A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, vén de decidir as datas nas que terá lugar a XVIII edición do Festival de Cans, que neste 2021 volverá celebrarse na primeira semana do mes de setembro, en concreto entre o mércores 1 e o sábado 4.
A organización apostou por repetir este ano unhas datas semellantes ás da pasada edición, e non retornar por agora ás súas datas orixinais de maio. A idea da organización é actuar "con prudencia" nos vindeiros meses, agardando a evolución da pandemia, mentres se asenta o proceso de vacinación da poboación. Desde a Asociación Arela, xa se foi comunicando esta data nas últimas semanas ós principais patrocinadores, institucións, e sobre todo ás veciñas e veciños que colaboran habitualmente co festival, ós que agradece o seu apoio incondicional en todo momento.
O pasado ano, arredor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estrictas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en streaming das principais actividades, que acadaron a extraordinaria cifra de máis de 3.000 espectadores complementarios, que poideron seguir o festival desde as súas casas.
Ademais, prevéronsen medidas como trazar un “escudo protector” sobre as persoas maiores da aldea e diminuir tamén o número de jalpóns, xunto cunha redución do aforo. Mesmo nestas circunstancias excepcionais, o festival discurriu con total normalidade, e desde a organización agárdase que a situación sanitaria poida mellorar ó longo dos próximos meses. Partindo da experiencia adquirida o pasado ano, a organización garante que traballará con prudencia e coa máxima responsabilidade.
Nos vindeiros días, o festival comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso e os prazos marcados. Varias son as novidades que se aplicarán con respecto a edicións anteriores.
Es el mejor estreno independiente de la semana en Galicia solo superada por Chainsaw Man - La Película: El arco de Reze
Ahora, 'Sirat' inicia su camino para el Oscar esperando a conocer si entra en el primer corte de la Academia
La película "San Simón", rodada en la isla y también en la ETEA, presenta su tráiler antes de su estreno en el Festival de San Sebastián
El Auditorio Mar de Vigo acoge la presentación del preestreno de "Romería", la película de Carla Simón, una de las más esperadas del año
El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL