Ecoloxistas en Acción denuncia a "inxustificada actuación" da Autoridade Portuaria de Vigo no pantalán número 2 da dársena de Bouzas-Berbés. Un novo recheo que ocupará 8.300 metros cadrados de lámina de auga e que sinalan que prexudicará seriamente á rexeneración natural do mar, afectando á pesca e marisqueo, ademais do seu impacto visual.
A organización ecoloxista apunta que xa se levan ocupados 3 millóns de metros cadrados da ría de Vigo mediante recheos e a Autoridade Portuaria pretende xustificar esta actuación por falta de espazo. Aseguran que a suposta falta de espazo non xustifica este novo recheo, xa que unha boa parte das instalacións portuarias están sendo utilizadas para almacenaxe ou outras actividades non propias da pesca. Para habilitar o espazo que se demanda é necesario o traslado destas actividades a outros espazos máis axeitados como a Plataforma Loxística de Salvaterra, parque empresarial do que é propietaria en parte a propia Autoridade Portuaria.
Ademais lembran que o Porto de Vigo ten a Delimitación do Espazo e Uso Portuario (DEUP) anulada xudicialmente e que a nova DEUP está aínda en estudo e sen resolver as multiples alegacións cursadas rexeitando novos recheos.
“Pedimos á Autoridade Portuaria de Vigo que se sume ao consenso da cidade de Vigo en contra de máis recheos e que desbote para sempre este tipo de obras tan prexudiciais para a nosa ría” solicita Javier Fernández, voceiro de Ecoloxistas en Acción Vigo.
La bodega señala que busca crear espacios de encuentro, formación y disfrute en los que generar vínculos con la hostelería y los empresarios
CC.OO. denuncia que la dirección pusiese a disposición de los usuarios de cucharas en sustitución de los timbres, "inoperativos"
Este local de hamburguesas en Vigo planea abrir en nuevas ciudades. Lleva cinco años abierto en la ciudad olívico
La Navidad de Vigo de este 2025 se prepara para su gran prueba de estrés en las calles con medidas inéditas: fechas y horarios
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL