• Apertura Vigo
  • Planes finde
  • Obras en Balaídos
  • Cambio velocidad A-55
  • Festival Tomiño
  • Fecha nuevas rampas
  • Ikea Vialia
  • Playa Portugal
  • Planazo Nigrán
  • Rocha Folk
  • Alerta calor
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

O “frikismo” inundará Vigo con 38 curtas chegadas de todas as partes do mundo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
13/10/2018

Despois de recibir máis dun cento de filmes a concurso, a organización do Galician Freaky Film Festival decidiu seleccionar un total de 38 curtametraxes que serán as encargadas de formar a sección oficial desta nova edición do festival máis friki de Galicia.

Así, entre o 25 e o 27 de outubro poderanse ver no vigués Mercado do Progreso filmes galegos, españois, británicos, arxentinos, suecos ou estadounidenses cheos de humor, misterio, terror e, por suposto, unha boa dose de zombies. Cada sesión de curtas ten un prezo de 2€ e o abono para todo o festival "imos a todo" é de 10€.

Másnoticias

Imagen recurso

Muere un hombre en Vigo tras caer de un tejado mientras lo arreglaba

22/08/2025
Foto: Policía Nacional

Prisión provisional para los detenidos por asaltar a un anciano en Vigo, maniatarle y robarle

22/08/2025

As curtametraxes do Galician Freaky Film Festival

As curtametraxes da nova edición do Galician Freaky Film Festival dividiranse por sesións acordes coa temática ou a procedencia das cintas, no caso das pezas internacionais. Así, ao longo do festival sucederanse os bloques de Humor Freak (xoves 25, venres 26), Typical Spanish (xoves 25), Ciencia Ficción (venres 26), Arrepío (venres 26), Frikismos do País (sábado 27) e selección internacional (sábado 27).

O día da inauguración, o xoves 25 ás 19:00 horas, comezará o primeiro dos bloques chamado Humor Freak Vol. I e onde se poderán ver filmes como Bienvenido al infierno, de Simón Fariza que relata, con moito humor, o temido momento no que un rapaz ten que coñecer a familia (pouco convencional) da súa moza ou Loot, de Pablo Medina, unha curtametraxe que inclúe a tres atracadores de bancos, unha caixa forte, un novato para abrila e unha realidade que se rexe polas regras dos videoxogos.

Os filmes de humor continuarán o venres co Humor Freak Vol. II,  coa proxección de filmes como Una vida de mierda, de Jaime Sería, que mostra as aventuras e desventuras dun váter namorado ou Z Fest, de David Cordero, onde unha parella discute nunha tenda de campaña mentres están rodeados de zombis.

O bloque Sesión Typical Spanish (xoves 25 ás 23:00 horas)  contará con obras como Amancio, vampiro del pueblo, de Alejo Ibañez ou El escarabajo al final de la calle, de Joan Vives Lozano, no que Amadeo recibe unha inquietante premonición: á súa filla peixeira quédanlle sete días de vida.

O venres, despois da sesión de humor chegará o segundo dos bloques coa ciencia ficción (21:00 horas) como denominador común con historias como a de un cosmonauta ruso que viaxa ao espazo exterior en Sputnik, de Vicente Bonet, pero no que tamén haberá tempo para ver como é a vida na terra en 2060 da man de José Antonio Campos Aguilera, director de El origen.

A noite do venres rematará cun bloque no que o terror de serie B será o principal protagonista (23:00 horas). Así, todos os asistentes poderán ver fenómenos paranormais, noites de Halloween terroríficas e moito misterio en filmes como Rewind, de Rubén Pérez Barrena; Aprieta pero raramente ahoga, de David Pérez Sañudo ou 9 pasos, de Marisa Crespo e Moisés Romera.

O derradeiro día do Galician Freaky Film Festival estará dedicado ás sesións Frikismo do País onde se mostrarán pezas galegas cun claro compoñente freak como Maullidos de latex, de Brian Rodríguez Cortiñas, que trata da vida dun home que recobra o seu optimismo poñéndose unha máscara de gato e International Freak Session, un bloque coas mellores curtas internacionais de países como Reino Unido, Arxentina, Paraguai, Suecia, México, EE.UU. e Grecia.

Temas: festivales en VigoGalician Freaky Film FestivalMercado do ProgresoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X