O pasado 15 de marzo Netflix anunciou que unha parte do seu catálogo estará dispoñible en galego, con dobraxes e subtítulos, ao longo do 2022. Este xoves, A Mesa pola Normalización Lingüística confirmou, a través dunha publicación nas súas redes sociais, que a plataforma de streaming estreará a película “The Sea Beast” dobrada ao galego, converténdose así no primeiro filme infantil dobrado na nosa lingua.
A Mesa pola Normalización Lingüística, a asociación que traballa pola normalización do galego, tamén fixo público o tráiler da película en galego, "onde se detectan algúns erros fonéticos". Razón pola que piden a Netflix que "teñan en conta a calidade lingüística das dobraxes", por unha "ficción de calidade".
“The Sea Beast” é unha película animada estadounidense, dirixida e guionizada por Chris Williams, o cineasta coñecido por grandes éxitos como “Vaiana” ou “Big Hero 6”, película galardoada cun Oscar á Mellor Longametraxe de Animación no ano 2015. O novo filme de Chris Williams, que tamén estará dispoñible en galego, conta a historia de Jabob Holland, un gran cazador de monstros mariños que coñece á pequena polizona Maise Brumble, cando se cola no seu lendario navío. Xuntos emprenden unha viaxe de aventuras que revolucionará a vida do cazador.
Esta nova película de animación tamén estará dobrada ao éuscaro e ao catalán e estrearase na plataforma o próximo 8 de xullo. Tendo en conta o acordo entre a Xunta de Galicia e a plataforma Netflix, nos próximos meses deberían acadarse arredor de 70 películas e series, nas tres linguas cooficiais, que suporán un total de 600 horas de contido internacional subtitulado e unhas 60 horas de contido para público infantil e familiar dobradas, onde se enmarcaría “The Sea Beast”. Desta maneira, en galego figurarían unhas 200 horas de subtítulos e 20 de dobraxe.
As outras propostas que se esperan que estean dispoñibles en galego próximamente serán “Emily in Paris” ou estreas como “The Mother”, “Garra”, “Sandman” ou a versión de “Pinocho” que Guillermo del Toro estreará na plataforma a finais de ano.
▶️ Aquí che deixamos o trailer deste filme dobrado ao galego, onde se detectan algúns erros fonéticos.
Por esta razón poñerémonos en contacto con @NetflixES para que teñan en conta a calidade lingüística das dobraxes.
‼️ Queremos ficción de calidade. pic.twitter.com/LHauX35l2n
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) March 31, 2022
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL