O Concello de Tui fixo entrega hoxe aos centros culturais das distintas parroquias de quince máquinas de ozono para que poidan proceder á desinfección das súas instalacións. Entre as medidas que adoptou a corporación municipal dende o inicio do estado de alarma estaba a adquisición deste equipamento. Ao acto de entrega desta mañá asistiron o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e os concelleiros do PP, José Ángel Villaverde e do BNG, José Martínez Tato.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou aos representantes dos distintos centros culturais que coa aportación deste material dende o Concello queren contribuír á tomar as medidas preventivas precisas. Informou amais que nos próximos días instalarán dispensadores de xel hidroalcohólico nos accesos dos centros cultural, así coma nos parques infantís para que “se poidan utilizar cantos medios sexan posibles para evitar a transmisión” indicaba o rexedor tudense.
Pola súa parte o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez, foi o encargado de explicar o funcionamento das máquinas de ozono. Teñen capacidade para desinfectar unha superficie de até 100 metros cadrados nun tempo e até hora e media.
El BNG de Vigo acusa al PSOE y al PP de tumbar una iniciativa para condenar el golpe de Estado franquista en el 36
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Salceda de Caselas tiene una nueva pedagoga. Organiza una jornada informativa para dar a conocer cómo es será el trabajo que realizan
Importantes retenciones en la A-55 en Mos en sentido Vigo tras la colisión de tres vehículos. Un accidente que deja varias personas heridas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL