• Transformación Santa Clara Vigo
  • Proyecto comercial Vigo
  • Planes finde
  • Apertura en Vigo
  • Festa do Colesterol
  • Chiringuitos Vigo
  • Vigo SeaFest
  • Nueva panadería Vigo
  • Controles DGT
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un estudo do Cinbio demostra que a lamprea ten os mesmos movementos de ollos básicos que os humanos

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
22/09/2022

O sistema nervioso das lampreas e o dos seres humanos non son tan diferentes como pode semellar. De feito, o cerebro deste vertebrado, o máis antigo do mundo, está sendo empregado como base para varios estudos para comprender os mecanismos que xeran os movementos dos ollos en humanos. Os resultados dun destes estudos, desenvolvido por un equipo internacional liderado por Juan Pérez, investigador Ramón y Cajal no Cinbio, en colaboración con Tobias Wibble, Tony Pansell e Sten Grillner, do Karolinska Institutet, acaban de ser publicado pola revista Nature Communications. A súa investigación demostra que a lamprea presenta os mesmos movementos de ollos básicos que o resto de vertebrados, incluídos os seres humanos. Para xerar estes movementos básicos, explica o científico da Universidade de Vigo, “participan circuítos neuronais primordiais sen que sexan necesarias áreas do encéfalo que se consideraban esenciais para esta tarefa, como o cerebelo ou a cortiza visual”. Este achado demostra, como avanza o científico, que “os movementos oculares básicos apareceron moi cedo na evolución de vertebrados e os circuítos que os controlan teñen un alto grao de conservación”.

Neste sentido, Juan Pérez-Fernández destaca non só o interese deste estudo dende o a perspectiva evolutiva, senón que “estes resultados amosan que para comprender os mecanismos que xeran os movementos dos ollos en humanos así como as patoloxías asociadas a estes, sería preciso enfocarse nas mesmas áreas cerebrais que controlan estes movementos en lampreas”.

Másnoticias

Comeza a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

11/07/2025

O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech compite en Valencia co seu dron Peregrinus

10/07/2025

Un sistema nervioso máis sinxelo pero semellante

O investigador do Cinbio explica que aínda que mover os ollos semella unha tarefa sinxela, “presentamos unha gran variedade de movementos oculares e o encéfalo amosa unha enorme complexidade, sendo moitos os circuítos neuronais que contribúen. Isto fai moi complicado illar os seu funcionamento”. A lamprea, pola súa banda, presenta un sistema nervioso “moito mais sinxelo pero, ao mesmo tempo, ten áreas cerebrais esenciais presentes en todos os vertebrados así como movementos oculares básicos que tamén temos os humanos, como amosamos neste estudo”. Isto, recalca Pérez, fai que se poida analizar como se producen estes movementos nun sistema moito mais sinxelo ao mesmo tempo que os mecanismos atopados son potencialmente aplicables a humanos.

Unha das razóns polas que os humanos moven os ollos é para dirixir a mirada a partes de interese da escena visual. Non obstante, como destaca o investigador, “este tipo de movementos non sería posible sen os chamados movementos estabilizadores: para non vermos borroso é preciso que a imaxe que estamos mirando permaneza quieta diante dos ollos uns poucos milisegundos. Se os ollos se moveran xunto coa cabeza, veríamos todo borroso e polo tanto hai unha serie de movementos oculares que manteñen os ollos fixados na escena visual cando nos movemos”. No estudo, o que demostra este equipo internacional é que “as lampreas teñen estes movementos e que están xerados mediante información visual e vestibular dun xeito moi similar a humanos. Isto (e datos noutros vertebrados) indica que estes movementos están producidos en lampreas e humanos polas mesmas áreas cerebrais, que non inclúen o cerebelo ou a cortiza visual”.

Para os investigadores, isto implica que os estudos enfocados nestes movementos en humanos así como nas diferentes patoloxías asociadas, como por exemplo a vertixe, deberíanse enfocar nestas áreas, “dado o alto grado de conservación deste sistema” e, deste xeito, “axudamos a reducir a complexidade de analizar estes mecanismos en humanos”. Con todo, o científico do Cinbio destaca que isto “non significa que se poidan extrapolar directamente os nosos achados a humanos, pero dá pistas moi importantes para abrir novas vías para corroborar estes mecanismos”.

Plataforma experimental

Unha vantaxe da lamprea (aparte de ser un modelo máis sinxelo para analizar circuítos neuronais) é que permite realizar preparacións experimentais que non son posibles noutros modelos. Neste caso, os científicos foron quen de illar o encéfalo xunto cos ollos e o sistema vestibular e mantelo ex vivo, é dicir, de mantelos funcionais somerxidos en líquido cefalorraquídeo artificial durante varias horas.

Para realizar os experimentos construíron unha plataforma experimental que permite mover a preparación para estimular o sistema vestibular en coordinación coa presentación de estímulos visuais mediante pantallas (a modo de realidade virtual simplificada) ao mesmo tempo que miden os movementos dos ollos e/ou a actividade neuronal no encéfalo, unha aproximación experimental única que non é posible noutros modelos experimentais. “A súa construción foi un desafío para nós”, recoñece, “xa que supuxo a aprendizaxe de conceptos de programación e mecánica bastante lonxe da nosa área de experiencia, pero adquirimos estes conceptos necesarios de xeito autodidacta empregando diferentes plataformas de internet de afeccionados á robótica”. A plataforma rotaba nun só eixo, pero para continuar a súa investigación, o equipo púxose en contacto con Abraham Segade, do Departamento de Enxeñería Mecánica da UVigo, para deseñar un prototipo semellante pero “que se move en múltiple eixos e se despraza en varias direccións, polo que funcionará a xeito de plataforma de realidade virtual para estudiar circuítos neuronais en lamprea”.

Do Karolinska Intitutet á Universidade de Vigo

Tras sete anos no prestixioso Karolinska Intitutet, Juan Pérez regresou á Universidade de Vigo en 2020, onde cursara os seus estudos de Bioloxía e o seu doutoramento. Na institución sueca realizou o posdoutoramento no grupo de Sten Grillner, coautor neste estudo, ata que en 2019 acada unha Starting Grant do Vetenskapsrådet que lle permite poñer en marcha o seu propio grupo de investigación. Ao obter unha axuda Ramón y Cajal apostou por regresar á que fora a súa casa para desenvolver unha liña de investigación centrada na evolución dos circuítos neuronais. O seu grupo de investigación é beneficiario dun proxecto do Ministerio cun orzamento de 193.600 euros, que inclúe financiación a maiores para un contrato predoutoral. Como explica o científico, este proxecto ten unha duración de catro anos, ata agosto de 2025 e, maiores acadou tamén financiamento da Xunta de 115.000 euros para outro proxecto.

O futuro

Co financiamento dos proxectos asegurados ata 2025, o grupo de investigación de Pérez está a traballar xa no seu seguinte obxectivo: analizar os mecanismos polos que o encéfalo interpreta a información visual e vestibular para producir movementos oculares estabilizadores e dirixidos a obxectivos, é dicir, entender como os diferentes circuítos procesan a información sensorial que reciben e interactúan entre eles para producir o movemento axeitado dos ollos.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Foto: Policía Nacional
Enfoque

Un detenido en Vigo tras la incautación de drogas sintéticas en un piso de la ciudad

...

PorEuropa Press
11/07/2025
Enfoque

Vigo desbloquea 36.000 metros de la antigua fábrica de Álvarez para un nuevo proyecto comercial

...

PorAlfredo Teja
11/07/2025
Enfoque

El CC Gran Vía de Vigo, "más dulce" con esta nueva apertura que refuerza su oferta gastronómica

...

PorIván Dacal
11/07/2025
Enfoque

La antigua Santa Clara se transformará en un complejo residencial con un nuevo parque para Vigo

...

PorAlfredo Teja
11/07/2025
Enfoque

Comeza a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

PorMetropolitano
11/07/2025

A obra conta cun orzamento de 10 millóns de euros e durará arredor de 20 meses

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12julTodo el díaPorrigalia 2025 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

16jul19:30Verbenas na Caridade con Orquestina en Vigo

17jul(jul 17)20:00Festa da Vieira de CambadosFIESTA GASTRONÓMICA | CAMBADOS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

23jul(jul 23)21:00Festival Entre Playas Sunset en BaionaFESTIVAL | GRATIS | BAIONA

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X