• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Un proxecto da UVigo busca definir un sistema de detección precoz do cancro colorrectal

Un proxecto da UVigo busca definir un sistema de detección precoz do cancro colorrectal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
22/11/2021

Estudar se o microbioma, o conxunto de bacterias e virus presentes neste caso no intestino, “poden axudar a predicir a posibilidade de que unha persoa vaia desenvolver lesións como pólipos ou cancro colorrectal no futuro”. Este é, como sinala o catedrático da Universidade de Vigo David Posada, o obxectivo central do proxecto de investigación que, baixo a súa coordinación, o grupo de investigación en Filoxenómica do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) desenvolverá co financiamento da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Beneficiario dunha axuda de preto de 274.000 euros, trátase da única investigación seleccionada neste 2021 na provincia de Pontevedra na convocatoria de proxectos xerais impulsada por esta asociación, que este luns celebrou na sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra o acto de entrega e presentación destas axudas.

“Temos máis bacterias que células humanas no noso corpo e cada vez sabemos máis sobre o papel fundamental que teñen en todo tipo de enfermidades”, salientou Posada na presentación do proxecto que, baixo a súa coordinación, levará a cabo ao longo dos próximos tres anos a investigadora posdoutoral Loretta de Chiara, coa colaboración do gastroenterólogo Joaquín Cubiella. Nun acto conducido polo vicerreitor do campus, Jorge Soto, e que contou coas intervencións da presidenta e o vicepresidente da AECC en Pontevedra, Carmen Abeledo e Carlos Sahuquillo; e da deputada provincial de Cohesión Social, Olga María García, Posada deu a coñecer os obxectivos deste “proxecto de prevención”, dirixido a contribuír á detección precoz da enfermidade. Como apuntou, a investigación Análise do microbioma para o desenvolvemento de biomarcadores non invasivos para o cribado do cancro colorrectal ten como punto de partida o coñecemento existente respecto da asociación entre “a presenza de certo tipo de bacterias” no colon coa posterior aparición do cancro.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Seguimento de 150 pacientes

 

A partires desa idea, o grupo que coordina Posada desenvolverá, coa colaboración de Cubiella, un estudo xenómico das mostras de feces de 150 pacientes, co propósito de comprobar se a presenza de “bacterias ou microbios específicos poden darnos pistas sobre o que lle pode pasar a esa persoa máis tarde”, sexa tanto a aparición de pólipos, que se definen como “lesións premalignas”, como o propio desenvolvemento de cancro colorrectal. Como salienta Posada, este proxecto abre unha nova liña de traballo nas investigacións que o grupo centra nesta enfermidade, “xa que por primeira vez imos estudar o microbioma”, neste caso a partires das mostras destes 150 pacientes, que nalgúns casos xa desenvolveron pólipos, mediante “técnicas do estudo do ADN”. A partires de aí, engadiu, realizarase un seguimento destas persoas “para ver que pasa nos seguintes anos e se teríamos podido predicilo a partir da composición bacteriana e viral”.

Levar a investigación ao paciente

Como lembrou Posada neste acto, para a detección precoz deste tipo de cancro realízase un “test de sangue oculta en feces”, que en Galicia se realiza a partires dos 50 anos, Mais, sinalou, esta proba ten unha “sensibilidade limitada”, de tal xeito que, no caso de confirmarse esa relación entre a presenza “de determinado tipo de bacterias e virus” e o xurdimento de pólipos, esta investigación contribuiría a “mellorar ese test”. De feito, explicou trátase dun proxecto “cunha parte de investigación básica e outra aplicada”, que contempla o desenvolvemento “dun test rápido que ademais non sería invasivo”. Nese senso, Posada recalcou que “a investigación nunca sabemos a onde nos leva, é unha pregunta. Pero se é verdade que esas bacterias e virus poden axudarnos a detectar antes a presenza dun cancro, intentaríamos convertelo nun test que se poida aplicar nos hospitais”.

Nese senso, o investigador do Cinbio puxo de relevo que é un proxecto que trata de “chegar ao paciente”, un dos aspectos que tamén salientaron os responsables da AECC no acto de entrega dunha axuda que Posada recibe “con agradecemento e, sobre todo, con responsabilidade, porque detrás están todas as persoas que realizan doazóns desinteresadas”.

20 millóns de euros destinados á investigación en 2021

A Vicerreitoría do campus de Pontevedra foi o escenario do acto de entrega dunha axudas ás que a AECC destinou no presente ano cerca de 20 millóns de euros. Trátase dun total de 186 axudas, catro delas na provincia de Pontevedra; a do proxecto coordinado por Posada e outras tres, de 1200 euros, para a realización de prácticas en laboratorio, das que foron beneficiarias Lara Álvarez e Silvia Aballe, da Universidade de Vigo, e Manuel Pino, da Fundación Biomédica Galicia Sur. “A investigación é clave para sobrevivir ao cancro”, salientou a presidenta provincial da asociación, que lembrou que a AECC xa destinou preto de 80 millóns a máis de 400 proxectos. De feito, un dos proxectos seleccionados na anterior convocatoria foi o impulsado polo tamén investigador do grupo de Filoxenómica Joao Miguel Fernandes Alves, centrado no estudo das características das células tumorais circulantes como ferramentas para a medicina de precisión no cancro colorrectal.

De aí que Jorge Soto puxese o acento neste acto no “esforzo que fai a AECC á hora de investir recursos” nun ámbito, o da investigación, no que “trabállase por e para a poboación”. Así mesmo, o acto completouse cunha mesa redonda na que participaron, xunto a Soto e Posada, a directora xeral da Fundación Científica da AECC, Isabel Orbe, e a investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur Mónica Martínez, e co testemuño de Loli Devesa, unha voluntaria da asociación cuxa filla foi vítima desta enfermidade.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días
Enfoque

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Enfoque

Más autobuses, más rutas o abonos ilimitados, las propuestas para mejorar bus urbano de Vigo

...

PorUxía Pérez
20/07/2026
El Concello de Vigo regalará trozos de la grada de Gol como recuerdo del "viejo" estadio de Balaídos
Enfoque

Vigo da otro paso en la grada de Gol para que Balaídos sea el gran fortín del Celta en Liga y en Europa

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Pasión por los chiringuitos en Vigo, con lleno total en los conciertos gratis al atardecer
Enfoque

Primera reunión en el Concello para abordar el regreso de los conciertos gratis a los chiringuitos de Vigo

...

PorIván Dacal
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X