O Festival de Cans ven de ser seleccionado como un dos eventos culturais mellor valorados de Galicia en 2020, según o informe anual da Fundación Contemporánea, unha das fundacións culturais de maior prestixio de España.
Esta fundación, que ten a súa sede en Madrid, realiza este informe anual do que denomina “principais insignias culturais”, recollendo as opinións dun milleiro de expertos de prestixio no eido cultural en toda España, entre os que están representantes de fundacións, directores de grandes museos, productores, promotores, xestores culturais e representantes de diferentes admistracións. Estes expertos responden a un cuestionario, de onde sae esta valoración final, que a nivel español seleccionou nos primeiros postos do ranking a grandes institucións como o Museo do Prado, o Museo Reina Sofía, o Teatro Real ou o Festival de cine de San Sebastián.
En Galicia, o Festival de Cans ocupa o cuarto lugar en prestixio e valoración, só por detrás de grandes institucións como a Cidade da Cultura, a feira de industrias culturais Culturgal e o Centro de Arte Contemporána de Santiago de Compostela, CGAC. Neste cuarto lugar, ademáis de Cans, empatan a puntos o Teatro Rosalía de Castro e o Festival S8 de Cinema Periférico de A Coruña, xunto co Festival Curtocircuito, de Santiago de Compostela.
Esta valoración supón un gran recoñecimento ó Festival de Cans, cobrando ademáis maior relevancia no complexo contexto de pandemia baixo o que foi realizado o pasado ano. Os expertos apreciaron este esforzo e os contidos do festival, que deu un salto cualitativo neste informe ó pasar do posto número 12 do ranking en 2019, a esta cuarta posición en 2020. Hai que ter en conta ademáis que é o único evento realizado nunha vila pequena e nun contexto rural, fronte ós mellor valorados, todos realizados en grandes cidades. Asimesmo, Cans é o único evento seleccionado na área metropolitana de Vigo, xunto co Festival Sinsal, que ocupa o noveno posto do ranking.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL