• Emotivo relevo Vigo
  • Estatua Aspas Vigo
  • Nueva urbanización Vigo
  • Edificio Porta do Sol
  • Nuevo O Porriño
  • Villa Romana Vigo
  • Aniversario mágico
  • Fiesta venezolana Galicia
  • Parque Mos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé, gañadores dos Premios Xerais 2024

Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé, gañadores dos Premios Xerais 2024
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
08/06/2024

As obras cos títulos 'Detective Ferrichi', 'I'm Obélix' e 'Milú e ou edificio das persoas extraordinarias' resultaron gañadoras do XLI Premio Xerais de Novela, o XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil. As autoras dos textos son Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé, respectivamente, e cada un dos galardóns ten unha dotación de 10.000 euros.

Nun comunicado, Xerais informou de que o xurado da XLI edición do Premio Xerais de Novela acordou declarar como gañadora a obra presentada baixo a lema 'Detective Ferruchi'. Despois de abrir a plica, a autora resultou ser a xornalista e escritora Marta Villar e o título da novela será o mesmo que a lema.

Másnoticias

Un plato típico de Galicia, en el top 5 de las mejores comidas de España

Vigo podrá degustar el sabor del otoño y la caza en unas jornadas gastronómicas

09/11/2025
Rosalía y la "colaboración" con la Navidad de Vigo de su nuevo disco

Rosalía y la "colaboración" con la Navidad de Vigo de su nuevo disco

09/11/2025

Xerais explicou que a decisión foi tomada por unanimidade e que a novela conta a historia de Sol Cortés, quen, após moitos anos fóra, regresa a Umeiro, o seu pobo natal e monta unha libraría. Poucos días despois, aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario insociable e introvertido pero a quen todos os veciños admiraban pola súa sensibilidade cos animais.

O xurado estivo composto por Celia Fernández (libreira en Espazo lector Nobel Ourense), Lucía Madarro (adestradora deportiva e bookstagrammer en @lumadoito), Asun González (graduada en Filoloxía Hispánica), Sergio Álvarez (ex futbolista e actual conselleiro do Real Club Celta de Vigo), Pedro Iturburua (profesor xubilado de Lingua e Literatura) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz pero sen voto. Ademais, o xurado recomenda a publicación da novela finalista que se presentou baixo a lema 'Nena da auga'.

Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista e integrante do consello de redacción da Revista Cultural Mallas da Area, de Bergantiños. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista do XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Tamén foi finalista nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no de Poesía Gloria Fortes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. En 2023 publicou a súa primeira novela 'Non temerás os coches amarelos', editada en Xerais. Con 'Os peidos máxicos de Sultán', estreouse no ámbito da literatura infantil.

"I'm Obélix", Premio Jules Verne 2024

Pola súa banda, o xurado da XVI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil declarou gañadora por unanimidade á obra titulada 'I'm Obélix', que resultou ser da autora Raquel Fernández Fernández.

O xurado estivo composto por Pedro Rodríguez Villar (periodista e escritor), Ana Domínguez Rodríguez (bookstagrammer en @toxinhobooks), Antela Cid (actriz), Nanda Misa (costurera e contacontos), Giovanna Davila González (mestra) e Ramón Domínguez Veiga (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto. Ao premio presentáronse 34 orixinais.

'I'm Obélix' conta como Isma, un neno de 13 anos, afronta o seu primeiro ano de instituto cun cambio significativo na súa vida: un diagnóstico de TDAH. O que, en principio, parece algo positivo para a familia, xa que chega acompañado de respostas e mesmo de certo alivio, convértese nun drama no ámbito escolar, onde o protagonista se terán que enfrontar ao descoñecemento e á falta de sensibilidade do alumnado e de certo sector do profesorado.

O xurado do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil tamén recomenda a publicación das obras finalistas presentadas baixo as lemas 'Emily' e 'A irmá pequena'.

Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce no sector da restauración como propietaria dun restaurante no Val Miñor. Escribe desde nena e é lectora voraz. Conseguiu máis dunha quincena de premios literarios entre os que destacan o 1º Premio das Mulleres Progresistas de Vigo, (2017 e 2019), o Certame Literario do Concello de Ames (2020, en Poesía e en Narrativa) e o 1º Premio de relatos de igualdade do Concello de Melide (2021) e o 2º Premio Manuel Orestes de Poesía (2021). A súa primeira novela publicada é 'Contas de buxo' (2024).

"Milú e o edificio das persoas extraordinarias", Premio Merlín 2024

Por último, a obra gañadora do XXXIX Premio Merlín de Literatura Infantil é 'Milú e o edificio das persoas extraordinarias', escrita por Abel Tomei. O xurado tamén recomendou a publicación da obra finalista presentada a lema 'Lenda e Noite'.

O jurtado, que realizou o seu veredicto por unanimidade, estaba formado por Alba Blanco Boga (libreira da Libraría Seijas), Miguel García-Fernández (historiador e bookstagramer en @lectureo), Andrea García Martínez (escritora e ilustradora), Laura Romeu (ilustradora e música. Actual presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), Victoria García (mestra e escritora) e Anaír Rodríguez (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto. Ao premio presentáronse 34 obras.

Milú vive coa súa nai na cidade de Parisia, no edificio Lles Marginaux, onde todos os nenos que o habitan posúen un don que os fai extraordinarios. Na mesma cidade tamén hai un grupo de persoas que cre que o país onde viven só perténcelles a elas e que os veciños de Lles Marginaux non forman parte polo simple feito de nacer noutros lugares do mundo. Coa escusa de que o edificio está estartalado, as autoridades mandan un aviso de desaloxo. Con todo, Milú e os outros nenos teñen un plan para tratar de evitalo.

Abel Tomé (Outes, 1984). Estudou xornalismo. Coa súa primeira novela 'A Noite do Corvo' (2018) é finalista no premio Illa Nova de Narrativa, galardón que consegue ao ano seguinte con 'A Noite do Lobo' (2019). Hai uns meses resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros pola terceira parte desta triloxía 'A Noite do Oso'. Ademais, 'Liliam Strawberry e ou paxaro da morte' (Xerais, 2023), foi a súa primeira incursión na literatura infantil, unha obra coa que quedou finalista do Premio Merlín en 2022.

Un total de 103 orixinais

Este ano presentáronse aos premios un total de 103 orixinais, un dos datos de participación máis altos dos últimos anos. Após o proceso de edición do tres obras, Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no mes de outubro, cando os libros estean xa nas librarías. O acto terá lugar o sábado 26 de outubro no Museo Mar de Vigo.

Temas: Editorial Xeraisliteratura galegaVigoXerais
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia
Enfoque

La película de San Simón arrasa en su primera semana con miles de espectadores en Galicia

Es el mejor estreno independiente de la semana en Galicia solo superada por Chainsaw Man - La Película: El arco de Reze

PorUxía Pérez
01/11/2025
'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar
Enfoque

'Sirat', del gallego Oliver Laxe, representará a España en los Oscar

Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia

PorEuropa Press
17/09/2025
Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego
Enfoque

Vigo y San Simón, protagonistas en el próximo gran estreno del cine gallego

La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián

PorCarlos I. Castrillón
16/09/2025
Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año
Enfoque

Vigo presenta al mundo el potencial de Romería, el film que aspira a ser la película del año

El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año

PorCarlos I. Castrillón
27/08/2025
Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad
Enfoque

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

PorCarlos I. Castrillón
06/11/2025

Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X