Co gallo da celebración do Día Das Letras Galegas, dedicado a Francisco Fernández Del Riego, a editorial Galaxia publica, entre máis dunha ducia de publicacións incluíndo dous inéditos, unha biografía en banda deseñada titulada "Francisco Fernández Del Riego, o home que valía por mil", co guión de Antón Mascato e debuxos de Pepe Carreiro.
Segundo a editorial, trátase da primeira obra en Galaxia do humorista gráfico e debuxante Pepe Carreiro, o coñecido autor do fenómeno editorial e audiovisual "Os Bolechas", "todo un referente da nosa cultura. Nesta obra, Pepe Carreiro ilustra dun xeito maxistral e desenfadado, mais tamén rigoroso baixo a batuta de Antón Mascato, a vida de Paco del Riego e os principais acontecementos históricos que lle tocou vivir.
Don Paco foi membro das Irmandades da fala, do Seminario de Estudos Galegos, da organización xuvenil Ultreia, dirixente estudantil, fundador do Partido Galeguista, profesor na Facultade de Dereito, colaborador de prensa, secretario de Actas da Comisión para o Estatuto de Autonomía, conferenciante, crítico de arte, fundador de Editorial Galaxia, preso político, secretario do Partido Socialista Galego, director de Artes Gráficas Galicia, editor, director da revista Grial, académico e presidente da Real Academia Galega, director da Fundación Penzol, escritor, divulgador, coleccionista de arte e bibliófilo.
Ademais tivo tempo para gozar da vida, pois Otero Pedrayo referíase a él como "pontífice do manxar escolleito" e afirmaba que levaba comido "oito barcos de merluza, seis ou sete de linguados, cinco de robaliza e tres ou catro doutras especies, incluídos o chinchos e xoubas". Esta obra é un xeito moi próximo e axeitado de mostrar, a través da banda deseñada, aos alumnos e alumnas de Primaria e da ESO a vida e obra dun dos grandes referentes culturais de Galicia: "Francisco Fernández Del Riego, o home que valía por mil".
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL