A primeira temporada da serie Auga Seca, un drama policial situado no tráfico de armas e producida por Portocabo e SP-i para RTP, TVG e HBO, vén de converterse na primeira serie en galego preseleccionada nos VIII Premios Platino do Cine Iberoamericano pasando unha primeira fase entre máis de 600 producións de 23 países iberoamericanos. As categorías nas que destaca esta ficción son a de Mellor interpretación feminina en miniserie ou teleserie (Victoria Guerra) e a de Mellor interpretación masculina de reparto en miniserie ou teleserie (Adriano Luz).
Os Premios Platino - organizados pola Entidade de Xestión dos Dereitos Audiovisuais (EGEDA) e a Federación Iberoamericana de Produtores Cinematográficos e Audiovisuais (FIPCA) en colaboración coas Academias e Institutos de Cine- recoñecen cada ano as mellores series de produción iberoamericana e aos profesionais que participaron nelas. As obras finalistas coñeceranse a finais do mes de xuño e os premios entregaranse en outubro de forma presencial.
Na súa segunda tempada, que se estreará proximamente, Auga Seca afondará nas orixes dos negocios da familia Galdón e os seus conflitos coa familia de Teresa, a protagonista interpretada pola actriz portuguesa Victoria Guerra. No elenco repiten actores galegos e lusos coma Monti Castiñeiras (Mauro Galdón), Sergio Pazos (inspector Viñas), Eva Fernández (Irene), Belén Constenla (Dulce) ou Adriano Luz (Lázaro), xunto a novas incorporacións como Pêpê Rapazote, Luana Piovani e Gonçalo Waddington.
Auga Seca é unha serie de Portocabo coproducida coa produtora portuguesa SPi para a Rádio e Televisão de Portugal e a Televisión de Galicia. HBO España e Portugal acollerán tamén nos seus catálogos esta segunda temporada. A primeira entrega, xa dispoñible, é a primeira serie en versión orixinal en galego que se emite nesta plataforma. Toño López volve asumir a dirección, canda o realizador portugués Sérgio Graciano e baixo a produción executiva de Alfonso Blanco de Portocabo, creador da serie, e de José Amaral de SP-i. O guión corre a cargo de Carlota Dans, Roberto G. Méndez, Miguel Simal, Alfonso Blanco, Nina Hernández e Ana Míguez; a dirección de fotografía é de Lucía C. Pan e Manuel Pintos, e a música de Elba Fernández e Xavi Font.
Dos de los cortos premiados en el Galician Freaky Film Festival de Vigo en 2024 lucharán ahora por triunfar en los Oscars
Asi é o calendario da Área de Normalización Lingüística para o 2025 deseñado polo humorista gráfico Luis Davila
Los Premios Feroz traerán a Pontevedra este mes de diciembre a Rodrigo Cortés, Sorogoyen y los hermanos Sánchez-Cabezudo
En su fallo, el jurado ha destacado el estilo "directo, rico y cargado de simbolismo" que caracteriza la obra premiada
Este proyecto pionero emplea la realidad virtual para generar mejoras físicas y cognitivas en personas con daño cerebral adquirido
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL