• Chiringuitos en Vigo
  • Festival Gratis Monteferro
  • Fiestas de Coruxo
  • Parque acuático Mogor
  • Rutas Bueu
  • Playas de Vigo
  • Recuperación edificio Vigo
  • Rallye Rías Baixas
  • Fiestas de Coia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

A Deputación de Pontevedra presenta as súas propostas para o Culturgal 2019

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
23/11/2019

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, salientou que a Feira das Industrias Culturais de Galicia, Culturgal, que se desenvolverá do 29 de novembro ao 1 de decembro no Recinto Feiral pontevedrés, reinvéntase cada ano e que a súa vindeira edición “será a mellor da historia”, xa que amosará o momento “potentísimo” da cultura galega, que vive “unha auténtica revolución cultural en todos os eidos, en moitos casos, con nome de muller”. “É unha cultura auténtica, diferente, que amosa que somos un gran pobo e moi creativo”, afirmou. Neste senso, congratulouse de que a feira teña como sede Pontevedra, “algo que ten moito que ver co enorme potencial que ten esta provincia no ámbito da cultura; creo que iso nos identifica e nos ten que facer sentir moito orgullo”.

Silva anunciou “moitas sorpresas” na programación no stand que a Deputación terá en Culturgal e adiantou que nesta edición duplicouse o número de concellos que participarán na feira da man da Deputación. “Na anterior edición foron 20 e agora son 40, e o noso obxectivo é que participen 59 –indicou-. Nós queremos que todos os concellos teñan moita presencia en Culturgal, porque temos moito que amosar en cada un deles”. Engadiu ademais que este ano, a institución provincial vai apostar “pola sustentabilidade, pola igualdade, pola inclusión e a accesibilidade” nas actividades que comezarán xa o 29 de novembro ás 13.30 horas coa performance “A última cea”, a cargo de Uxía Morán. Este acto enmárcase no programa da Deputación “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, “onde 25 mulleres amosan a loita contra a violencia das mulleres dende a cultura”.

Másnoticias

Nace en Pontevedra una carrera de trail running gratis que une dos de los castillos más 'top' de Galicia

23/06/2025

Cangas celebra su transformación urbana con la inauguración de una nueva humanización

22/06/2025

O sábado 30 de novembro presentarase as propostas culturais dos 40 concellos da provincia, en dúas sesións que terán lugar ás 12.30 e ás 19 horas. Así mesmo, como sinalou a presidenta, nesa xornada o stand da Deputación acollerá ás 17.45 horas a presentación da obra “María Vinyals, a muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra dun castelo”, do pontevedrés Diego Piay. “Este historiador ten feito _subliñou Carmela Silva_ unha investigación profundísima sobre a vida desta gran muller da cultura, que falaba cinco idiomas, que era pintora e escritora e relacionábase con todo o ámbito da cultura tanto galega como do Estado español e el ten atopado moitas cuestións interesantes sobre a súa vida. Ese libro eu creo que vai ser unha grande referencia”. E na mesma xornada, ás 18.30 horas, a Deputación presentará tamén os contidos da quinta edición do programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”.

No último día de Culturgal, terá lugar (11.30 horas) a presentación da programación cultural da Deputación para o vindeiro ano 2020 centrada, como destacou Silva, no lema “17 Obxectivos, 61 Horizontes”, enmarcado nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola Axenda 2030. “Cremos que a cultura –remarcou- está en todo e polo tanto temos feito unha programación para o 2020 contando con eses 17 obxectivos, todos ligados ao desenvolvemento de accións culturais. Nese acto presentaremos os programas Musigal e Pontegal”.

Amais, o stand da institución provincial acollerá, ás 12 horas, a presentación da cuarta edición dos Premios María Luz Morales de Ensaio sobre o Audiovisual, organizados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións galegas, “nos que se quere recoñecer á periodista coruñesa María Luz Morales, que foi a primeira muller en España que acadou o posto de directora dun xornal nacional”. E, ás 12.30, presentarase o libro “Eu son Carolina”, de Javier Carballo, “un mozo de Valga que quixo recuperar a imaxe desta valguesa de sona mundial coñecida como a Bella Otero”. “Nós –engadiu- tamén cremos que hai que recuperar a imaxe real desa muller e a súa vida tráxica por ser muller, en definitiva a imaxe dunha muller que optou por ter libre e que finalmente o conseguiu”.

Temas: CulturgalDeputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Oliver Laxe, con su galardón en Cannes // EP/FESTIVAL DE CANNES
Enfoque

El director gallego Oliver Laxe gana el premio del Jurado de Cannes por su película 'Sirat'

El cineasta gallego comparte este galardón 'ex aequio' con la directora alemana Mascha Shilinzki por su filme 'Sound of Falling'

PorMetropolitano
24/05/2025
Enfoque

La película rodada en Vigo que emociona al mundo en uno de los festivales más importantes del cine

"Romería", el film de Carla Simón rodado en emplazamientos de Vigo, deja huella en su estreno en el Festival de Cannes

PorCarlos I. Castrillón
22/05/2025
Foto generada por Inteligencia Artificial
Gafapasta

El festival de series que llega a Vigo y permitirá ver gratis éxitos de Netflix, Prime Video y Movistar

Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series

PorMiguel Alonso
13/05/2025
Enfoque

Un estudo da UVigo cuestiona as hipóteses clásicas sobre a alta biodiversidade nos trópicos

PorMetropolitano
26/06/2025

Nin a maior extensión, nin a antigüidade nin a estabilidade climática explican a maior diversidade

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X