• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

UVigo Motorsport competirá no circuito catalán de Montmeló e no británico de Silverstone

UVigo Motorsport competirá no circuito catalán de Montmeló e no británico de Silverstone
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
13/03/2023

UVigo Motorsport xa ten decidido en que circuitos poñerá a proba o seu monoplaza da competición Formula Student, o UM23. Os escollidos son o circuito catalán de Montmeló e o británico, Silverstone. O coche, deseñado, construído e pilotado por estudantes da Universidade de Vigo, participará este verán en tres probas, dúas delas na pista británica, onde competirán na proba clásica do Formula Student UK e tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, e no Formula Student Spain.

As dúas citas en Reino Unido desenvolverase simultaneamente entre o 19 e o 23 de xullo. Na competición clásica, a máis prestixiosa de toda Europa á que só se pode acceder por invitación, participarán 76 equipos, con tres representantes españois: dúas escudarías da Universidade de Pais Vasco e o UVigo Motorsport. Mentres, na competición de vehículos autónomos serán 20 equipos, con tres representantes españois: a UVigo, a Universidade do País Vasco e a Politécnica de Madrid.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

A cita da Formula Student Spain terá lugar entre o 6 e o 12 de agosto no circuíto de Montmeló. Como explica Óscar Hermida, responsable de Organización e Márketing de UVigo Motorsport, “este evento é o máis grande do seu tipo en España e atrae equipos de todo o mundo que compiten en diversas categorías”. Para esta edición están aceptados xa 90 equipos universitarios, sendo unha cita pola que o equipo vigués desenvolveu “certo cariño, xa que ten lugar en territorio nacional” e na que adoitar competir cada verán, como destaca o representando da escudaría.

En xeral, os tres eventos son “unha oportunidade” para que os integrantes do equipo da UVigo “amosen as súas habilidades e talentos no deseño” e recoñecen estar “optimistas” e tamén “emocionados” por ter a oportunidade de participar “nestas tres importantes competicións” . Como recalca Hermida, “estivemos traballando duro durante todo o ano na preparación do vehículo e estamos ansiosos por amosar as nosas habilidades e destrezas no circuíto”.

Con todo, estas tres non son as únicas probas nas que foi aceptada a escudaría da UVigo. En total presentáronse ao proceso selectivo de oito competicións e foron aceptados en todas, ”o que pon o equipo nun dos mellores lugares dos últimos anos”. Pero a distancia entre países e a imposibilidade de transportar o monopraza con tan pouco marxe temporal fixo que tivesen que decantarse por unhas probas e descartar outras.

O UM23

Dende o equipo vigués agardan poder mellorar neste 2023 os resultados obtidos na pasada temporada, na que competiron en Hungría no Formula Student East e en Castellolí no Formula Student Spain. “Foron os mellores da historia do equipo: un 3º posto no Business Plan e un 5º na proba Endurance, modalidade de resistencia que moi poucos equipos logran terminar”. Destacan que “a mellora nos resultados está sendo superlativa”, recalcan, e non só nas carreiras, “senón tamén no que atinxe á presenza nos medios e redes sociais”.

Para mellorar estes resultados o equipo contará co UM23, un novo monopraza que nace da mellora do vehículo da pasada edición. “Estamos desenvolvendo un coche que intentará mellorar os resultados conseguidos ata agora”, explican, e neste proceso “o feedback obtido das probas feitas ata agora e dos axustes no monopraza da temporada anterior é crucial, xa que amosas os aspectos a mellorar e retocar”.

70 estudantes para facer realidade un soño

O equipo UVigo Motorsport que debe deseñar, fabricar e competir co UM23 está formado nesta temporada por 71 estudantes, case o dobre que en temporadas anteriores, tras un exitoso proceso de ampliación. Esta extensa base de traballo permite que na escudaría haxa representación de 21 das titulacións das que se imparten na Universidade de Vigo. O alumnado máis numeroso é o de Enxeñaría Mecánica (21) e o de Enxeñaría Informática (12), seguidos polo de Enxeñaría Aeroespacial (8) ou Intelixencia Artificial (4), pero en UVigo Motorsport tamén hai estudantado de titulacións como Educación Social, Enxeñaría de Organización ou Administración e Dirección de Empresas.

Para organizar un equipo tan amplo, nesta temporada tamén decidiron realizar cambios organizativos, como a creación de subdivisións dentro dalgúns dos departamentos máis grandes, o cal permite axilizar os procesos, ou a implantación dunha nova plataforma de traballo, que mellora tanto a comunicación interna como a capacidade de traballo simultáneo ou o almacenamento de documentos e información.

25 anos de Formula Student

Formula Student é a competición de enxeñería educativa máis consolidada en Europa e, neste 2023, celebrará o seu 25 aniversario. Con máis de 100 equipos de universidades de todo o mundo participando cada ano, o seu obxectivo é formar enxeñeiras e enxeñeiros novos, emprendedores e innovadores e animar a máis mozos e mozas a comezar unha carreira na enxeñaría. Para facelo posible, os equipos traballan como o farían no mundo real, combinando experiencia práctica de enxeñería con habilidades brandas, incluíndo planificación empresarial e xestión de proxectos.

Temas: Fórmula StudentmotorUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Las aulas gallegas contarán el próximo curso con casi 900 nuevos profesores en Educación Secundaria
Enfoque

Las aulas gallegas contarán el próximo curso con casi 900 nuevos profesores en Educación Secundaria

...

PorPaula Carballo
21/07/2026
Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días
Enfoque

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días

...

PorIván Dacal
20/07/2026
Enfoque

Más autobuses, más rutas o abonos ilimitados, las propuestas para mejorar bus urbano de Vigo

...

PorUxía Pérez
20/07/2026
El Concello de Vigo regalará trozos de la grada de Gol como recuerdo del "viejo" estadio de Balaídos
Enfoque

Vigo da otro paso en la grada de Gol para que Balaídos sea el gran fortín del Celta en Liga y en Europa

...

PorIván Dacal
20/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X