Alertas
domingo, 14 de agosto 2022
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Matria, de Álvaro Gago, convértese na gran triunfadora do Festival de Cans

Matria, de Álvaro Gago, convértese na gran triunfadora do Festival de Cans
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
27/05/2018

O Festival de Cans entregou hoxe, na gala final do seu día grande, os premios correspondentes á súa 15ª edición. A curta Matria, de Álvaro Gago, acadou tres premios: mellor curtametraxe de ficción, o premio AISGE á mellor interpretación feminina (para Francisca Iglesias) e o premio do xurado dos veciños. Estes galardóns súmanse ao seu xa impresionante percorrido por certames internacionais deste relato dun día na vida de Ramona, unha muller que se refuxia na relación coa súa filla e a súa neta diante do seu duro traballo nunha conserveira e a falta de comunicación co seu marido. Álvaro Gago repite así éxito en Cans, onde xa gañou o premio a mellor curta por Curricán en 2015.

Entre o resto do palmarés destaca o gran nivel da sección de Animación, de onde dúas das películas levaron premios nas categorías xerais: o premio AGAG a mellor guion (Luis Usón por Afterwork) e o da mellor banda sonora orixinal (Raúl Costafreda por Sea). Así e todo, foi El reloj, de Borja Santomé, a que se alzou co premio a mellor curtametraxe animada.

Másnoticias

Deporte, muchas fiestas gastronómicas y verbeneo: 15 planes para el segundo finde de agosto

Deporte, muchas fiestas gastronómicas y verbeneo: 15 planes para el segundo finde de agosto

12/08/2022
O Porriño sacará a concurso la limpieza viaria y desbroce de las parroquias del rural

O Porriño sacará a concurso la limpieza viaria y desbroce de las parroquias del rural

11/08/2022

Europa, de Hugo Amoedo, abriu o palmarés de FuraCans, a nova categoría competitiva do Festival para filmes de non ficción. Completan o palmarés as Also Sisters (Premio CREA á mellor realización), Eloi Sánchez Palau (Premio AISGE á mellor interpretación masculina por Después de la bandera) e dúas mencións especiais dos xurados: A cat in the window, de Félix Brixel (en ficción) e La mujer invisible, de Noemi Chantada.

Palmarés do Festival de Cans 2018

– Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Matria, de Álvaro Gago, “pola súa incontestable contundencia e sensibilidade”.

– Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: El reloj, de Borja Santomé, “polo universo de sensacións que crea”.

– Premio do xurado á mellor curtametraxe de non ficción (FuraCans): Europa, de Hugo Amoedo, “pola súa urxencia de contar, pola necesidade de filmar, pola súa liberdade narrativa e polo seu grao de reflexión formal sobre a linguaxe cinematográfica”.

– Premio do xurado dos veciños e veciñas á mellor curtametraxe: Matria, de Álvaro Gago.

– Premio AISGE do xurado á mellor interpretación masculina: Eloi Sánchez Palau, por Después de la bandera, “por trasladar de forma elocuente o xogo arriscado da película”.

– Premio AISGE do xurado á mellor interpretación feminina: Francisca Iglesias, por Matria, “por conseguir dende a naturalidade unha interpretación excepcional”.

– Premio CREA do xurado á mellor realización: Miriam Albert Sobrino e Sonia Albert Sobrino (Also Sisters) por The Film Machine, “por xogar habilmente coa linguaxe cinematográfica”.

– Premio AGAG do xurado ao mellor guion: Luis Usón por Afterwork, “por mostrar de forma brillante unha realidade contemporánea pervertendo clásicos da animación”.

– Premio do xurado á mellor banda sonora: Raúl Costafreda por Sea, “por mergullarnos no seu mar de area”.

– Premio do xurado ao mellor videoclip: “Omertá”, de Gero Costas para BALA, “por plasmar o espírito do grupo, integrando a imaxe e a canción, transmitindo moita forza, enerxía e visceralidade a través dun estilo directo”.

– Premio do público ao mellor videoclip: “Sobre el mismo alambre”, de Miryam Pato para Silvia Penide con Eladio Santos.

– Premio da Can Parade: Jessica Ramilo, “Jess”.

– Mención especial do xurado de ficción: A Cat in the Window, de Félix Brixel, “por mostrar con sinxeleza o complexo”.

– Mención especial do xurado FuraCans (non ficción): La mujer invisible, de Noemi Chantada, “por poñer voz e rostro ao que está na sombra e por subliñar o xesto político inherente á creación cinematográfica”.

Temas: A LouriñaCineFestival de CansFestival de Cans 2018O Porriño
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis
Exposiciones

Llega la Noite Branca de Vigo con conciertos en la terraza del Verbum, talleres y museos gratis

...

PorÁngel Vila
02/08/2022
Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”
Gafapasta

Tanxugueiras lanza o seu novo disco, “Diluvio”, horas antes de actuar en Castrelos: “Agora todo cobra sentido”

...

PorMetropolitano
29/07/2022
La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral
Gafapasta

La magia del arte urbano “recupera” para Vigo el tranvía y la fábrica de Santa Clara en Cabral

...

PorCarlos I. Castrillón
11/07/2022
A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego
Gafapasta

A RAG dedicaralle o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego

...

PorMetropolitano
09/07/2022
La UVigo repartirá 45.000€ en becas a los mejores estudiantes
Enfoque

Dous profesores da UVigo, nominados aos Premios Educa a Mellor Docente de España

PorMetropolitano
04/08/2022

Os docentes da UVigo María Asunción Lorenzo Rial e Javier Martínez Torres optan ao galardón de mellores profesores de España

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

agosto de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X