“O que arde”, camiño de facer historia no cinema galego con catro nominacións aos Goya

O sector audiovisual está de noraboa en Galicia. As nominacións dos Premios Goya traen boas novas aos creadores e intérpretes galegos con até oito nominacións na 34º edición dos premios máis importantes para o cinema español. “O que arde”, o filme de Oliver Laxe que está a romper todas as fronteiras, destaca con catro nominacións.

¿NO TIENES EL SERVICIO DE ALERTAS DE WHATSAPP?
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo.

Darme de alta <> Quiero saber más

Laxe vai camiño de facer historia para o cinema feito en Galicia e en galego optando a gañar o premio a mellor película, mellor dirección, mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor dirección de fotografía (Mauro Herce). “O que arde”, que contou co apoio da Agadic e TVG, logrou o premio do xurado na sección “Un certain regard” do Festival de Cannes. É ademais o filme en galego máis con maior recadación e asistencia de público da historia.

Pola súa parte a longametraxe “Quien a hierro mata”, thriller sobre narcotráfico da produtora coruñesa Vaca Films, opta a mellor actor protagonista con Luis Tosar, mellor actor revelación con Enric Auquer, e mellor sonido co vigués David Machado xunto a Gabriel Gutiérrez e Yasmina Praderas.

O vigués Santi Prego poder gañar un “cabezón” ao mellor actor revelación grazas a súa interpretación do dictador Francisco Franco en “Mientras dure la guerra” de Alejandro Amenábar.

Por último, a peza de denuncia contra o maltrato animal “Homomaquia”, do lucense David Fidalgo, opta á mellor curta de animación namentres que Eligio Rodríguez Montero podería gañar o Goya á mellor guión adaptado por “Buñuel, en el laberinto de las tortugas”.

A gala, que se celebrará o 25 de xaneiro en Málaga, volverá a ser presentada por Andreu Buenafuente e Silvia Abril. As grandes favoritas son “Mientras dure la guerra” (Alejandro Amenábar) con 17 nominacións, “Dolor y gloria” (Pedro Almodóvar) con 16 e “La trinchera infinita” (José Mari Goenaga, Jon Garaño e Aitor Arregi) con 15.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*