Coa inauguración da rúa efémera Chano Piñeiro comeza ás 10.30 horas de mañá mércores a primeira xornada da décimo sétima edición do Festival de Cans. O certame estará este ano marcado pola redución de aforos e máis as esixentes medidas de prevención para garantir a seguridade dos veciños, o público, e o esquipo do Festival. Entre a mañá deste mércores, 2 de setembro, e a noite do vindeiro sábado, día 6, pasarán por Cans 25 curtametraxes e 15 videoclips a concurso. Ademais, proxectaranse 3 longametraxes e haberá coloquios e encontros con profesionais do sector audiovisual e do cinema coma Óliver Laxe, Paula Cons, ou a actriz revelación do último ano, a galega Benedicta Sánchez.
Na inauguración da rúa efémera Chano Piñeiro participarán a actriz Uxía Blanco, quen lle deu vida na pantalla á inmortal ‘Xonxa’, e a viúva de Chano, Mari Luz Montes. Tamén estará presente, en representación da Xunta de Galicia, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Logo, ás 11 horas, celebrarse no Baixo de Carlos o coloquio “Chano Piñeiro, descubridor de actrices e actores”. Participan Uxía Blanco, Mari Luz Montes; e máis o actor Miquel Insua, quen protagonizara a “Birutas” en Sempre Xonxa. A participación de Insua será por video-conferencia. Evítase deste xeito o seu desprazamento na política de redución total de viaxes posta en marcha polo Festival entre as súas medidas de prevención de riscos asociados á Covid19. O coloquio modérao a xornalista e guionista Ana Cermeño e será ás 11.00 horas no Baixo de Carlos. O aforo é moi reducido: só poderán acceder 25 persoas que tiveron que inscribirse nos últimos a través da páxina web do Festival.
Con esta actividade inícianse os Encontros AISGE, promovidos pola Fundación homónima, que traballa na defensa dos dereitos de actrices e actores e na visibilización dos seus retos coma colectivo.
Despois do coloquio proxectarase o filme de Chano Piñeiro Mamasunción, nun pase antecedido pola intervención de Pedro Sancho. quen desenvolveu un proxecto académico de investigación titulado "Chano Piñeiro. Do guión literario á imaxe audiovisual. O proceso de creación e produción da súa obra audiovisual a través da curtametraxe Mamasunción". Sancho prepara un libro sobre a película a partir deste traballo.
Inmediatamente despois –ás 12.30 horas, tamén no Baixo de Carlos- chega a masterclass “Subtitulado e accesibilidade”. Nela, o profesor Pablo Romero-Fresco e o cineasta Alfonso Zarauza ofrecerán novas lecturas sobre o proceso do subtitulado. Farano a partir do caso da última cinta de Zarauza, Ons. O equipo da película planificou o subtitulado cando deseñou a rodaxe. Zarauza contará a experiencia. O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, actúa coma moderador.
Na tarde comeza a sección oficial do Festival, a competición entre as curtametraxes. E comeza polos autores e autoras máis novas, os que participan na sección Novas Camadas, que este ano por primeira vez outorga o Premio Deleite. Ás 16.30h, representantes das curtas a concurso en Novas Camadas participarán nun encontro público no Parque do Río. Unha hora despois -17.30 horas-, exhíbense as cinco películas a concurso. Dúas delas son estreas absolutas.
Coa descuberta do traxe do Can -20 horas, rotonda do Can-, comeza o prmeiro serán do Festival de Cans 2020. Precederá á colocación da distinción, no Muro do Chimpíns, coa que o Festival de Cans homeaxea este ano á veciña e enfermeira Merchi Sánchez -20.30 horas-. Con esta distinción, ponse en valor o traballo de Sánchez, quen ideou a creación, hai xa 8 anos, do servizo médico do Festival, Traballa coma voluntaria nun equipo que ela organiza e coordena cada ano sen aforrar esforzos nin compromiso.
A homeaxe dará paso a unha das actividades desta edición do certame máis esperadas na aldea: a Noite dos Veciños coa presentación do documental A Canteira de Cans. Será no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río a partir das 21 horas. Coordinado por Juanma Lodo, do proxecto Cans 303, o documental recupera a memoria da canteira de Cans, un lugar esquecido do que non queda máis que un buraco no monte na zona coñecida como "A Pedreira". Nel participan veciños e veciñas que contan o que recordan, o que saben, ou o que viviron, da antiga instalación.
Trala exhibición do documental presentarase o xurado das veciñas e os veciños e comezará a actuación do grupo AcordeCans. O Espazo Estrella Galicia da Leira do Río incorpórase dende este ano ao Festival. Dada a súa extensión, permitirá reunir ata a 300 persoas ao aire libre mantendo as necesarias medidas de seguridade. Todas as persoas deberán levar mascarilla todo o tempo e deberán desinfectar as súas mans na entrada. Ademais, só poden entrar as persoas que previamente se rexistraron.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL