Tui é un dos destinos preferidos polos turistas que pasaron no pasado mes de xuño polo sur de Galicia. Así o amosan as máis de cinco mil persoas que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui. Esta cifra case duplica a rexistrada no mesmo mes de 2016 cando se achegaran a este servizo 2.684 persoas, e supera en máis de 2.800 as consultas recollidas en 2015 no mismo período. Só nos últimos tres meses, de maio a xuño, esta oficina atendeu a máis de 16.300 persoas.
Do total de 5.046 persoas que en xuño se achegaron a demandar información ata esta oficina situada na Praza de San Fernando 3.119 eran turistas e 1.927 foron peregrinos. Entre os turistas 2.617 eran españois e 502 estranxeiros. Mentres nos peregrinos os máis numerosos foron os peregrinos estranxeiros, 1.514, fronte aos nacionais, 413, os que se achegaron até a oficina de información turística.
En canto ao lugar de orixe no turismo nacional Madrid, Barcelona, A Coruña, Valencia, Pontevedra e Valladolid foron as provincias das que se rexistrou maior número de consultas, mentres que entre os estranxeiros houbo consultas de até 20 nacionalidades, principalmente de Portugal, Francia, Italia, Arxentina, Alemaña e Reino Unido.
Por outra parte os peregrinos estranxeiros foron os que máis consultas realizaron, 1.514, chegados principalmente de Portugal, Alemaña, EEUU, Italia e Francia. Mentres houbo 413 demandas de información de peregrinos nacionais que tiñan coma orixe Madrid, Valencia, Barcelona, Ávila e Alacante.
No caso dos turistas ao achegarse á Oficina Municipal de Turismo interésanse polos puntos a visitar coma o conxunto histórico, a ruta xudía, patrimonio, ou os espazos naturais, así coma pola gastronomía local. No caso dos peregrinos demandan información sobre aloxamentos, o trazado do camiño até Santiago, e tamén sobre que visitar na cidade.
A Oficina Municipal de Turismo está situada na Praza de San Fernando, a carón da Catedral. O seu horario é de luns a domingo de 9:00 a 13:20 horas e de 16:00 a 20:20 horas. Mentres na Praza da Inmaculada, xunto ao Paseo da Corredoira, está situado o Punto de Información Turística que abre de luns a venres de 9:00 a 13:20 horas.
La artista madrileña fue la encargada de inaugurar la nueva temporada de conciertos de Castrelos interpretando sus canciones más míticas
Uno de los restaurantes más top del área de Vigo renacerá con un ambicioso proyecto gastronómico. Abrirá en una finca histórica
Una nueva tienda de moda ha abierto sus puertas en el Gran Vía de Vigo. Aumenta la oferta comercial de esta superficie viguesa
Estos son los chiringuitos de Vigo que están abiertos desde este mismo sábado. La ciudad vuelve a tener casi todos sus icónicos quioscos
A obra conta cun orzamento de 10 millóns de euros e durará arredor de 20 meses
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL