O Bloque Nacionalista Galego cualificou de “tomadura de pelo” a anunciada reapertura do espazo xuvenil VigoSónico, que o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, prometeu realizar antes de finalizar o mes de febreiro. A fronte nacionalista denuncia ademais a opacidade do Goberno municipal após non dar explicacións sobre as condicións nas que vai funcionar o espazo e negarlles o acceso a varios expedientes municipais relacionados.
“Estamos diante dunha inaceptábel tomadura de pelo por parte de Caballero aos grupos musicais da cidade e ao conxunto da mocidade de viguesa”, valorizou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, facéndose eco da denuncia da plataforma Grupos en Loita, na que facían público que desde a Concellaría de Xuventude lles viñan de trasladar que non se ía reiniciar a actividade dos locais de ensaio polo momento.
Para Igrexas, esta situación deixa en evidencia a “nefasta xestión da concellaría de Xuventude”, dirixida formalmente por Carmen Lago. “É inaceptábel que case dous anos despois o Vigosónico continúe clausurado e o único que se lles ocorra para simular a súa repaertura sexa un convenio coa fundación Paideia para unhas poucas sesións de coaching musical”, reprochou. “Non sabemos se é que a concelleira non sabe o que facía VigoSónico, se é que sabe onde está, ou era simplemente un truco para tentar gañar tempo diante das protestas dos grupos”, afirmou.
O portavoz municipal nacionalista demandou formalmente o pasado 8 de marzo, a través dun escrito no rexistro xeral do Pleno dirixido ao alcalde, que se desen explicacións detalladas sobre en que condicións se ía realizar a anunciada reapertura, pedindo expresamente que se aclarase se se ían prestar os mesmos servizos que viña ofrecendo o Vigosónico até a súa clausura en marzo de 2020 e que se sinalase que persoal ía asumir a súa xestión, despois de que o Goberno local decidise, en decembro de 2020, non formalizar a adxudicación da contratación da xestión do espazo.
Nese mesmo escrito, Igrexas, solicitaba ter acceso a un total de 9 expedientes municipais referidos ao VigoSónico e aos supostos informes técnicos encargados polo Goberno municipal a respeito das condicións para a súa reapertura. No entanto, transcorridos o duplo do prazo fixado polo Regulamento Orgánico do Pleno (que no seu artigo 9.4 fixa 5 días naturais) inda non se lle facilitou a documentación. Motivo polo que o pasado venres 18 o edil nacionalista rexistraba un segundo escrito reiterando a solicitude e advertindo expresamente de que se estaba a vulnerar o seu dereito á información para o efectivo exercicio efectivo das atribucións que legalmente lle corresponden como concelleiro.
O BNG tamén interpelou o Goberno local na Comisión Informativa de Xuventude, celebrada o pasado mércores 16 de febreiro, preguntando expresamente “En que condicións de servizo se vai producir a reapertura do espazo xuvenil VigoSónico, anunciada para finais do presente mes, e que persoal vai asumir a súa xestión?”, sen obter resposta ningunha.
“O Goberno de Abel Caballero tenta cubrir a súa pésima xestión no VigoSónico cun manto de opacidade negando o dereito que temos a coñecer os expedientes municipais e sen dar ningunha explicación. É un verdadeiro escándalo. Que se deixen de contos e propaganda e reabran o VigoSónico xa”, esixiu Igrexas.
La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
Trátase da primeira publicación que incorpora fotografías das diferentes especies
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL