“Ímonos gabar de ser a provincia da cultura, da igualdade e do espazo público”, subliñou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, na presentación da programación que ten prevista a administración provincial para “encher de Igualdade e Cultura” a recta final de marzo. Entre o 21 e o 27 de marzo a institución celebrará efemérides culturais sinaladas como o Día Internacional da Poesía (21 de marzo) o Día Mundial do Teatro (27 de marzo) e outras accións enmarcadas na programación do 8M.
As actividades arrancan o próximo martes 21 de marzo coa celebración do Día da Poesía. O acto celebrarase ás 12:30 horas na sede de Vigo baixo o lema “Poesía cos pés na terra!” coa colaboración da Asociación de Familias con Parálise Cerebral (APAMP). A acción consistirá nunha lectura compartida e horizontal a cargo, por unha banda, de tres voces novas da poesía galega, Ismael Ramos, Andrea Valle e Ana Fontenla, e pola outra, cinco autores e autoras de poesía con discapacidade e usuarias de APAMP alzarán as súas voces para compartir versos da súa autoría: Pilar Álvarez Torrent, José Varela Lago, Fátima Domínguez, Sergio González e Álvaro Villa. A elas e eles sumaráselles a música e a ilustración, a cargo do guitarrista cego Pablo Galiñanes e da ilustradora Nana, que realizará en directo unha peza sobre poesía inclusiva, con palabras dos poemas recitados, nun lenzo de gran formato. O acto contará con intérprete en lingua de signos grazas á Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA).
Ese mesmo día ás 19:00 horas o Salón de Plenos da Deputación acollerá a presentación do libro “Ti non sabes o que é ser escritora” editado pola institución provincial no marco das accións postas en marcha ao abeiro do Manifesto de Soutomaior. As actividades continúan o seguinte día, mércores 22 de marzo, coa presentación do programa “Precursoras da sustentabilidade” no Pazo provincial ás 11:30 horas.
O venres 24 de marzo ás 20:00 horas, a Deputación acollerá o espectáculo “Oh, Rosas Vivas!”, unha iniciativa escénico-musical para redescubrir a pegada feminina na historia da música. Dirixida pola violinista María José Pámpano, esta proposta será unha viaxe narrada polas vidas de mulleres como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Maria Bianca Meda, Bárbara Strozzi, Antonia Bembo ou Élisabeth Jacquet de La Guerre, compositoras dos séculos XVII e XVIII pioneiras na profesionalización da muller no eido musical, pero “silenciadas e esquecidas polo paso do tempo”, lamentou Carmela Silva.
Por último, a Deputación súmase un ano máis á celebración do Día Mundial do Teatro o vindeiro 27 de marzo con dúas actividades en Pontevedra e Vigo vertebradas arredor da idea do teatro como unha viaxe de fantasía. Este ano a Deputación propón un punto de encontro entre a infancia e o teatro, un espazo vivo e próximo onde viaxar e compartir experiencias, recordos e vivencias.
As accións adiántanse en Vigo cun acto o venres 24 de marzo ás 12:00 horas que comezará coa presentación do libro “Alma e Corazón, unha aventura multicolor”, escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Blanca Millán. O conto é o premio que recibe Iria Portabales, alumna do CEIP Virxe do Rocío de Vigo, como gañadora do concurso infantil “Búscase a Talento” promovido pola Deputación no marco da súa campaña de xoguetes non sexistas e non violentos lanzada no Nadal de 2021. Trala presentación, a contacontos Vero Rilo acompañada do acordeonista Santi Cribeiro ofrecerá o espectáculo ‘Asdomare’ no que conta as historias das mulleres do mar e do mar das mulleres. A celebración do Día do Teatro en Pontevedra será o propio 27 de marzo ás 17:30 horas.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL