A Xunta de Galicia homenaxeará á autora Ledicia Costas co Día das Escritoras como "xusto recoñecemento pola súa difusión da lingua e literaturas galegas dentro e fóra de Galicia". Así, segundo explican nun comunicado, o vindeiro xoves, 17 de outubro, a Cidade da Cultura acollerá un acto aberto ao público nunha conversación guiada pola xornalista, e tamén escritora, María Solar.
Con motivo da semana do Día das Escritoras --efeméride que este ano se celebra o 14 de outubro--, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove este acto para pór en valor "a calidade e prestixio desta autora, en particular, e das escritoras galegas, en xeral". Así o reflicte, apuntan, o feito de que no último lustro cinco delas fosen distinguidas con Premios Nacionais con obras escritas en galego: Chus Pato, Yolanda Castaño, Olga Novo, Pilar Pallarés e Marilar Aleixandre.
Nesta ocasión, reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego e tamén una das máis traducidas, o que a converte nunha prestixiosa difusora da creación e da cultura galegas en Galicia e en resto do mundo".
Precisamente, este labor foi recoñecida polo Goberno galego en 2023 cunha das Medallas Castelao, que distinguen aos galegos polos seus constribuciones singulares e "por levar o nome de Galicia máis aló das nosas fronteiras".
O departamento que dirixe José López Campos enxalzou este amplo e premiado currículo que "avala por si mesma" centrar na súa traxectoria o Día das Escritoras. Será nun acto institucional aberto ao público na Cidade da Cultura o vindeiro xoves, ás 19.30 horas, no que para acudir haberá que inscribirse na dirección electrónica [email protected]
A homenaxe centrarase nunha conversación entre Ledicia Costas e María Solar, Premio Xerais de Novela en 2022, que servirá para profundar na ampla e variada obra da autora, e que permitirá tamén coñecer máis as súas creacións e o seu proceso de escritura.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL