• Nuevo restaurante
  • PortAmérica
  • Vigo SeaFest
  • Gimnasios en Vigo
  • Festa do Viño Tinto
  • Fiestas de Coia
  • Reforma Concello
  • Accidente Vigo
  • Tapa top
  • Feria del Libro
  • Oferta Canarias
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Burning, na "banda sonora" do Festival de Cans 2018

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
24/04/2018

O mesmo espírito ecléctico que traslada a selección audiovisual do Festival de Cans déixase ver no listado de artistas musicais que veñen de sumarse ao cartel desta 15ª edición. Dende nomes consagrados como os Burning ou Magín Blanco a grupos novos e cada vez máis populares como Esteban & Manuel, a proposta busca atender a todos os públicos, buscando a variedade de estilos coa calidade como denominador común. Así, sonarán en Cans dende o rock and roll de Familia Caamagno aos loops de voz de MounQup, ou dende a canción de autor negroide de Pardo ao desenfado folk de Tanxugueiras. Estas actuacións únense ao xa anunciado concerto Mahou Cinco Estrellas de Depedro o venres 25 e a varias sorpresas que o Festival prepara para anunciar nas próximas semanas, xa que estas non serán as únicas bandas que compoñan a súa programación musical.

O día grande da música en Cans será o sábado 26, que acollerá un bo número de actuacións, entre elas a da que é probablemente a banda en activo máis mítica de España: Burning. Aínda fieis ao estilo que os fixo populares, a súa actitude rock é capaz de trasladar ao público a un universo plasmado en clásicos como “¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este?”, “Jim Dinamita” ou “Mueve tus caderas”. Burning, que se converteu na banda sonora de máis dunha xeración, logrou sobrevivir co seu rock and roll ao paso dos anos ata chegar á súa formación actual encabezada polo emblemático Johnny Cifuentes. O concerto terá lugar ás 00:00 horas no Torreiro, onde haberá dobre sesión de rock and roll xa que á tarde pasarán polo mesmo escenario Familia Caamagno co seu vibrante garaxe sesenteiro.

Másnoticias

Mos abre su piscina al aire libre con acceso gratis para vencer a las altas temperaturas

01/07/2025

O Porriño lanza su propia línea de bus para disfrutar de la playa durante el verano

30/06/2025

Tamén o sábado, o Voulevar acollerá as actuacións de MounQup, Pardo e Tanxugueiras, tres bandas que presentarán no Festival de Cans os seus novos traballos. MounQup é Camille Hedóuin, unha francesa afincada no rural ourensán que constrúe cancións superpoñendo bucles da súa virtuosa voz a bases electrónicas e vén de actuar en festivais do prestixio do WOMAD. Ao seu concerto seguiralle o de Pardo, que na súa carreira en solitario exerce de cantautor acústico pero incorpora os elementos de rock and roll, swing ou rhythm and blues da súa traxectoria en grupos como The Allnight Workers e detalles de folk e música latina. A programación deste escenario, apoiado pola Fundación SGAE, complétana Tanxugueiras, a principal revelación da escena folk galega actual: tres novísimas pandereiteiras galegas que conxugan un gran coñecemento da tradición cunha actitude extrovertida e un carisma escénico pouco común.

O eclecticismo da programación e a atención a públicos diversos complétase coas outras tres propostas anunciadas. Magín Blanco, autor de algún dos máis memorables discos para público infantil dos últimos anos, como A nena e o grilo, ofrecerá unha actuación no Parque do Río ás 13h30 do sábado, dentro do programa de MiniCans. Alí asistiremos tamén á primeira interpretación en directo de “Cans & Cadelas”, a canción oficial que Magín compuxo para esta edición do festival. Por último, as espectadoras e espectadores amantes do baile terán a oportunidade de desfrutar da sesión do DJ Edu Romero o sábado no espazo Mahou da Leira de Alicia e do concerto de Esteban & Manuel na Noite Gia do xoves, ao final da proxección dos videoclips da sección oficial. Este duo calificado como “o maridaxe definitivo entre a sesión vermú e a cumbia underground” recupera os ritmos latinos de verbena como o merengue e a citada cumbia e xa fixo botar unhas pezas a escenarios tan diversos como o Monkey Week ou Festival Cara B ou a Sala Apolo de Barcelona.

Xa se poden mercar as entradas da Sección Oficial

A partir de hoxe, martes 24 de abril, xa están dispoñibles na tenda virtual do festival os primeiros 500 packs de entradas para a Sección Oficial a concurso e camiseta, que inclúen tamén unha chapa exclusiva como agasallo. Estes packs, que poderán recollerse nas tendas de Nikis Galicia e na tenda Tía Tata do Porriño, estarán á venda dende o martes 24 de abril ata o venres 4 de maio, e terán un prezo de 21,5 euros, que sen acollerse a esta oferta sería de 28,5 euros (entrada 12 euros, camiseta 12 euros, chapa 1 euro, catálogo do Festival 2 euros e 1,5 euros correspondentes aos gastos de xestión).

As entradas para FuraCans, pola súa parte, costarán 5 euros, estarán dispoñibles a partir do xoves 26 de abril na web do festival e poderán retirarse no posto de merchandising do festival durante os días de celebración do certame.

Sección Oficial de videoclips

A variedade dos artistas programados no Festival de Cans é común aos videoclips finalistas da Sección Oficial. Co paso dos anos, a competición de vídeos musicais da Noite Gia converteuse nun evento de gran popularidade que recolle a variedade de estilos e talentos presente nas cancións da escena galega e nos realizadores e realizadoras que lles poñen imaxes. Deste xeito, na selección desta 15ª edición do Festival o abano vai, no visual, dende o traballo co found footage de Adrián Canoura á sensibilidade paisaxística de Montse Piñeiro ou Xaime Miranda, pasando pola animación de Myriam Pato ou Rubén Domínguez. O formato do videoclip permite a cada cineasta traballar con liberdade, e esta mostra recolle tanto exemplos de experimentación formal como pezas narrativas, con aproximacións a xéneros cinematográficos como o thriller de José Miguel Sagüillo para o “Sal y sangre” de Selvática ou a road movie de Mar Catarina para o “Papá borracho” de Ataque Escampe. Participan tamén algunhas das persoas premiadas xa en edicións anteriores, como Javi Camino ou Soledad Rebollo, e por terceiro ano consecutivo varios dos autores e autoras dos clips xuntaranse para o encontro aberto “Dalle caña!”, no que debaterán sobre a súa experiencia e proceso creativo.

O xornalista da TVG Eduardo Herrero será o encargado de presentar a sesión desta Sección Oficial de videoclips do Festival de Cans, que terá lugar o xoves 24 ás 22:00 horas na Praza do Concello. O listado das bandas e artistas que sonarán tamén está marcado pola diversidade: o público escoitará tanto o hip hop combativo de Ezetaerre como o folk intimista de Peña, pasando polo rock alternativo de You Dog!!, o noise de Disco Las Palmeras, o trap de Boyanka Kostova ou a electrónica da Baiuca.

Relación completa de pezas a concurso:

Peña - “Fai o que queiras”. Dirixe: Montse Piñeiro.
Silvia Penide con Eladio Santos - “Sobre el mismo alambre”. Dirixe: Myriam Pato.
Selvática - “Sal y sangre”. Dirixe: José Miguel Sagüillo.
Ataque Escampe - “Papá borracho”. Dirixe: Mar Catarina.
You Dog!! - “The Battle of the Good Men”. Dirixen: Pablo Banga e Antonio Caeiro.
A Veces Ciclón - “Devalo”. Dirixe: Rubén Domínguez.
Linda Guilala - “Primavera negra”. Dirixe: Sara Chuerches.
Oh Ayatollah! - “Volve a canción protesta”. Dirixe: Xaime Miranda.
Disco Las Palmeras! - “Hoy”. Dirixe: Javi Camino.
Baiuca - “Camiños”. Dirixe: Adrián Canoura.
Ezetaerre - “Acto I: O fío vermello”. Dirixe: Juan Pirola.
Breakin’ Bones - “Puertohurraco”. Dirixe: Daniel Alonso.
Pantis - “Mar”. Dirixe: Rubén Domínguez.
Pólvora - “Isla Futura”. Dirixe: Soledad Rebollo.
Boyanka Kostova - “Eu non sei por que”. Dirixe: Alicia Alonso.
Chicharrón - “Suicidio tímido”. Dirixe: Xoan Escudero.
Mequetrefe - “Finlandia”. Dirixe: Xaime Miranda.
BALA - “Omertá”. Dirixe: Gero Costas.

Temas: A LouriñaCineFestival de CansFestival de Cans 2018músicaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Oliver Laxe, con su galardón en Cannes // EP/FESTIVAL DE CANNES
Enfoque

El director gallego Oliver Laxe gana el premio del Jurado de Cannes por su película 'Sirat'

El cineasta gallego comparte este galardón 'ex aequio' con la directora alemana Mascha Shilinzki por su filme 'Sound of Falling'

PorMetropolitano
24/05/2025
Enfoque

La película rodada en Vigo que emociona al mundo en uno de los festivales más importantes del cine

"Romería", el film de Carla Simón rodado en emplazamientos de Vigo, deja huella en su estreno en el Festival de Cannes

PorCarlos I. Castrillón
22/05/2025
Foto generada por Inteligencia Artificial
Gafapasta

El festival de series que llega a Vigo y permitirá ver gratis éxitos de Netflix, Prime Video y Movistar

Vigo tendrá como gran colofón este mes el estreno de un festival con una potente programación con visionado y coloquios de estas series

PorMiguel Alonso
13/05/2025
Enfoque

Os retos e oportunidades da intelixencia artificial para a docencia universitaria

PorMetropolitano
01/07/2025

Pontevedra acolle unha xuntanza do proxecto Edu-Ina, que reúne profesorado de seis universidades

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

02jul19:30Verbenas na Caridade - Música, bar y mercadillo en Vigo

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X