O festival Sinsal segue a desvelar, paseniño, algunhas das actividades que conformarán a programación paralela do evento, que terá lugar do 21 ao 23 de xullo na Illa de San Simón. Na tarde da primeira xornada, a do venres 21, o festival acollerá a preestrea do documental de realidade virtual Road to Meta-Stage: The Documentary, unha creación que narra a historia dun dos primeiros escenarios virtuais do mundo e que, precisamente, recolle concertos do Sinsal na illa de San Simón gravados na última década polo equipo de Liveforevr!, que impulsa o enxeñeiro audiovisual Toño Cabanelas.
Road to Meta-Stage: The Documentary é un proxecto que Cabanelas desenvolveu, principalmente, en San Simón xunto co festival Sinsal e numerosos artistas e investigadores a través de distintos programas de residencia artística que se fixeron desde 2013 na illa. Trátase dunha iniciativa pioneira creada para as e os amantes da música e que se integra cos formatos e linguaxes máis populares entre as novas xeracións, como poden ser os videoxogos, a realidade virtual ou mesmo o streaming. Así, o documental combina imaxes animadas en 3D con contornas que mergullan ao público na experiencia e concertos ao vivo gravados en 3D en San Simón, durante a celebración do festival Sinsal, achegando ademais unha ampla variedade de efectos envolventes para a espectadora ou espectador, como é o son espacial 3D e os efectos visuais en tempo real.
A proxección de Road to Meta-Stage: The Documentary no marco do festival Sinsal realizarase nun formato innovador, nomeado Theater VR, que permite que varias persoas poidan experimentar, á vez, contidos inmersivos, a través da sincronización de varias lentes de realidade virtual. Deste xeito, o público que visite a capela de San Simón entre as 16:00 e as 21:00 horas do venres 21, gozará en grupo do mesmo contido ao mesmo tempo, facendo de cada sesión un momento único. O acceso será de balde e persoal do festival acompañará a cada grupo durante a proxección.
O documental forma parte do proxecto Road to meta-stage: a Web3 Training For Music Industry, unha iniciativa pioneira e integral impulsada por Liveforevr! que aborda o futuro da industria musical a través de videotutoriais ou ebooks, e que trata cuestións como a realidade extendida (XR), a intelixencia artificial (AI), o blockchain ou mesmo o audio 3D. Liderada polo experto en artes dixitais e computación Toño Cabanelas, a proposta foi recoñecida recentemente na convocatoria MusicAIRE do programa Europa Creativa + Music Moves Europe, e que pretende fomentar a innovación e a sostibilidade na industria musical europea.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL