A Asociación Arela, organizadora do Festival de Cans, decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2019, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Carlos Blanco, “pola súa traxectoria de case tres décadas no mundo da interpretación, e pola súa disposición sempre para traballar con creadores e creadoras novos e, sobre todo, con curtametraxistas”. Ademais disto e da súa ampla traxectoria, o Festival entregaralle este galardón a Carlos Blanco pola súa labor como cidadán crítico e persoa comprometida coa sociedade.
Así mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o apoio que unha personalidade lle outorga ao festival e mais o labor dos veciños e veciñas de Cans, á actriz e presentadora Neves Rodríguez, que acude ano tras ano ao festival e o dá a coñecer sempre que ten ocasión, e aos veciños Paz Acuña e Rafa González, propietarios da casa que acolle a todos os convidados e convidadas do festival no seu Día Grande e un dos nosos anfitrións máis imprescindibles. A casa de Paz e Rafa é cada ano o punto de partida da nosa procesión de chimpíns e, ademais, teñen no seu garaxa un pequeno museo con fotografías da historia do Festival.
Como novidade, o Festival de Cans crea este ano un novo galardón para recoñecer o traballo de profesionais da comunicación destacados pola súa contribución dando a coñecer o traballo do festival. Este Chimpín de Prata levará o nome da nosa veciña Divina Campos, pintora, pandereteira, narradora oral e entusiasta do festival falecida este ano aos 86 anos.
O evento quere recoñecer con este Chimpín de Prata “Premio Divina Campos” o traballo da xornalista Pilar Comesaña, unha das grandes referencias da información de cine en Galicia ao adicarse durante máis de tres décadas ao xornalismo cultural. Para o Festival de Cans, "Pilar Comesaña simboliza o traballo serio e comprometido con creadoras e creadores, sobre todo cos máis novos que están comezando, sempre cun traballo moi rigoroso dende detrás das cámaras".
Todos eles recollerán o seu premio durante a celebración do Festival, que terá lugar do 22 ao 25 de maio. Farano concretamente na “Noite das Homenaxes” que se celebrará o venres 24 no Torreiro de Cans, nun acto que rematará coa colocación de estrela de Carlos Blanco. Deste xeito o actor compartirá espazo no célebre “Torreiro das Estrelas” xunto a personalidades do audiovisual galego como: Antón Reixa, Antonio Durán “Morris”, Mabel Rivera, Javier Gutiérrez, Luis Tosar, María Pujalte ou Chelo Loureiro.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL