A Feira do Libro de Vigo crece até as 85 actividades ao longo de dez días de amor pola literatura

Vigo preparase un ano máis para acoller a que é unha das Feiras do Libro máis importantes de Galicia con 14 stands participantes e unha morea de actividades dende o 27 de xuño e até o 6 de xullo.

A cita arrancará o xoves 27 da man da escritora Inma López Silva, que será a pregoeira deste ano. Aínda que sen excesivos cambios no seu funcionamento, este ano haberá novidades como o cambio da localización, que pasa da Porta do Sol ao punto oposto de Príncipe, na contorna da Farola e do Marco. Alí, ao longo de dez días, sucederanse medio centenar de sinaturas de libros, cinco actividades infantís, tres coloquios e unha vintena de presentacións.

Este ano tamén se repetirán as visitas guiadas polo Casco Vello, o martes 2, mércores 3 e xoves 4 de xullo da man de Pedro Feijóo. As prazas so limitadas e é preciso inscribirse previo compra dun libro nalgunha das casetas da Feira.

Todas as actividades desenvolveranse nalgún dos stands participantes, con dúas bibliotecas (Neira Vilas e Juan Compañel), unha editorial (Galaxia), o Centro de Documentación Feminista de Vigo e dez librarías (Cortizas, Pedreira, Cartabón, Nobel Gran Vía, Lafer, Don Papel, Casa del Libro, Mendinho, Librouro e Libros para Soñar).

A continuación, podes consultar a programación completa.

Xoves, 27 de xuñoVenres, 28 de xuñoSábado, 29 de xuñoDomingo, 30 de xuñoLuns, 1 de xulloMartes, 2 de xulloMércores, 3 de xulloXoves, 4 de xulloVenres, 5 de xulloSábado, 6 de xullo
12:30 h - INAUGURACIÓN co pregón de Inma López Silva

18:00 h SINATURA Cándido Paniagua Pousa asina "O caderno de erros" na caseta de Nobel Gran Vía
19:00 h PRESENTACIÓN de Beleza Vermella, de Arantza portabales acompañada por Diego Giráldez e Francisco Castro
19:00 h SINATURA Juan José Rodríguez Castro asina "El aroma de las cartas de la tata Rosa" na caseta de Librouro
19:00 h SINATURA Raquel Senra, ilustradora de "Conto da travesía das musas" asina na Libraría Don Papel
19:45 h PRESENTACIÓN da colección Feminismos de Galaxia con Inma López Silva, Carme Adán, Chis Oliveira e Amada Traba
20:30 h PRESENTACIÓN de "Por puntos" de Manuel Portas

12:00 h SINATURA Lucía Lourido Moldes asina “Más meditación, menos medicación” na caseta Nobel Gran Vía
12:00 h INFANTIL Contacontos en Lingua de signos con Esther García
12:30 h OBRADOIRO básico de LSE con Esther García
18:00 h SINATURA José Julio asina “O cirrio e o dron” na caseta da Libraría Pedreira
18:00 h INFANTIL Concerto presentación de “Canta miña pedra canta” con Xoán Curiel
19:00 h SINATURA Óscar Vázquez Lima asina “Ángeles Robados” na caseta de Librouro
19:15 h PRESENTACIÓN de “A casa do paralelo 54” de Iria Collazo López
20:00 h PRESENTACIÓN de “Aprende Banda Deseñada” con FIZ de Kiko da Silva
20:00 h SINATURA Diego Giráldez asina na caseta de Mendinho

12:00 h SINATURA Isabel Villanueva asina “O galego mola” na caseta da libraría Don Papel
13:00 h ESPECTÁCULOS “Cantos de traballo das mulleres do mar”. Banda sonora da novela “A gran travesía de Chiruca Macallás”. Espectáculo musical de Xurxo Souto
17:30 h PRESENTACIÓN de “Sementes viaxeiras” de Yolanda Castaño e Xosé Tomás
18:00 h SINATURA Marcos Viturro Gómez asina “Patadas na boca” na caseeta de Nobel Gran Vía
18:15 h PRESENTACIÓN de “Pelo de nube” de Dani Vieitez e Iria Iglesias
19:00 h SINATURA Luís Denis Crispin asina “Paraños” na caseta de Librouro
19:30 h ESPECTÁCULOS Festival de Bandas Escola na Feira do Libro, coa Federación de Bandas de Música Popular de Vigo

12:30 h ESPECTÁCULOS Festival de Bandas Escola na Feira do Libro, coa Federación de Bandas de Música Popular de Vigo
18:00 h SINATURA Gabriel G. Estévez asina “Matrioskas” a caseta de Nobel Gran Vía
19:00 h SINATURA Sonia Mirón asina “Mi corazón en una caja de zapatos” na caseta de Librouro
19:00 h SINATURA Héctor Cajaraville asina na caseta da libraría Pedreira
19:30 h ESPECTÁCULOS Festival de Bandas Escola na Feira do Libro, coa Federación de Bandas de Música Popular de Vigo

17:00 h ESPECTÁCULOS Recital poético do grupo Habelos Haylos
17:30 h PRESENTACIÓN de “El Amor aún sabe donde vivo” de Esther González Sánchez
18:00 h SINATURA Esther Álvarez Pérez asina Tinta de Limón na caseta de Nobel Gran Vía
18:15 h PRESENTACIÓN de “A utopía que diluíu o vento” de Suso Díaz con Miguel Alonso e Xosé L. Méndez Ferrín
19:00 h PRESENTACIÓN de “Anatomía de un abrazo” de D’Angelo. Participan Yago Spark, Natary Feel e Cedecé
19:00 h SINATURA José K. Cancelo Enríquez asina “La logia del tránsito” na caseta de Librouro
19:45 h PRESENTACIÓN de “O último barco” de Domingo Villar

11:00 h SINATURA María Soliño asina “Cuando deje de llover” na caseta da libraría Lafer
17:00 h SINATURA María Soliño asina “Cuando deje de llover” na caseta da libraría Lafer
18:00 h INFANTIL Concerto – presentación de “A nena e o grilo” con Magín Blanco
18:00 h SINATURA Yesica Prol asina “El guardabosques” na casta de Nobel Gran Vía
18:00 h SINATURA Anaír Rodríguez e Abi Castillo asinan “Pioneiras 2” na caseta da secretaría
18:30 h ROTEIRO con Pedro Feijóo polos lugares recollidos no seu libro “Camiñar o Vigo vello”. Inscripción previa a compra dun libro na Feria.
19:00 h PRESENTACIÓN de “Dragal V” de Elena Gallego Abad coa participación de Fran Alonso e posterior sinatura na Secretaría
19:30 h PRESENTACIÓN de “Os tempos e o clima de Galicia” de Alberto Martí, Joan José Taboada, Dominic  Royé e Xavier Fonseca
20:00 h SINATURA Antonio Seijas asina “O soño da serpe” na caseta de Librouro
20:00 h COLOQUIO “Vigo, cidade de novela” con Pedro Feijoo, Manuel Esteban e Ledicia Costas. Modera Fran Alonso

18:00 h SINATURA Mónica Penas Vázquez asina “Ovo de paspallás” na caseta de Nobel Gran Vía
18:00 h OBRADOIRO arredor do libro QuokkaMoka de María Solar e o ilustrador Víctor Rivas
18:30 h ROTEIRO con Pedro Feijóo polos lugares recollidos no seu libro “Camiñar o Vigo vello”. Inscripción previa a compra dun libro na Feria.
18:30 h SINATURA Luís Dávila asina “O bichero” na casta de Librouro
18:30 h SINATURA Anxo Fariña asina na caseta da Secretaría
19:00 h COLOQUIO “Contra todo isto: Vivir sen permiso. A literatura e o pensamento en liberdade” por Manuel Rivas
19:00 h SINATURA Manuel Esteban asina na caseta da Libraría Pedreira
19:45 h PRESENTACIÓN de “Rosalía feminista” de Helena González Fernández, participa Fran Alonso
20:00 h SINATURA Iolanda Zúñiga asina na caseta da libraría Cartabón

11:00 h SINATURA Salvador Beloso asina “Memorias Instituto Santa Irene” na caseta de Nobel Gran Vía
17:00 h SINATURA David Gil Porteiro asina “Un regalo de vida: la historia de 700” na caseta da libraría Lafer
17:15 h PRESENTACIÓN de “El legado de la Salamandra” de Dossy Domaher. Participa Marcelo Saffores e Montse Copa
18:00 h SINATURA María Soliño asina “Cuando deje de llover” na caseta de Nobel Gran Vía
18:15 h PRESENTACIÓN de “As nosas letras de Muller a Muller” pola ilustradora María Eiras
18:30 h ROTEIRO con Pedro Feijóo polos lugares recollidos no seu libro “Camiñar o Vigo vello”. Inscripción previa a compra dun libro na Feria.
18:30 h SINATURA Ledicia Costas asina na castea da Secretaría
18:45 h PRESENTACIÓN de “Penumbra” de Daniel Landesa
19:00 h SINATURA Xosé Manuel González “Oli” asina “Ratos de viaxe” na casta de Libros para Soñar
19:30 h SINATURA Ana Fontenla asina na caseta da libraría Pedreira
20:15 h PRESENTACIÓN de “Galileo no espello da noite” de Xabier Paz
20:00 h SINATURA De Ana Cabaleiro na caseta da libraría Cartabón

11:00 h SINATURA Daniel Ugarte Otero asina “O coala” na caseta de Nobel Gran Vía
17:00 h SINATURA Antía Eiras asina “Los príncipes no existen… ¿o sí?” na caseta da libraría Lafer
18:00 h INFANTIL Concerto – presentación de “Cantamos” de Luis Vallecillo
18:00 h SINATURA Yesica Prol asina “El guardabosques” na caseta da libraría Nobel
19:00 h SINATURA Daniel Asorey asina na caseta da libraría Pedreira
19:00 h SINATURA Xosé Manuel González “Oli” asina “Ratos de viaxe” na caseta de Libros Para Soñar
19:15 h PRESENTACIÓN de “Actrices secundarias” de Clara do Roxo
20:00 h PRESENTACIÓN de “Versos e viceversos” de Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martínez Ramos coa participación de An Alfaya
20:00 h SINATURA María Xosé Porteiro asina “Sándalo” na caseta de Librouro

12:00 h SINATURA Juan José Prieto Perrote asina “La sonrisa eterna” na caseta de Nobel Gran Vía
13:00 h COLOQUIO Falando de libros con… Elba Pedrosa e Selina Otero
17:00 h SINATURA Dona Ter asina “Crash Boom Bang” na libraría Lafer
18:00 h SINATURA Tito Pérez asina “O latexar do barrio” na caseta de Nobel
18:30 h INFANTIL Brinca Vai! De aquí para acolá! Con Paco Nogueiras
19:00 h SINATURA Óscar Sánchez Fernández asina “El mar es nuestro” na caseta da libraría Mendinho
19:00 h SINATURA Ramón Otero asina “Relatos para soñar” en Librouro
19:00 h SINATURA Nesa Costas asina “La broma” na caseta de Lafer
19:00 h SINATURA Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín asiann “Versos e viceversos” en Libros para Soñar
20:00 h PRESENTACIÓN de “Sulagar o soño” de Montserrat Villar González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*