oferta de empleo público en Redondela, convocan ocho plazas para estos puestos

20/10/2025

Redondela viajó en el tiempo para revivir la histórica Batalla de Rande

19/10/2025

Foi a lexislatura onde AER tocou goberno. Nós nacimos en principio como unha agrupación que non se iba a posicionar, pero a medida que iba avanzando AER no Concello nos dimos conta que había que dar o paso. Nos costou moito pero foi o momento de dar un cambio e que Javier Bas non podía xa gobernar Redondela e apoiamos a Digna Rivas. Foi a primeira vez que se apoiou a un candidato que non era de AER.

 Vos arrepentides de ter apoiado a Digna Rivas?

Non. O que fixemos foi quitar a Javier Bas da Alcaldía. A Digna Rivas non a coñecíamos como alcaldesa ou xestora. Agora nós con ela como persoa temos unha relación moi boa, pero como xestora é un desastre. Non fai equipos e non hai reunións de traballo. É unha xestión caseira.

AER volvería a formar parte dun goberno local?

Nunca se pode descartar, vai depender do apoio da veciñanza. Xa nos pasou no anterior mandato. Depende do número de concelleiros e concelleiras que saque AER. Pero AER non vai permitir que goberne nin Javier Bas nin Digna Rivas. Non temos problema co PSOE, en absoluto, pero non podemos apoiar a unha perosa que é incapaz de xestionar o Concello e que solo se preocupa pola súa imaxe. A súa vida son as redes sociais e as notas de prensa. Así non se pode xestionar o Concello.

Soamente facilitariades un Goberno do PP ou do PSOE en caso de que os seus candidatos dean un paso ao lado?

Non vamos a permitir en ningún momento que o PP goberne Redondela. Atopamos un presunto caso de malversación no Concello, o denunciamos ao Consello de Contas e non o resolveu. O denunciamos ao Tribunal de Contas, houbo un requirimento e nos indicaron que tíñamos que identificar as persoas. Ir a ese xuízo suporía un custe de 25.000 euros que non ten AER. É triste que neste país que para loitar contra a corrupción teñas que ter cartos.

A política de limpeza de praias, é unha liña vermella para AER?

Non é unha política de AER, é a Directiva Hábitat da rede Natura 2000. Nós o que fixemos é cumplir a legalidade. E aquí na área de Cesantes é que ten que ter recollida de forma sostible e alternamente. Non se pode recoller o 100% e moito menos meter máquinas nas praias.

Como debe materializarse o PXOM?

O PXOM é un documento técnico de moitísima responsabilidade. Na agrupación soamente hai unha persoa capacitada para estar nas reunións do PXOM e non pode contar nada do que pasa aí. Se sae a luz antes de tempo pode haber especulación. Neste momento está noutras administracións, que non están respondendo en tempo. Non se pode cargar na alcaldesa de Redondela esa responsabilidade. Está avanzado pero non imos dar unha data.

Que grandes cambios deben materializarse no Concello nos vindeiros catro anos?

Un cambio total no medio ambiente. Estase demostrando que afecta a toda a sociedade. Imos apostar por fomentar a educación ambiental, os espazos naturais, etc. A Rede Natura 2000, os areais e os espazos naturais teñen un gran potencial para turismo de calidade e natural. Tamén está o tema das augas residuais. Queremos soterrar a depuradora de Redondela. Outro gran proxecto moi ambicioso son as humanizacións para quitar coches da rúa creando aparcamentos disuasorios. As nosas rúas teñen que ser para as persoas.

Pódense tomar medidas a nivel local para facilitar o acceso á vivenda?

É un tema complexo que estamos estudando. Hai un incremento dos prezos dos alugueiros porque se está fomentado o alugueiro turístico masivo. Non pode haber eses prezos para persoas traballadoras que queren crear unha familia e vivir en Redondela.

[Dende este punto responde Daniel Boullosa, exconcelleiro de Cultura]

Esta lexislatura AER xestionou tamén Cultura, que balance facedes e que liñas estratéxicas deben seguirse?

Dende 2019 a 2021 fíxenme cargo de Cultura e Turismo. Podo dicir que na segunda parte do mandato, cando o PSOE repartiu ambas concellerías en dúas persoas, Turismo seguiu un moi bo nivel, cos mesmos criterios de AER, pero en Cultura houbo un cambio. A nova concelleira abandonou varios dos proxectos que tiñamos iniciados. A pesar da pandemia e do recorte de público fixemos unha aposta moi clara por artistas locais. Fixemos un rexistro cunha páxina web con artistas de todas as áreas. Iso abandonouse e comezouse coas contratacións máis verbeneras, abandonando un pouco a cultura galega e entrando na Panorama, París de Noia e Combo Dominicano.

Por outro lado fixemos unha axenda cultural a través de Redes Sociais e da web do Concello con todas as actuacións que había no concello, tanto programación pública como privada. Iso tamén se abandonou.

O terceiro piar, que son as bibliotecas, si se seguiu coa mesma liña.

De cara a futuro, que lle gustaría a AER?

Pola parte de Cultura sería retomar o espírito de 2019, sobre todo en canto a localizacións que levamos a novas zonas, como o cine de verán polas parroquias. E temos un proxecto de turismo reacondicionando o Camiño de Santiago que cruza o municipio, tanto a variante da costa como a interior. Estamos con 1.200 persoas que cruzan Redondela todos os días, sobre todo luns e martes.

Cales son os motivos polos que os veciños e veciñas de Redondela deben apostar por AER?

Non somos profesionais da política, o noso obxectivo non era chegar á vila e agarrar un sillón. Somos o único grupo que está representado soamente en Redondela. Respecto moitísimo aos outros grupos, pero teñen representación en Santiago e Madrid, e moitas veces veñen organizados ou traen mocións que se lanzan en Madrid ou Santiago. As nosas iniciativas son dende Redondela para Redondela.

Que sería un bo resultado o 28 de maio?

Aínda que pareza pesimista, o empate.  Nos competimos contra nós mesmos. Despois de todo o que vivimos, se volvemos sacar tres dámonos por satisfeitos. O noso obxectivo non é a Alcaldía, é representar unha forma diferente de facer política.

Un malo sería baixar, entendo.

Todo o que baixemos vamos a entendelo como voto de castigo, románticos dos inicios de AER que non entenderon nin compartiron que entraramos a gobernar co PSOE e imos a entender que hai xente que nos pode castigar. Temos unha inquedanza de que a mocidade está moi desconectada dos partidos. Sobre todo aqueles que votan por vez primeira. Case artesanal nos achegamos a algún instituto ou local de ocio e non saben de que vai o tema. Despístanos moitísimo esa franxa de idade, que posiblemente participe na abstención e iso é moi perigoso.

Que se xoga Redondela o 28M?

Xógase seguir cunha política que mire por Redondela ou que faga caso aos personalismos dos grandes partidos.

Temas: AERElecciones municipales 2023Redondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo se despide de una de sus tiendas de moda alternativa con una liquidación absoluta
Enfoque

Vigo se despide de una de sus tiendas de moda alternativa con una liquidación absoluta

Esta tienda de moda vintage se despide de su comunidad en Vigo con una gran liquidación. Adiós a su propuesta alternativa

PorSara Rodríguez
23/10/2025
Investigan un posible caso de grave acoso escolar a una niña en un colegio de Vigo
Enfoque

Protesta para denunciar "la inacción" de un colegio de Vigo ante un presunto caso de acoso escolar

Familiares y vecinos del colegio Monterrey convocan una protesta este viernes para apoyar a la familia afectada por un presunto caso de acoso

PorPaula Carballo
23/10/2025
El dispositivo de seguridad del Celta - Niza provoca tráfico lento en determinados puntos de Vigo
Enfoque

El dispositivo de seguridad del Celta - Niza provoca tráfico lento en determinados puntos de Vigo

Hasta cinco furgones de la Policía Nacional escoltan a los ultras radicales del Niza, provocando tráfico lento en la zona de Beiramar

PorCarlos I. Castrillón
23/10/2025
O Porriño reformará el velódromo para crear en un espacio referente del deporte urbano
Enfoque

O Porriño reformará el velódromo para crear en un espacio referente del deporte urbano

El Concello presenta sus proyectos financiados por la Diputación, con la humanización masiva en Torneiros y el saneamiento en el rural

PorÁngel Vila
23/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo
Enfoque

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

PorUxía Pérez
23/10/2025

A toma de posesión celebrouse este xoves no edificio Ernestina Otero - Elas representan o 62,5% das novas catedráticas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X