• 'Thriller' en Vigo
  • ERTE Stellantis
  • Domusvi
  • Hamburguesería Vigo
  • Tráfico Navidad Vigo
  • Hinchables Marín
  • Black Friday
  • Audasa peajes
  • Bib Gourmand
  • Socavón acera
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Extra

"Mulleres Extramuros" xunta este ano nas Neves arte de vangarda, mundo rural e igualdade

"Mulleres Extramuros" xunta este ano nas Neves arte de vangarda, mundo rural e igualdade
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
05/03/2023

Arte de vangarda, mundo rural, igualdade, sostibilidade e intervención do espazo público son as claves do proxecto da Deputación “Mulleres Extramuros” cuxa segunda edición vén de arrancar nas Neves, que toma o relevo á parroquia de Cortegada en Silleda, lugar protagonista o pasado ano.

A Casa da Auga de Vide foi o punto de encontro entre as sete artistas galegas, de España e Portugal, Xoana Almar, Nuvi&Éxfico, Ana Soler, Doa Oa, Carme Nogueira, Lucía Loren e Iva Viana e as mulleres do núcleo rural onde intercambiaron experiencias das que sairán novas propostas creativas que transformarán o espazo e encherán de arte e vida esta contorna.

Másnoticias

Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años

Sesión de cine gratis en pleno centro de Vigo con la historia de 14 mujeres de Portugal

26/11/2025
Maratón de cine para acabar el año con hasta 7 proyecciones gratis en Covelo

Maratón de cine para acabar el año con hasta 7 proyecciones gratis en Covelo

25/11/2025

De novo coordinado por Xoana Almar, de Cestola na Cachola, “Mulleres Extramuros” conta este ano coa participación de sete creadoras e ten como novidade que amais do arte mural, tamén transformará Vide con escultura e traballo cerámico. Xunto a Almar, do Grove, estiveron e participarán Doa Oa (Sober), Nuvi & Éxfico (Nuria Villa e Alberto Brandon, do Rosal e A Guarda), Ana Soler (residente en Vigo), o dúo formado por Carme Nogueira e Javier Fernández Pérez de Lis; Lucía Loren (Madrid) e Iva Viana (Viana do Castelo).

Na apertura desta nova edición, amenizada coas intervencións da Asociación Cultural Vidense e do grupo Saia de lá, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde da localidad Xosé Manuel Rodríguez, subliñaron que “Mulleres Extramuros” vai deixar unha pegada na vila coa posta en valor da súas historias e a súa identidade a través da arte. “Este é un proxecto único polo que supón de participación e ensinanza mutua entre as mulleres e por como distintas xeracións poden unirse para deixar un legado común a través da cultura. Estamos levando a arte e a cultura a todo o territorio”, destacou Silva.

Esta fin de semana é a primeira toma de contacto coas mulleres do lugar para escavar na memoria, escoitar as súas historias e situalas no centro, “en definitiva, para implicalas e transformar en arte esta posta en común, recuperando espazo público desde a sororidade e o activismo pola igualdade”, como destacou a presidenta da Deputación. “É algo extraordinario baseado no orgullo do noso rural, cheo de historias, de coñecemento e do traballo atesourado polas mulleres, coas que agora as artistas crearán redes”, engadiu.

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, destacou que “Mulleres Extramuros” “ofrece unha excelente oportunidade para que as persoas que vivimos no rural poidamos gozar da arte, aínda máis, diría que merecémonos ter acceso a ela e neste caso, as nosas veciñas e veciños formarán parte do proceso, tanto dende o eido creativo como emocional”. O rexedor destacou estar “especialmente satisfeito e orgulloso porque permitirá amosar a identidade das Neves e dos seus habitantes e abrirá de par en par a porta para que todos e todas valoremos o que temos e o que somos”.

Pola súa banda, a coordinadora do proxecto, Xoana Almar, subliñou “o enriquecedor” do proxecto, que nesta segunda edición “non só ten a pintura como parte central, senón que estaremos convivindo tres muralistas, Cestola na Cachola, Doa Oa e Nuria Villa, tres escultoras , Ana Soler, Carme Nogueira e Lucía Loren e unha ceramista, Iva Viana e creo que vai ser moi interesante”. Tamén quixo poñer en valor a filosofía de “Mulleres Extramuros” de “intervir no rural galego de xeito participativo coa veciñanza” e, neste senso, destacou o proceso de preparación do traballo “feito primeiro coa presentación das artistas e a reunión coa veciñanza, co coñecemento dos espazos e coa convivencia”.

Deste xeito, tras esta primeira fase que vén de celebrarse en Vide terá lugar unha segunda etapa, entre abril e maio, na que as artistas traballarán nos seus proxectos para o núcleo, deseñando un proxecto específico de intervención. A continuación, na primeira quincena de xullo, terá lugar o proceso de creación-residencia, co traslado das artistas á aldea para realizar o proxecto artístico in situ para Vide e inspirado nela. Ese mesmo mes de xullo amosarase xa o resultado dos sete proxectos e o seu impacto nas rúas da parroquia.

Temas: arteAs NevesculturaDeputación de PontevedrafeminismoMulleresO Condadorural
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Sentencia pionera en Galicia: anulan la multa a un vecino de Tui por saltarse el confinamiento
Extra

Condena a la Xunta a pagar 7.501 € por tardar en activar el protocolo de acoso a una profesora en Vigo

La trabajadora en el Conservatorio de Música de Vigo solicitó en octubre de 2022 la activación del protocolo por un supuesto acoso laboral

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025
¿Pueden llegar pronto Uber o Cabify a Vigo u otras ciudades de Galicia?
Extra

La Justicia de Galicia se pronuncia sobre los VTC, no pueden realizar viajes urbanos en A Coruña

Los VTC no pueden realizar viajes urbanos en A Coruña, según concreta el TSXG. Así se ha pronunciado el Tribunal de Galicia

PorEuropa Press
25/11/2025
Extra

Atrapado en Vigo un hombre en búsqueda y captura

Localizado un hombre en Vigo sobre el que pesaba una orden judicial de búsqueda y detención. Así lo encontró la Policía Local

PorEuropa Press
25/11/2025
Aplazado el juicio a dos supuestos autores de un atraco en Vigo, que se enfrentan a 5 años de cárcel
Extra

Piden 30 meses de cárcel y multa de 3.000 euros para tres responsables de un club de alterne de Vigo

Por tener empleadas a casi una veintena de mujeres que ejercían la prostitución que no habían sido dadas de alta en la Seguridad Social

PorCarlos I. Castrillón
23/11/2025
A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

PorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle esta semana o seu lanzamento - En TourisFarm participan socios de cinco países

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

28novTodo el díaEncendido de Navidad O Porriño

29novTodo el díaEncendido de Navidad Redondela

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X