• Pisos en Vigo
  • Qué hacer en Vigo
  • Fiestas Pereiras Mos
  • El Tiempo Vigo
  • Teis Fest
  • Obra en Vigo
  • Festivos en Vigo 2026
  • Vialia Vigo
  • Fiestas históricas
  • Fiestas en Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Extra

Dous pequenos lobos mariños recupéranse en Nigrán tras chegar desnutridos ás costas galegas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
03/12/2020

Volven os lobos mariños. A tempada de avistamentos destes animais na costa galega acaba de comezar e así o constata a aparición nas últimas tres semanas de dous cachorros que nestes momentos se recuperan das súas feridas nas instalacións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) en Nigrán.

O primeiro dos lobos mariños localizados na tempada 2020-2021 foi Rube, fotografado por primeira vez o pasado 15 de novembro na praia de Vilarrube, en Valdoviño, na Ría de Cedeira. Trátase dun cachorro macho de poucas semanas de tan só 11 kilos que arribou á costa galega procedente das colonias do norte de Europa, probablemente de Irlanda.

Másnoticias

Nigrán contrata las luces de Navidad, que deberán estar instaladas, como mínimo, el 29 de noviembre

12/09/2025

Regresa Paseando Nigrán, nueve rutas guiadas gratuitas entre naturaleza y secretos

10/09/2025

Dous días despois de que fora avistado, Rube quedou atrapado nun palangrillo do barco Meixón, desde onde foi trasladado con varias feridas no corpo, moi desnutrido e cunha pequena afección respiratoria á UCI do centro de coordinación en Nigrán da Rede de Varamentos de Galicia, o plan de actuación avalado pola Xunta para xestionar este tipo de casos e que ten como única entidade autorizada para o control, seguimento e rescate dos animais á Cemma.

O segundo exemplar foi identificado a fin de semana pasada na praia de Barizo, en Malpica, e aínda que nun principio mantívose baixo seguimento para ver se regresaba pola súa conta ao mar, na tarde do sábado 28 decidiuse trasladalo nunha unidade móbil á UCI de Nigrán. Nomeado como Pabbar, trátase dun macho de menos de dous meses e 19 kilos de peso, con limitación de mobilidade do terzo posterior do corpo por luxación articular, moi deshidratado e cunha pequena obstrución dixestiva. Neste momento aínda se atopa en situación crítica.

As unidades móbiles da Coordinadora manteñen unha atención permanente dos avisos de varamentos por se fose necesario prestar asistencia inmediata fronte a calquera eventualidade. Para iso, conta cun número activo as 24 horas do día (686989008) e cunha conexión directa co teléfono de emerxencias 112-SOS Galicia.

Rube e Pabbar permanecerán nas instalacións de Nigrán ata que se recuperen das súas feridas e vaian gañando peso, momento no que serán trasladados previsiblemente ao Instituto de Formación Acuícola da Illa de Arousa, onde contan con espazo e piscinas ao aire libre. Finalmente e cando estean en condicións de valerse por si mesmos, a Xunta e a Cemma solicitarán a colaboración dalgún arrastreiro da flota galega que faena no Gran Sol para levalos para a súa liberación probablemente en augas irlandesas.

Consellos ante posibles avistamentos

Atopar algún lobo mariño na franxa costeira que discorre entre as praias de Fisterra a Ribadeo durante a tempada invernal (normalmente, desde finais de ano ata o mes de marzo) non é algo excepcional. En caso de detectar algún exemplar nas praias, aconséllase non achegarse para evitar molestalo ou provocar unha resposta agresiva, mantendo unha distancia prudente xa que poden reaccionar agresivamente; non bloquearlle a vía de fuxida cara ao mar, deixándolle unha alternativa por se quere e pode marchar; se se vai pola praia cun can, atalo e procurar que non se achegue ou ataque aos animais mariños; manter silencio para non poñelos en alerta; e avisar canto antes ao 112, colaborando co persoal da Rede de Varamentos.

Cómpre lembrar que estes animais chegan directamente dende as colonias de cría do norte de Europa, tras cubrir longas distancias e, polo tanto, adoitan estar moi cansos, polo que poden baixar á terra tan só a descansar. Moitos deles son cachorros con poucos meses de vida e polo tanto, sen medo ás novidades, máis inexpertos e que ás veces non saben reaccionar ante as adversidades nin alimentarse ben. Neste sentido, non todos os animais que recalan na costa precisan ser recollidos: só aqueles que están feridos ou enfermos.

Temas: NigránO Val Miñor
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Imagen del acusado durante el juicio.
- EUROPA PRESS
Extra

Cuatro años de cárcel por robar en varias casas de Vigo en una misma jornada

Evitará entrar en prisión si pagar 350€, no vuelve a delinquir en cuatro años y sigue un tratamiento de deshabituación de sus adicciones

PorEuropa Press
12/09/2025
Extra

Remolcado a Vigo un pesquero con seis tripulantes que se quedó sin gobierno en la Costa da Vela

La embarcación 'María Pita' fue la encargada de acudir al lugar y remolcar el pesquero hasta el puerto de O Berbés, en Vigo

PorCarlos I. Castrillón
12/09/2025
Extra

Juan Carlos I llega otra vez a Galicia, horas antes de la reina Sofía para amadrinar la botadura de una fragata

Juan Carlos I y su tripulación no navegarán a bordo del 'Bribón' ya que la embarcación de 6 metros se encuentran ya en Oyster Bay

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025
Migrantes procedentes de Canarias y desplazados a Galicia.
- Elena Fernández - Europa Press -
Extra

La Xunta busca localizaciones para acoger a los menores que serán trasladados a Galicia

Galicia acogerá a 317 jóvenes de origen migrante. La Xunta ya está buscando localizaciones para su acogida

PorEuropa Press
11/09/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X