
O vindeiro 6 de marzo chegará ás librarías "O último barco", unha nova entrega do inspector Leo Caldas que se publicará simultáneamente en galego e castelán
A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan na area, os mariñeiros guindan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo.
Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a unha comida familiar na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios.
E aínda que nada pareza ter alterado a casa nin a vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña comprobará que, na vida coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de devastadoras correntes.
Domingo Villar (Vigo, 1971) regresa cunha novela negra ambientada na ría de Vigo, unha nova entrega da serie que inaugurou en 2006 da man de Galaxia con "Ollos de auga" e que está protagonizada polo inesquecible inspector Leo Caldas. Dende o segundo volume desta saga, "A praia dos afogados", publicada en 2009, van case dez anos nos que Villar foi alimentando un fiel lectorado que se conta por milleiros. Mais tamén houbo tempo nesta década para ver a súa obra traducida a máis de 15 idiomas, adaptada ao cine (2015) e recibindo recoñecemento internacional no Reino Unido (finalista dos Crime Thriller Awards e do Dagger International), Francia (Premio Le Point du Polar Européen) ou Suecia, onde recibiu o premio da Academia Sueca de Novela Negra.
O último barco chegará ás librarías simultaneamente o 6 de marzo con Galaxia en galego e en castelán da man de Ediciones Siruela.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL