• Chiringuito de Vigo
  • Fiestas Pontellas
  • San Xoán Salceda
  • Furor helados
  • Aventuras
  • Alerta Calor
  • Presa Baiona
  • Senda termal
  • Hotel temático
  • Cascada Portugal
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Traballadores da automoción percorren as rúas de Vigo para reivindicar un futuro industrial para o sector

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
06/07/2021

Varios centos de traballadores/as e de delegados/as sindicais da CIG na automoción de Vigo, Pontevedra e Ourense percorreron hoxe as principais rúas viguesas en manifestación para reivindicar un futuro industrial para o sector e rexeitar os ERTE indiscriminados que manteñen a milleiros de operarios/as en situación de desemprego.

A marcha, que fai parte da campaña da CIG-Industria en defensa do sector galego do automóbil, desenvolveuse a partir das 10:00 horas entre a fábrica do grupo Stellantis (antiga PSA Citroën) e a delegación da Xunta na cidade. Á cabeza da manifestación despregouse unha faixa na que se podía ler “Por un futuro industrial para a automoción”, e polo medio da comitiva outra faixa denunciaba que os ERTE no sector supoñen “roubo e explotación” para a clase traballadora que os padece.

Másnoticias

Vigo saldrá a las calles para exigir que no se privaticen los pabellones deportivos de la ciudad

16/06/2025
Imagen de Archivo

Mercadona anuncia los nuevos horarios de sus supermercados en Galicia para la temporada de verano

16/06/2025

Durante o percorrido, que rematou diante do edificio da Xunta coa lectura dun manifesto, berráronse consignas como “Non aos ERTE na automoción”, “Sen industria non hai futuro”, “Emprego digno na automoción”, “Non, non, non á deslocalización” e “Feijóo, escoita, a automoción está en loita”. O secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, foi o encargado da intervención final, que comezou denunciando que máis de 20.000 empregadoss e empregadas do sector se atopan na actualidade no desemprego como consecuencia das paradas que está a facer Stellantis pola falta de semiconductores “dun día para outro, sen solución de continuidade e sen saber cando e como imos volver ao noso posto de traballo”.

O secretario nacional de CIG-Industria que esto ocorre nun contexto "no que os grandes fabricantes de microchips seguen anunciando investimentos millonarios noutras partes do mundo, mentres os Gobernos español e galego seguen a mirar para outro lado", acordando o Executivo formado por PSOE e Unidas Podemos a ampliación dos ERTE sen garantías dentro das mesas do chamado diálogo social. “E o Goberno do PP de Núñez Feijóo segue agardando a ver que pasa cos fondos europeos, pensando que isto vai ser a solución a todos os males da súa falta dunha política industrial para o país”.

Lamentou que a única solución que hai enriba da mesa é a chegada de fondos europeos para cambiar o modelo produtivo por unha economía verde, respectuosa co medio ambiente e que incentivará as fontes de enerxía renovábeis e os vehículos limpos. “Pero a situación estase a agravar aínda máis polo encarecemento e falta de subministros a nivel mundial no que respecta ao aceiro, aluminio, complementos plásticos a nivel mundial”.

Inseguridade laboral

Como consecuencia, a situación nas empresas é de unha inseguridade total. “Estamos a ver como as nosas compañías corren o perigo de peches e deslocalizacións ante o novo futuro do sector do automóbil, até o punto de que moitas persoas nin sequera regresarán ao seu posto de traballo”.

Por iso reivindicou a necesidade de afrontar o futuro do sector sen que sexan sempre os cadros de persoal das empresas os que paguen a crise e apelou á necesidade seguir na mobilización e na loita. “É necesario que as fábricas de compoñentes (e non só de compoñentes) estean a carón da factoría principal”. Polo que considera que ten que ser o Goberno galego o que debe activar un plan para a atracción destas plantas e evitar a deslocalización das empresas.

Neste senso, demandou unha “aposta firme e decidida” pola construción da planta de baterías “se queremos ter futuro no sector da automoción”. Diante disto, anunciou que a CIG seguirá saíndo á rúa para reclamar a aplicación de políticas que defendan os nosos dereitos e que garantan emprego digno na nosa terra, así como para rexeitar a aplicación de ERTE de forma indiscriminada e sen garantías, “e en contra desa reforma laboral tan nociva para a clase traballadora”.

Finalmente, incidiu en que a central sindical aposta por sectores industriais como o da automoción, “xa que para nós si é un sector estratéxico e esencial para o país e para a nosa economía, e polo tanto para a creación de emprego digno e de calidade”.

Temas: automociónautomóvilCIGprotesta en VigoPSAVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Vigo saldrá a las calles para exigir que no se privaticen los pabellones deportivos de la ciudad

Convocan una manifestación en Vigo para evitar la privatización de los pabellones deportivos. Piden unas instalaciones públicas y en condiciones

PorAlfredo Teja
16/06/2025
Imagen de Archivo
Enfoque

Mercadona anuncia los nuevos horarios de sus supermercados en Galicia para la temporada de verano

Mercadona estrena a partir del próximo lunes 23 de junio sus nuevos horarios en una buena parte de los supermercados de Galicia

PorMiguel Alonso
16/06/2025
Foto: Freepik
Enfoque

Abre el plazo para solicitar el Bono Cultural Joven con 400 euros para gastar por persona

Desde hoy puedes solicitar el Bono Cultural Joven de hasta 400 euros. Consulta las condiciones, fechas y en qué puedes gastarlo

PorEuropa Press
16/06/2025
ARCHIVO
Enfoque

Rescatan a tres personas que hacían kayak en la costa de Galicia tras volcar

Un helicóptero tuvo que rescatar a dos personas que volcaron mientras hacían kayak frente a la costa de Galicia. Fueron trasladadas al hospital de Vigo

PorEuropa Press
16/06/2025
Enfoque

O Programa de Maiores da UVigo retoma as súas charlas abertas á cidadanía

PorMetropolitano
13/06/2025

Vigo, Ourense e Pontevedra acollerán diferentes charlas do Programa Universitario de Maiores. A primeira será en Vigo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

13junTodo el díaFESTA DA ALEGRÍA EN O CALVARIOFIESTAS | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X