Alertas
sábado, 4 de febrero 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

As viñetas de Luis Davila cobrarán vida na primeira xornada do FIC de BUEU

As viñetas de Luis Davila cobrarán vida na primeira xornada do FIC de BUEU
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
19/08/2017

O debuxante bueués Luis Davila encherá o exterior do Centro Social do Mar de luz e cor o sábado 9 de setembro, a partir da media noite, na primeira xornada do 10º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. O autor da sonada viñeta ‘O Bichero’ ilustrará e animará en vivo a fachada do edificio, elaborando e proxectando as súas creacións ao son dun concerto ofrecido pola Banda de Música Artística de Bueu.

Na xornada seguinte, o 10 de setembro, desenvolveranse actividades dirixidas ás e aos máis pequenos, como son unha sesión de contacontos e un espectáculo de maxia. O Mago Paco estreará no FICBUEU a súa nova proposta, O Cinematómago, protagonizado por un personaxe capaz de converter o cine en maxia. O ilusionista presentará distintos clásicos do cinema a través de intelixentes trucos, convertendo míticas escenas nun asombroso espectáculo en directo cheo de emoción e gargalladas. A actuación dará comezo ás 12 horas no Centro Social do Mar e a entrada ten un custe de dous euros.

Másnoticias

Moaña presenta seis rutas guiadas e de balde entre natureza e historia para comezar o ano

Moaña presenta seis rutas guiadas e de balde entre natureza e historia para comezar o ano

01/02/2023
Seis hamburguesas de Vigo y su área optan a ser la mejor de España

Seis hamburguesas de Vigo y su área optan a ser la mejor de España

01/02/2023

O mesmo domingo, ás 18.30 horas, gozaremos duns Contos de Película no punto de encontro habilitado na sala de exposicións Amalia Domínguez Búa, con acceso de balde. Olalla González, mestra especialista en animación á lectura, achegaranos destacadas obras da literatura infantil que foron levadas á gran pantalla, como As bruxas ou Onde viven os monstros. A autora de Garavanciño e Chibos Chibóns desvelará algúns dos segredos dos libros que teñen inspirado exitosos filmes.

Actividades para toda a familia, arte urbana, conferencias, música ou gastronomía son algunhas das propostas que, entre o 9 e o 16 de setembro, ofrecerá o FICBUEU 2017 en paralelo a un ambicioso programa de proxeccións integrado por un cento das mellores curtas realizadas no eido internacional.

Imaxe renovada

O FIC de Bueu arranca a edición do 2017 cunha imaxe totalmente renovada grazas ao ilustrador suízo afincando na vila, Marc Taeger. O suízo foi o autor orixinal do debuxo que posteriormente foi adaptado aos materiais gráficos polo estudio Simbolóxico, responsable habitual dos deseños do FICBUEU.

A imaxe que conmemora unha década do certame é a dunha cabeza na que non paran de xirar centos de pezas encaixadas nunha engrenaxe que se foi perfeccionando ao longo destes anos e que sempre está en marcha co afán de mellorar.

Con certa inspiración no filme ‘Tempos modernos’ de Charles Chaplin, o mecanismo representa tamén as ideas a bulir acotío na cachola e lémbranos a propia maquinaria do cine. No branco predominante, destacan algunhas pinceladas de cor, entre elas a agulla que apunta ao número 10. Ao tempo, dos ollos desta singular caveira sae un feixe de luz que semella a lámpada dun proxector, mentres que a tipografía feita a man retrotráenos a un traballo artesanal como é o do cinema.

Temas: BueuFICBueu 2017Luis DavilaO Morrazo
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Galaxia publicará en setembro “Síbaris”, o libro inédito de Domingo Villar
Gafapasta

Galaxia publicará en setembro “Síbaris”, o libro inédito de Domingo Villar

...

PorMetropolitano
03/02/2023
La exposición de Leiro en el Marco de Vigo, entre lo mejor de la cultura en Galicia en 2022
Exposiciones

La exposición de Leiro en el Marco de Vigo, entre lo mejor de la cultura en Galicia en 2022

...

PorÁngel Vila
02/02/2023
El Festival de Cans regresa en 2022 a la primavera: vuelve a mayo para coincidir con Cannes
Gafapasta

El Festival de Cans sigue su gira por Europa: este jueves proyecta dos cortos y un documental en Bruselas

...

PorMetropolitano
25/01/2023
A RAG editará as cartas de Fernández del Riego con Otero Pedrayo para o Día das Letras Galegas
Gafapasta

A RAG editará as cartas de Fernández del Riego con Otero Pedrayo para o Día das Letras Galegas

...

PorMetropolitano
24/01/2023
Arranca unha nova tempada de obradoiros coa cata de viños e a apicultura como grandes novidades
Qué hacer

Arranca unha nova tempada de obradoiros coa cata de viños e a apicultura como grandes novidades

PorMetropolitano
03/02/2023

As persoas interesadas en participar nos obradoiros de extensión universitaria da UVigo poden inscribirse desde o luns 6 ata o xoves 16

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

febrero de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X