• Pisos en Vigo
  • Qué hacer en Vigo
  • Fiestas Pereiras Mos
  • El Tiempo Vigo
  • Teis Fest
  • Obra en Vigo
  • Festivos en Vigo 2026
  • Vialia Vigo
  • Fiestas históricas
  • Fiestas en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Un novo libro debulla a historia de Teis a través de máis 150 topónimos

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
03/06/2025

Da Punta do Areíño ao Barrio das Flores, da capela da Guía á casa do Bispo, do Castañal ás Coutadas, do lavadouro de Guixar á Torre de Padín… O noveno volume da serie Toponimia do Val de Fragoso, colección editada entre a Universidade e o Concello, debulla un a un, máis de 150 topónimos da parroquia de Teis. A obra presentouse este martes na Alcaldía, nun acto encabezado polo alcalde, Abel Caballero, e a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, e ao que tamén asistiu o persoal da Área de Normalización Lingüística da UVigo e a concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación, Recursos Humanos e Formación, Olga Alonso.


  • Puedes descargar el libro en este enlace

Interveu en primeiro lugar o alcalde, que se definiu a si mesmo como un gran defensor da toponimia, “unha forma de vivir e de reencontrarnos coa nosa tradición e co noso pasado”, e neste sentido, reivindicou a necesidade de que Vigo recupere as súas formas tradicionais. Lembrou que a colección arrancou no 2008, e que nela tivo un papel moi importante Marta Souto, quen fora responsable do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, falecida hai uns meses. “Todo o cariño para a súa memoria”, apuntou o alcalde, quen lembrou que o primeiro número da colección se dedicou á parroquia de Coia e, a partir de entón, irían saíndo Lavadores, Beade, Sárdoma-Freixeiro, Comesaña, Bembrive, Candeán, Valadares e agora a Teis.

Másnoticias

Festival de pizza, cine gratis, mercadillos y hasta una horda zombi este finde en Vigo y su área

12/09/2025

Fiestón en Vigo con este festival gratuito en Teis con conciertos, fiesta de la espuma o zumba

12/09/2025

“A toponimia é un aspecto importante da historia do territorio, recollela e plasmala por escrito dun xeito pormonerizado e científico é fundamental porque en moitos casos estes nomes só perviven nas mentes das persoas maiores, que tiñan estes nomes como referencias dos seus camiños e lugares”, salientou a vicerreitora, quen subliñou o feito de que se trata “dunha parte da nosa historia oral e corremos o risco de que desapareza se non a rexistramos”. Nesta liña, agradeceu a todas aquelas persoas que participaron na edición deste volume – tivo tamén neste intre especiais verbas para o papel xogado por Marta Souto- e ratificou o compromiso de continuar con esta iniciativa, unha proba máis da “frutífera colaboración” entre ambas institucións.

Vinculación 

Nesta ocasión o traballo correu a cargo de Vera Álvarez Suárez, graduada en Ciencias da linguaxe e estudos literarios pola Universidade de Vigo, que foi a encargada de realizar toda a recollida toponímica, labor que levou a cabo entre o 2020 e o 2021. Combinou para facelo as entrevistas aos nados na parroquia cunha idade máis avanzada, “que son os que maiores coñecementos nos poden dar dos nomes históricos”, co traballo de investigación en fontes como o Catastro do Marqués de Enseada no Arquivo Provincial de Pontevedra ou nos libros parroquiais, protocolos notariais, ordenanzas, foros e rendas consultados no Arquivo Municipal de Vigo, así como diferentes fontes medievais accesibles en internet.

O libro inclúe un primeiro apartado coa historia e orografía da parroquia e, a partires de aí, xa arranca a explicación dos topónimos, comezando polo propio nome de Teis, hidrónimo prerromano que ten a orixe na raíz *ten- co significado de `regato, río ou curso de auga’, e é precisamente esa vinculación coa auga a nota máis identificativa dos topónimos da parroquia costeira de San Salvador de Teis. “Os Canos, Arnela, A Barxa, Ríos etc. A actual parroquia de Teis está situada sobre unha gran cantidade de regatos subterráneos que baixan das abas da Madroa como, por exemplo, O Pumariño”, saliéntase na obra.

As praias, os montes, os ríos, as fontes, lavadoiros, cruceiros...

Unha vez explicado o topónimo de Teis, a autora vai debullando, un a un, cada un dos topónimos, incluíndo, en boa parte dos casos, fotografías realizadas pola propia autora. Recóllense os nomes das praias (Areíño, A Punta, A Lagoa, O Mende, a Praíña do Faro, Suacasa...); os montes (A Madroa, o monte da Guía ou monte da Aguia, monte da Trapa, o Montiño...); os ríos (da Barxa, da Gadaña...); as fontes (a das Mozas, de Arnela, de Fenosa, do Paraixal, do Piñón, do Porco, do Rei...); os lavadoiros, os cruceiros, os camiños, as casas... e tamén lugares bautizados en lembranza de alguén, dende A Quinta do Doutor Corbal, en lembranza do Doutor Corbal, coñecido como o médico dos pobres, ata a avenida de Dona Fermina, unha das veciñas ilustres, quen doara a maior parte dos terreos que lindan co monte da Guía coa condición de que ficasen sempre como espazo de lecer para a veciñanza.

Cada topónimo explícase en detalle. No caso da Riouxa, unha das zonas máis emblemáticas da parroquia, a autora salienta que esta denominación está relacionada co latín ‘rivus’, “pois non debemos esquecer que por alí pasa subterraneamente o río Gadaña’.

Temas: TeisUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Boom inmobiliario en Vigo con luz verde a seis nuevos edificios con más de 100 viviendas

...

PorÁngel Vila
12/09/2025
Enfoque

Giro meteorológico en Vigo y su área con tregua de lluvias y hasta 27 grados

...

PorMiguel Alonso
12/09/2025
Enfoque

Malos tiempos para Peinador, el aeropuerto de Vigo perdió un 4,4% de pasajeros en agosto

...

PorMetropolitano
12/09/2025
Enfoque

O Rosal, de plató de rodaje a gala de un nuevo estreno: "Deja una huella en la memoria"

...

PorMetropolitano
12/09/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X