• La Vuelta Galicia
  • Serie Netflix Galicia
  • Casa rural Vigo
  • Campeonato Hamburguesas
  • Fiestas Tomiño
  • Festival Pizza
  • Festival Peregrino
  • Casting en Vigo
  • Qué hacer en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Tui convértese no corazón turístico do río Miño

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
02/02/2022

O Concello de Tui inaugurou este mediodía a nova Oficina de Turismo executada ao abeiro do proxecto “Río Miño, un destino navegable” financiado con fondos europeos. Un novo equipamento que marca un antes e un despois na atención os visitantes e peregrinos na cidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, interviron no acto inaugural no que estiveron presentes tamén a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, xunto aos representantes dos outros socios do proxecto o concello de Salvaterra, as cámaras de Valença e Monçao, e Turismo Porto-Norte.

Másnoticias

Concello de Tomiño

Música, teatro y circo en las Festas do Alivio para despedir el verano en Tomiño

09/09/2025

Investigan a un vecino de Tomiño que pretendía enterrar vivos a 12 cachorros recién nacidos

09/09/2025

Na súa intervención o alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que "hoxe é un día importante e moi importante para Tui, porque cumprimos un vello desexo de reubicar a oficina de turismo neste local moi emblemático e con moita historia". Engadiu que con este cambio “gáñase en presencialidade nunha zona tamén moi emblemática coma é o Paseo da Corredoira, gáñase en accesibilidade, e polo tanto entendemos que esta oficina nestes momentos está a dar resposta ás esixencias que nestes momentos hai en materia de información e atención a todas as persoas que nos visitan".

Coa nova oficina preséntase tamén unha nova marca turística, un novo material promocional, polo que dicía o rexedor tudense “dignificamos algo tan elemental coma é dar un servizo de calidade a todas aquelas persoas que nos visitan, e que ademais afortunadamente son moitas". Salientou Enrique Cabaleiro que "o turismo é hoxe un dos elementos principais de desenvolvemento económico do noso territorio, e polo tanto debemos implementar cantos instrumentos sexa necesarios para a posta en valor deste magnífico territorio que temos".

Esta mañá o alcalde de Tui destacou que en xaneiro a Oficina de Turismo, ubicada até o de agora na praza de San Fernando contabilizou “os mellores datos de turismo da historia dende cando se teñen rexistros". Tamén aludiu a colaboración entre municipios indicando que “compartimos un territorio onde temos intereses compartidos e debemos definir estratexias que poidan sacar adiante eses intereses”. Rematou con palabras de agradecemento para todos os que fixeron posible facer realidade este proxecto, con especial referencia ao exalcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, a quen sinalou coma “o ideólogo deste magnífico proxecto”.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, amosou o seu orgullo por ser tamén un dos socios do proxecto Río Miño, Destino Navegable que indicou “é un claro exemplo da colaboración interinstitucional e “ten moitos visos de crecemento”. Afirmaba que "o turismo tranquilo en contacto coa natureza aquí o ten todo” ao tempo que desexou moitos éxitos á nova Oficina de Turismo.

Mentres a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, indicou que “este gran proxecto Río Miño, Destino Navegable, ten unha grandísima capacidade de crecemento, ten unha grandísima capacidade de atracción turística, e de seguro que nos vai valer para poñer, unha vez máis, a Galicia e ao Norte de Portugal, no mapa turístico que se merecen”.

Hoxe presentou tamén novo material de divulgación e información que transmite dun xeito visual e atraínte as áreas de interese e os puntos icónicos de cada un dos municipios, poñendo de relevo a riqueza turística. Así editouse un novo mapa ilustrado e informativo no que o Miño é o eixo central abranguendo as dúas eurocidades Tui-Valença e Salvaterra-Monçao, e reflectindo no mesmo as localizacións máis importantes dos catro municipios. Está editado en catro idiomas: galego, castelán, portugués e inglés.

Tamén foron editados diplomas infantís nos que se propoñen aos cativos e cativas, xunto ás súas familias, que atopen catro puntos do mapa, un por municipio. Ao remate do acto inaugural as autoridades realizaron unha visita guiada polo conxunto histórico de Tui da man da historiadora Sara Quintana.

Temas: O Baixo MiñoTuiturismo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

El Gobierno avanza la línea de Cercanías en Vigo y pone su próxima meta antes de acabar 2025

El Ministro de Transportes avanza las cuatro "zonas principales" de Cercanías en Galicia, que se presentarán antes de finalizar 2025

PorÁngel Vilay1 Otros
10/09/2025
Imagen de Archivo
Enfoque

Vigo pone fecha a la reapertura del túnel de Lepanto

Caballero desvela que el próximo martes 16 de septiembre volverá a estar operativo uno de los principales accesos de Vigo a la AP-9

PorCarlos I. Castrillón
10/09/2025
Enfoque

Colapso en la AP-9 en Vigo con colas kilométricas por un accidente entre "9 ó 10" vehículos

Mañana accidentada en Vigo con retenciones kilométricas en la AP-9. Se han producido varios accidentes, y se mantiene el tráfico lento

PorMetropolitanoy1 Otros
10/09/2025
Imágenes de la protesta propalestina que obligó a suspender el final de La Vuelta en Mos // FOTOS: MIGUEL NÚÑEZ
Enfoque

Las fotos y los momentos de tensión que bloquearon el final de La Vuelta en Mos: "Ganó Palestina"

Cargas policiales y momentos de tensión en el Alto de San Cosme, donde la protesta propalestina obligó a suspender el final de la etapa en Mos

PorCarlos I. Castrillón
09/09/2025
Enfoque

“Magníficos” datos de matrícula nos graos e dez novas titulacións para inaugurar o curso na UVigo

PorCarlos I. Castrillón
08/09/2025

Miles de estudantes iniciaron este luns os seus estudos nos tres campus - En maio a institución elixirá novo reitor ou reitora en substitución de Reigosa

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X