Alertas
martes, 5 de julio 2022
No Result
View All Result
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano.gal
Home Gafapasta

Antonio García Teijeiro súmase ao valo literario de Beiramar cun verso dedicado ao mar

Antonio García Teijeiro súmase ao valo literario de Beiramar cun verso dedicado ao mar
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
14/06/2022

“As nubes deixan no mar bicos e versos para soñar” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar. O escritor vigués e Premio Nacional de Literatura, Antonio García Teijeiro, é o autor desta mensaxe, que toma o relevo de “O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” da poeta Yolanda Castaño.

Como cada ano, nun primero momento seleccionaronse tres frases relacionadas co mar e posteriormente convocouse un concurso a través das redes sociais da empresa para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba. A outras duas frases foron “O mar non ten paredes. Por iso inventa mil horizontes” e “Cando a lúa chama o mar, deixa a voz na beiramar”.

Másnoticias

Goyo Jiménez estará en Vigo con su nuevo espectáculo “Aiguantulivinamérica 3”

Goyo Jiménez estará en Vigo con su nuevo espectáculo “Aiguantulivinamérica 3”

05/07/2022
Estas son las 64 citas de Panorama, París de Noia y El Combo Dominicano en julio en Galicia

Estas son las 64 citas de Panorama, París de Noia y El Combo Dominicano en julio en Galicia

04/07/2022

“Esta fermosísima frase vai ser a protagonista do noso valo durante o vindeiro ano. Con esta iniciativa, que levamos realizando dende hai máis dunha década, queremos por en valor a importancia da literatura galega, tan nosa e tan importante no desenvolvemento da nosa cultura e da nosa sociedade. Queremos agradecer a Antonio García Teijeiro que quixera sumarse a familia de escritores galegos que durante os últimos anos participaron no noso valo”, apuntou o director de comunicación de Pereira Productos del Mar, Ruy Andrade, no evento de presentación do valo que tivo lugar a mañá deste martes no barco pequeiro de calamar Argo, e ao que asisitiron o gañador do concurso e o responsable da empresa.

Pola sua parte Antonio García Teijeiro expresou sentirse moi feliz vendo no valo os seus versos. “Agradezo fondamente que pensasen en min para que a miña voz lles fale ás persoas nun valo que xa leva moita literatura enriba ao longo dos anos. Con este proxecto tan noso, Pereira Productos del Mar demostra que hai maneiras diferentes e luminosas de facer publicidade. Poñer no valo das instalacións que ten a empresa en Beiramar frases ou versos de escritores e escritoras de Galicia é facer país. E que sexa en galego, aínda máis. É este un proxecto que se converte nunha aperta cálida á nosa cultura, á nosa literatura e á nosa lingua. É humanizar galeguizando a súa oferta. É algo que abre fiestras a horizontes máis ricos e auténticos e que axuda a facer Galicia”.

Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É especialista en literatura infantil e xuvenil e imparte cursos de animación á lectura, creación literaria, talleres de poesía e conferencias. No VI Simposio sobre Literatura Infantil e Lectura da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, o seu libro “Versos de Agua” foi elixido entre os 100 mellores libros do século XX. Co seu libro “Poemar o mar”, que forma parte dunha triloxía na que o mar é o protagonista e está escrita en galego, foi merecedor do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Ademais, conta co Premio Merlín por “Na fogueira dos versos” en 1996, co Premio Europeo Pier Paolo Vergerio, promovido pola Universidade de Padua en 1998 e co Premio de poesía “Illas Sisargas” polo poemario “Arredor do teu corpo” en 2006. Ademáis, García Teijeiro tamén foi recoñecido como Vigués Distinguido en 2018 pola súa contribución á literatura infantil e xuvenil galega.

Domingo Villar, moi presente

O acto de presentación converterse tamén nunha pequena homenaxe ao escritor Domingo Villar, recentemente falecido e que formou parte da familia de escritores e poetas que durante os últimos anos colaboraron coa iniciativa de Pereira Productos del Mar. “A perda de Domingo Villar é fondísima, foise un dos referentes da literatura galega pero sobre todo unha persoa dunha gran calidade humana, sempre estará no noso recordo”, comentou emocionado Ruy Andrade.

Once anos de poesía

“Podo temer a morte, pero non quero ter medo a estar vivo” do libro “O último barco” e “O tempo, o sol e o mar engurraran o rostro do mariñeiro e cuartearan a súa pel como terra seca” da obra “A praia dos afogados”, foron as anteriores frases de Domingo Villar que ocuparon o valo en 2019 e 2020. “Neste mar navegan os barcos da nosa vida” da escritora viguesa Ledicia Costas foi a mensaxe seleccionada en 2018. “Estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos” da obra de Julio Verne “20.000 leguas de viaje submarino” ilustrou a valle en 2017. “A maxia de saber amar” (2016) y “Cada palada cuenta” (2015) foron outras das frases que os viandantes en condutores que pasaban por Beiramar puideron desfrutar e que foron propostas e votadas polos seguidores nas redes sociais.

Tags: Grupo Pereiraliteraturaliteratura galegaVigo
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Más noticias

Tanxugueiras lanza por San Xoán o sinxelo ‘Seghadoras’, novo adianto do seu próximo disco
Gafapasta

Tanxugueiras lanza por San Xoán o sinxelo ‘Seghadoras’, novo adianto do seu próximo disco

...

PorMetropolitano
24/06/2022
Tui conmemorará os históricos Xogos Florais cun recital da man de catro poetas galegos
Gafapasta

Tui conmemorará os históricos Xogos Florais cun recital da man de catro poetas galegos

...

PorMetropolitano
20/06/2022
Aida Tarrío, de Tanxugueiras, aposta por exportar a música galega como se fixo co flamenco
Enfoque

Aida Tarrío, de Tanxugueiras, aposta por exportar a música galega como se fixo co flamenco

...

PorEuropa Press
19/06/2022
Dani Martín desata la locura en O Son do Camiño y Vigo ya lo espera
Enfoque

Dani Martín desata la locura en O Son do Camiño y Vigo ya lo espera

...

PorEuropa Press
19/06/2022
La UVigo repartirá 45.000€ en becas a los mejores estudiantes
Enfoque

A UVigo confírmase como a terceira universidade española máis transparente

PorMetropolitano
01/07/2022

“O resultado di que a Universidade está no bo camiño do goberno aberto”, asegura a vicerreitora Maribel Doval

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

julio de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio

© Hansei Media SL

X