“2020. Abrindo portas…” é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui. Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.
Os doce meses do ano son ilustrados coas portas tudenses do convento das Clarisas, a gótica de San Domingos, a románica da Catedral, a do Casino Vello na Corredoira, a de Villa Blanca na rúa Augusto González Besada, e unha porta da rúa Canicouva. Mentres de Valença recóllense as portas da igrexa de Santa María dos Anxos, da Casa do Poço, da capela do Bom Jesús, da Casa do Eirado, da Casa da Toga e a Porta do Meio.
Os calendarios distribuiranse dende este martes, 10 de decembro, e até fin de existencias, a cambio de dous quilos de alimentos non perecedoiros por exemplar na casa do Concello. Todos os alimentos entregados serán logo distribuídos polos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui e SOS Tomiño Baixo Miño. Agradécese principalmente a entrega de leite, cacao, galletas, conservas, botes de garavanzos, lentellas e fabas, produtos de Nadal, etc.
Sanidade señala que ya trabaja en un plan de contingencia ante el el "alto riesgo" de una huelga indefinida en el sector
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL