• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

A Universidade de Vigo, pioneira na industria do videoxogo

A Universidade de Vigo, pioneira na industria do videoxogo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/09/2018

A industria do videoxogo é un nicho de emprego para os estudantes de Tradución e, dende hai varios anos, das aulas da Universidade de Vigo están saíndo destacados profesionais neste eido. Pero as empresas demandan unha formación máis ampla e profunda neste campo e, neste contexto, nace o primeiro título propio de especialización en Tradución para a industria do videoxogo que pon en marcha unha universidade pública en España.

As clases comezan o vindeiro 11 de outubro pero hoxe xoves tivo lugar a presentación en sociedade desta nova titulación da Universidade, que xurde dende o grupo de investigación de Tradución e Paratradución e do mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional. Os profesores Óscar Ferreiro, Ramón Méndez e José Yuste son os principais impulsores dun título de 200 horas de docencia que ofrece 25 prazas, “preto do 80% delas xa cubertas”, como adiantaba o Yuste. Trátase dunha formación complementaria na que se poden matricular todas aquelas persoas que teñan superado 3º curso de grao, non necesariamente de Tradución e Interpretación, como remarcaban os seus organizadores, xa que “está aberto a calquera perfil”. De feito, Ramón Méndez explicaba que moitas das persoas matriculadas son “profesionais do sector interesados en ampliar competencias”, así como estudantes e titulados.

Másnoticias

El nuevo ecobarrio de Vigo, sin coches, con vistas al mar, vivienda protegida y zonas comerciales

Vigo ganará un gran "pulmón verde" en Teis y se hará con la zona arbolada del Colegio Apóstol

22/07/2026
Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

22/07/2026

Unha resposta ás demandas da industria

Na súa presentación, Ramón Méndez lembraba que con este título trátase de dar resposta a unha demanda das empresas, “hai anos que detectamos a necesidade dunha titulación que permita á industria do videoxogo contar con profesionais preparados para esta especialidade”. Como explicaba José Yuste, a idea é que Universidade de Vigo oferte un título “que conte realmente cos profesionais do sector, para o que colaboran con nós 25 empresas, algunhas internacionais”. Segundo engade Méndez, “isto vainos permitir ter unha formación próxima ao mundo profesional, imos traballar con textos reais, con vídeos reais e todo vai ser achegado por estas compañías”. Neste aspecto incidían tamén Miguel Ángel Michinel, secretario xeral da Universidade, e Susana Rodríguez, directora da Área de Captación de Alumnado. O primeiro destacou que “é un orgullo ver como xorden novas titulacións, como este título propio, que é un exemplo non só de novas achegas didácticas senón tamén de transferencia entre a Universidade e a empresa”. Rodríguez remarcaba que o curso “mira á sociedade, pero mira de verdade”, facendo fincapé en que a tradución dos videoxogos é un campo de traballo que interesa moito ao alumnado da facultade, “ten demanda e isto vai permitir que exista moita transferencia e un ponte para o mercado laboral”.

No acto estiveron tamén presentes Lourdes Lorenzo, directora do Departamento de Tradución e Lingüística, representantes do profesorado do título e das empresas colaboradoras, como é o caso de Belén Moreno, de Corvus Bello, que lembrou que é un eido que demanda traballadores e traballadoras, “a industria precisa perfís especializados e un título coma este é un selo calidade, un plus no currículo”.

Tradución, intepretación, dobraxe, subtitulación

O obxectivo fundamental desta nova titulación é axudar a profesionalizar un sector estratéxico como a industria do videoxogo. Por isto, as persoas matriculadas recibirán formación para realizar adecuadamente o labor localizador na industria do videoxogo; desempeñar correctamente os labores de revisión e control de calidade dos xogos; levar a cabo de forma profesional os labores de interpretación especializada nos eventos internacionais relacionados con esta industria, como feiras ou convencións e facer fronte aos desafíos lingüísticos e culturais que aparecen na comunicación internacional das empresas de videoxogos. Os contidos e a docencia centraranse na tradución dos videoxogos, pero tamén se impartirán bloques temáticos sobre tradución de xogos de mesa ou xogos de rol, así como sobre interpretación, tradución para a prensa especializada, subtitulación, dobraxe ou elementos paratextuais como textos publicitarios ou guías de estratexia ou revisión de textos.

As clases estenderanse de outubro a maio cun horario pensado para poder ser compatible con xente que traballa ou que está a estudar. O inglés será o idioma vehicular, “pero son verá vinculante, tamén se traduce do francés, do italiano ou o xaponés, etc.” remarcaba Méndez. Entre o profesorado haberá destacados tradutores, intérpretes, actores de dobraxe ou guionistas como Marc Berbabé, “o tradutor de manga máis importante de España e intérprete de xaponés”; Diana Díaz Montón, “unha das mestras deste eido, traballou en infinidade de xogos” ou Alessandra Vita, “unha das intérpretes máis importantes de Europa, que ademais de traballar en empresas como Intel ou IBM, tamén foi intérprete persoal de autoridades políticas internacionais”.

Paralelamente ás 200 horas de docencia, celebraranse charlas con profesionais de recoñecido prestixio. “A idea é que sexan actividades abertas a calquera persoa interesadas, xa que nesta industria colaboran estreitamente tradutores, deseñadores, programadores, etc.

Temas: UVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025
Gafapasta

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025

La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025

PorUxía Pérez
23/06/2026
Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X