• Ryanair abandona Vigo
  • Apertura en Vigo
  • Nuevo festival O Porriño
  • Casting Netflix Galicia
  • Revenidas
  • Planes Portugal
  • Concierto Vigo
  • Proyecto en Galicia
  • Festival Vigo
  • Radares
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Culturgal pecha a súa 15ª edición cun agradecemento ás empresas expositoras e patrocinadores

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
27/11/2022

As persoas que se achegaron á Culturgal durante a fin de semana atopaban unha exposición que percorría os quince anos da Feira a través do traballo gráficos cos carteis de todas as edicións. Pero ademais a organización do evento non quixo deixar pasar este aniversario sen facer un acto de agradecemento público a patrocinadores, equipo de traballo e, especialmente, ás empresas expositoras que confían na Feira. O domingo 27, última xornada da Culturgal, celebrouse unha acto de conmemoración do 15 aniversario no que se atoparon diferentes equipos directivos que tivo a Feira, os expositores deste ano 2022 e representación dos patrocinios institucionais: Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Deputación da Coruña. Sete mil persoas aproximadamente -á falta do peche da Feira ás oito da tarde- achegáronse ao Pazo da Cultura de Pontevedra a gozar da Culturgal do venres 25 ao domingo 27.

No acto de celebración do quince aniversario da Feira foi Manuel Bragado, presidente da Asociación Culturgal en diferentes periodos desde a súa constitución, o encargado de facer un recorrido histórico e sentimental do evento. Lembrou Bragado o entusiasmo co que naceu unha feira cultural en 2007 da man do sector editorial, que xa reunía a milleiros de persoas en Pontevedra naquela primeira edición. “Chamouse Cultur.gal e nacía da necesidade de modernizar a mostra e venda da produción cultural; o resto dos sectores ollaron con interese a proposta que xurdía, nun primeiro momento, do mundo do libro”, recordou. En 2008 Culturgal moveuse á cidade da Coruña sumando novas entidades e axentes para un evento que atraía a atención do público e que xa situaba as súas datas de celebración nas semanas previas ao Nadal, proxectando o avance do ano seguinte e tirando proveito da campaña de agasallos de fin de ano. Sinalaba o ex presidente de Culturgal que en 2009 a Feira non se celebra e, como consecuencia, constitúese a Asociación Culturgal en 2010 para dar estabilidade a un proxecto que debía estar por riba de coxunturas económicas e políticas. “A partir dese momento a feira vaise consolidando como un proxecto imprescindible que reúne aos públicos diversos que ten a cultura e sendo un modelo de alianza entre sectores e institucións no que a corresponsabilidade é un concepto clave”, subliñou.

Másnoticias

Culturgal, a "casa común" da cultura galega, abre as súas portas en Pontevedra

02/12/2023

El Culturgal sale por primera vez de Pontevedra y se expande a Vigo con dos días de actividades

21/11/2023

Última xornada con teatro e performance

Pechou Culturgal o domingo 27 cunha xornada na que na mañá foron protagonistas dúas propostas de artes escénicas ben diferentes pero co denominador común da espectacularidade da posta en escena. Por unha banda, Cubo, unha peza teatral de Elefante Elegante para público infantil e familiar e, por outra, #Multiperspectivas2 de Paula Quintas que converteu o Espazo Arte da Culturgal nunha sorte de circo funambulista moi celebrado polo público asistente.

Ademais, na última xornada de Culturgal, obradoiro de palabras e de rap para a rapazada, o concerto da orquestra de ukeleles Ukestra do Medio e a presentación do documental Tralos pasos de María Casares de Sabela Hermida e Isabel Blanco. No Espazo Libro, recital con poetas premiados nos últimos tempos e presentacións editoriais con autoras como Bibiana Candia, Pepe Cáccamo, Andrea Maceiras, María Meijide e María Reimóndez, entre outras. Talía Teatro con “A parábola do angazo” foi a compañía que pechou a última xornada da Feira no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Diferentes escenarios, públicos diversos

Para Eva Alonso, a directora da Feira, un dos elementos máis destacables desta décimo quinta edición, na que ela se estreou como responsable do evento, é constatar como os diferentes espazos da Culturgal concentran a diversidade de gustos e intereses do público redistribuíndoo por todo o Pazo da Cultura de Pontevedra Alén do libro e da programación infantil e familiar, que son xa “clásicos Culturgal” a directora da Feira subliña o interese que suscitaron as propostas do Espazo Arte, con obradoiros participativos, propostas performativas e, incluso, a posibilidade de asistir en directo á produción dunha escultura por parte do escultor portugués Pedro Figueiredo, no marco da Bienal de Arte de Vilanova de Cerveira, e o impulso da programación profesional nesta edición especial. “Iniciamos un camiño para que os profesionais e empresas vexan necesario e de interese estar aqui, atoparse, falar, emprender proxectos, sumar esforzos, contactar tamén cos públicos tan diferentes que se achegan. Facer de Culturgal un espazo no que a xente que opera na cultura veña non só a gozar das propostas xerais senón a participar nun ha programación especialmente deseñada para eles”, sinala Alonso.

Temas: Culturgal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Qué hacer

La ciencia llega al centro de Vigo con actividades gratuitas para todos los públicos

PorMetropolitano
03/09/2025

El próximo martes 9 de septiembre se instalará una carpa en Príncipe donde se podrán realizar determinadas actividades lúdicas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

06sep11:00Festival Boas Vibes de TuiFESTIVALES | TUI

06sep(sep 6)16:15Negrita Music Festival en O PorriñoFESTIVAL | O PORRIÑO

06sep19:00Festival de Charangas de SalcedaFESTIVAL | SALCEDA | GRATIS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X