O Concello de Tui vai levar a cabo a humanización da travesía de San Domingos dende a rúa Antero Rubín, pasando pola travesía de San Francisco e rematando a rúa Bispo Lago. O obxectivo é a posta en valor deste vía coma arteria singular de conexión entre o centro urbano e a igrexa de San Domingos.
O anteproxecto redactado conta cos informes de viabilidade de sectoriais favorables, incluído o de Cultura que está condicionado á realización de catas para a elaboración do proxecto final e inicio das obras. Precisamente o pleno ordinario deste xoves, 25 de marzo, irá a dotación do crédito preciso para realizar as catas arqueolóxicas, necesarias para poder avanzar co proxecto.
A actuación prevista contempla o acondicionamento e mellora do actual pavimento da travesía, así coma o soterramento dos subministros e renovación da rede de saneamento. Ao tempo mellorarase a recollida superficial de augas pluviais, protexendo os accesos existentes ás vivendas e parcelas.
Tamén se persegue a recuperación patrimonial desta vía coa restauración dos restos da vía romana dos que se ten constancia e dos que poidan aparecer nas catas arqueolóxicas.
Por outra parte a humanización deste percorrido plantexa a mellora da iluminación existente. Instalaranse elementos singulares coa sinalización de puntos de interese coma un panel informativo con iluminación sobre a vía romana e o Camiño de Santiago. Nun fito con luminaria recollerase un esquema da evolución urbanística da cidade. Xerarase unha zona de lecer con chapa de aceiro corten emulando a sillería tradicional do muro ao que se encostará, con bancos e sistema guía para enredadeiras. Crearase tamén unha barreira verde visual , con plantas trepadoras sobre chapas perforadas, para vestir elementos en mal estado e crear unha nova zona de estar para peóns. Tamén se prevé a creación dun xardíns vertical e horizontal que ocultará a baixante pegada ao muro de pedra.
La oposición señala que la sentencia del TSXG sobre Guns N' Roses confirma negociaciones al margen del procedimiento
La Consellería de Educación señala que están "actuando de acuerdo con el protocolo establecido para solucionar esta situación cuanto antes"
Chicote, con "Batalla de Restaurantes", estrena temporada y uno de sus retos será descubrir quién ofrece la mejor empanada de Pontevedra
Un conocido camping de las Rías Baixas se encuentra a la venta en Sanxenxo. Así es el complejo que se puede comprar para seguir con el negocio
409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso 2024/25 nos Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra da UVigo
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL