• 'Thriller' en Vigo
  • ERTE Stellantis
  • Domusvi
  • Hamburguesería Vigo
  • Tráfico Navidad Vigo
  • Hinchables Marín
  • Black Friday
  • Audasa peajes
  • Bib Gourmand
  • Socavón acera
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Extra

As mulleres do cinema, protagonistas dos calendarios escolares da Deputación

As mulleres do cinema, protagonistas dos calendarios escolares da Deputación
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
14/12/2021

Os centros de ensino da provincia volverán a contar en 2022 cos calendarios competenciais ideados pola mestra e pedagoga Teresa Domínguez. Os almanaques, editados desde fai seis anos pola Deputación de Pontevedra, foron presentados esta mañá en Vigo no IES República Oriental de Uruguai, centro que acolleu esta iniciativa cos brazos abertos e que incluso a vai a aplicar nas actividades que se propoñan nas súas titorías. No acto, ao que asistiron máis dun centenar de  alumnas e alumnos da ESO, participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a propia Teresa Domínguez, amais da profesora do centro, Mercedes Martín, quen colaborou na realización dos calendarios, e do director do IES, Pablo José Martínez.

“Estes calendarios son instrumentos que axudan ás nenas e nenos a converterse en persoas con pensamento crítico ao perseguir que aprendamos en todas as contornas nos que nos desenvolvemos, con todas as experiencias que vivimos, e que o fagamos como colectividade, en familia, ao lado das mestres e mestres e das amizades”, explicou Carmela Silva. A presidenta incidiu no compromiso coa igualdade dos almanaques: “se o ano pasado estiveron dedicados ás mestras e este ano ás sanitarias,  o ano que vén será a quenda das mulleres do cinema, grandes mulleres da provincia de particularmente de Vigo que están conquerindo grandes éxitos e están nomeadas aos grandes premios pero cuxos nomes, rostros e todo o traballo que están a facer son descoñecidos pola sociedade”.

Másnoticias

Maratón de cine para acabar el año con hasta 7 proyecciones gratis en Covelo

Maratón de cine para acabar el año con hasta 7 proyecciones gratis en Covelo

25/11/2025
Las Rías Baixas llegan a la Gran Vía de Madrid con un vídeo que está enamorando al mundo

Las Rías Baixas llegan a la Gran Vía de Madrid con un vídeo que está enamorando al mundo

24/11/2025

Os calendarios homenaxean ás mulleres do audiovisual cunha ilustración na súa parte traseira na que pode verse a mulleres facendo tarefas propias deste sector e cada un dos meses está dedicado a unha directora, produtora, actriz... En concreto, as elixidas son Noemí Chantada (Vigo), Beli Martínez (A Guarda), Paula Cons (Vilagarcía), Belén Sousa (Tui), Xisela Franco (Vigo), Mariana Carballal (Ourense – Vigo), Pilar Comesaña (Montevideo, Vigo e actualmente Santiago), Anxos Fazáns (Pontevedra), Sonia Méndez (Vigo), Eire García (Nigrán), María Ruiz-Falcó (Lugo/Bueu) e Sara García (Valencia/Tui). Neles tamén se inclúen propostas audiovisuais e literarias para todos os públicos e diferenciadas segundo a franxa de idade á que está dedicada cada un.

Carmela Silva anunciou que os calendarios xa están a ser “un gran éxito” posto que xa hai solicitados máis de 8.000 exemplares para centros de educación infantil, primaria e secundaria e, comentou, “xa daremos algún paso máis”. A presidenta defendeu a educación pública que “educa dunha forma integral, con valores. É o ascensor social que facilita a igualdade de oportunidades, conceptos que transmite o IES República Oriental de Uruguai nada máis entrar pola súa porta”.

Para o alcalde de Vigo os calendarios competenciais son unha “aposta pola igualdade, pola actividade cultural e profesional”. “O que estades estudiando agora vaivos acompañar toda a vosa vida”, deixou claro Abel Caballero na súa intervención, que tamén comentou ao alumnado que, aínda que agora o vexan lonxe, algún momento “ídesvos a encargar de levar adiante esta cidade, Galicia... ides a ser dirixentes, profesionais, líderes e ides a lembrarvos destes anos toda a vida”.

A creadora dos almanaques, Teresa Domínguez, agradeceu á Deputación o seu apoio a esta iniciativa que naceu “para dar resposta ás necesidades que tiñan as familias de infantil e ao que posteriormente se foron engadindo propostas para primaria e secundaria”.  Dirixiuse ao alumnado para explicarlles que “a finalidade última deste calendario é transmitir aprendizaxes para a vida, aprendizaxes de vida e aprendizaxes con vida” ademais, os almanaques pretenden lograr que o alumnado de hoxe “poidades ser persoas responsables, con pensamento crítico e capacidade para discernir”. A que podemos considerar nai dos calendarios quixo deixarlles claro tamén que “tendes o dereito de que as persoas do eido da educación busquen estratexias divertidas e interesantes para que poidades desenvolvervos máis e mellor” e lembrou que os contidos dos calendarios integran tamén os ODS de xeito transversal.

Mercedes Martín, a profesora do IES que colaborou na realización dos calendarios, resaltou que “contribúen a desenvolver microproxectos diarios que se vos formulan así como actividades significativas, o que quere dicir que o que aprendedes aquí -no IES- é útil”. A profesora lembrou ao alumnado que “pasades moitas horas aprendendo no centro e isto non ten que ir a parar a saco roto. Estas microtarefas van a facer que espremades os coñecementos que ides absorbendo e lle atopedes utilidade”.

Temas: Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Sentencia pionera en Galicia: anulan la multa a un vecino de Tui por saltarse el confinamiento
Extra

Condena a la Xunta a pagar 7.501 € por tardar en activar el protocolo de acoso a una profesora en Vigo

La trabajadora en el Conservatorio de Música de Vigo solicitó en octubre de 2022 la activación del protocolo por un supuesto acoso laboral

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025
¿Pueden llegar pronto Uber o Cabify a Vigo u otras ciudades de Galicia?
Extra

La Justicia de Galicia se pronuncia sobre los VTC, no pueden realizar viajes urbanos en A Coruña

Los VTC no pueden realizar viajes urbanos en A Coruña, según concreta el TSXG. Así se ha pronunciado el Tribunal de Galicia

PorEuropa Press
25/11/2025
Extra

Atrapado en Vigo un hombre en búsqueda y captura

Localizado un hombre en Vigo sobre el que pesaba una orden judicial de búsqueda y detención. Así lo encontró la Policía Local

PorEuropa Press
25/11/2025
Aplazado el juicio a dos supuestos autores de un atraco en Vigo, que se enfrentan a 5 años de cárcel
Extra

Piden 30 meses de cárcel y multa de 3.000 euros para tres responsables de un club de alterne de Vigo

Por tener empleadas a casi una veintena de mujeres que ejercían la prostitución que no habían sido dadas de alta en la Seguridad Social

PorCarlos I. Castrillón
23/11/2025
A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

28novTodo el díaEncendido de Navidad O Porriño

29novTodo el díaEncendido de Navidad Redondela

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X