O Bloque Nacionalista Galego acusa a Abel Caballero de “vaciar” os museos de Vigo. A fronte nacionalista sinala que a rede museística da cidade perdeu case a metade de visitante durante a última década a causa do “desleixo” do Goberno municipal, polo que urxe medidas para reactivala como a ampliación de horarios, da oferta expositiva e das actividades de dinamización.
“Estes datos son consecuencia directa da escasísima programación dos museos de Vigo e de ofrecer horarios raquíticos con centros que abren apenas unhas poucas horas á semana”, subliñou este mércores o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, coincidindo co Día Internacional dos Museos.
Así, a rede museística de Vigo pechou o ano 2021 cun total de 120.000 visitantes, unha cifra que en 2011 ascendía a 235.000 persoas. A xuízo das nacionalistas, a realidade é “especialmente grave” en museos como o Museo de Arte Comteporánea (Marco), que perdeu neste período un 73% de afluencia e rexistrou o pasado ano o peor dato de toda a década con apenas 31.000 visitas. No caso do Verbum, a caída foi do 91%, mentres que o arquivo Pacheco só recibiu 371 persoas en todo o curso polo “total e deliberado abandono” do Goberno municipal.
“Esta situación é un exemplo clamoroso da nefasta política de desertización cultural que aplica o PSOE en Vigo”, recriminou Igrexas, que lamentou as continuadas negativas do goberno de Abel Caballero ás numerosas iniciativas e emendas aos orzamentos municipais presentadas polo BNG durante os últimos dez anos.
Desde a fronte nacionalista reiteraron a urxencia de desenvolver o plan de musealización da cidade e medidas concretas como unha ampliación significativa dos horarios, da oferta da programación expositiva e das actividades de dinamización e promoción por parte da concellaría de Cultura. “Non podemos permitir que Vigo, que se ten definido historicamente como un verdadeiro motor cultural do conxunto de Galiza, vexa esmorecer un elemento tan importante como a súa rede museística polo desleixo do goberno de Caballero”, salientou o edil do Bloque.
La Guardia Civil y la Policía Local investigan a un vecino de Moaña por un presunto delito contra la seguridad. Un incendio junto a viviendas
Proponen a Yolanda Díaz para dirigir la OIT. De resultar elegida, sería la primera española y la primera mujer en dirigir este organismo
El Concello intervendrá en seis lavaderos y una fuente situados en las parroquias de Camos, Parada, Chandebrito y San Pedro da Ramallosa
"Será un gran pulmón verde paralelo de Sanjurjo Badía", afirma el alcalde. Para ello la ciudad sumará a su patrimonio municipal un espacio de uso privado
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL