O Concello de Nigrán e o cineclub Val Miñor-Alice Guy trasladan a súa actividade ao exterior e ofrecen os vindeiros tres luns o seu primeiro ciclo de cinema ao aire libre ás 22:30 horas na Praza do Concello.
As proxeccións comezarán este luns 13 de xullo coa película do galego Oliver Laxe ‘O que arde’, premio do xurado en Cannes (2019) e mellor fotografía e actriz revelación nos Goya. O filme preséntanos a Amador, a quen ninguén espera cando sae do cárcere tras cumprir condea por ter provocado un incendio. Regresa a súa casa, unha aldea das montañas lucenses, onde voltará a convivir, ao ritmo sosegado da natureza, coa súa nai, Benedicta, a súa cadela e ás súas tres vacas.
O seguinte luns, 20 de xullo, proxectarase a película de Charles Chaplin ‘La Quimera del Oro’ coa gran particularidade de que a banda sonora estará musicada en directo polo guitarrista nigranés Felipe Villar, director do Nigranjazz que, precisamente, da comeza nesa semana. Este filme está considerado como la comedia más perfecta de Chaplin. En 1925, na súa estrea en Berlín, a ovación do público asistente ao finalizar foi tan grande que volveron a poñela desde o principio.
Para finalizar, o luns 3 de agosto, será a quenda de ‘La playa de los ahogados’, longametraxe de Gerardo Herrero baseada no libro do vigués Domingo Villar e que ten moita vinculación con Nigrán ao desenvolverse boa parte da trama (da novela e da película) no municipio.
Todavía tienes varias oportunidades para disfrutar en Vigo de las películas ganadoras de las principales categorías de los Oscar
Dos de los cortos premiados en el Galician Freaky Film Festival de Vigo en 2024 lucharán ahora por triunfar en los Oscars
Asi é o calendario da Área de Normalización Lingüística para o 2025 deseñado polo humorista gráfico Luis Davila
Los Premios Feroz traerán a Pontevedra este mes de diciembre a Rodrigo Cortés, Sorogoyen y los hermanos Sánchez-Cabezudo
O mércores haberá en Vigo, no edificio Redeiras, un Obradoiro dirixido a docentes de ensino primario e secundario
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL