Nunha fin de semana marcada polo temporal Filomena, con fortes nevaradas no centro e leste da Península e a consecuente caída da asistencia aos cines no territorio estatal, a película "Ons", que se exhibe con 12 copias en cidades galegas, colocouse no top 20 de recaudación en cinemas e logrou unha media de 75 espectadores por pantalla, a mellor de toda España.
Na súa cuarta fin de semana en carteleira, a longametraxe dirixida por Alfonso Zarauza logrou aumentar un 96% a súa recadación con respecto á semana anterior, grazas a que se incorporou a novas pantallas nas cidades de Ourense e en Pontevedra, e tamén ao Cine Teatro Salesianos de Vigo, onde foi a película máis vista dos últimos meses. No último pase deste domingo neste cine de Vigo, que presentaron o director de Ons e un dos seus actores protagonistas, Antonio Durán ‘Morris’, esgotáronse as entradas e quedaron ducias de espectadores fóra. O Cine Teatro Salesianos informa de que en breve programará un novo pase da película presentado polo seu equipo.
Estreado o 18 de decembro, vai camiño dos 5.000 espectadores en Galicia nun momento no que a Covid impón restricións de aforamento e confinamentos perimetrais nas cidades. O seu director, Alfonso Zarauza, mostrábase onte en Vigo “moi emocionado e agradecido pola cálida acollida do público, que non cesa de recomendar o filme”, algo que espera que logre mantelo nas carteleiras durante varias semanas máis. Neste momento Ons está dispoñible nos cinemas das sete cidades galegas, xunto co Barco de Valdeorras, onde este luns ten a súa última proxección.
O filme, coproducido con Portugal e ambientado na Illa de Ons, é un drama emocional con toques de misterio protagonizado por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’. Interpretan un matrimonio en crise, que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons e que cruza o seu destino co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias.
Trátase da quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, un dos cineastas galegos máis sólidos e experimentados, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). Ons está coproducida por Maruxiña Film Company (Galicia) e Bando à Parte (Portugal) e conta coa participación da Televisión de Galicia (TVG) e da Rádio e Televisão de Portugal (RTP), con subvención de Agadic e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York
La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine
El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía
O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL