A asemblea da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora do Festival de Cans, vén de decidir as datas nas que terá lugar a XVIII edición do Festival de Cans, que neste 2021 volverá celebrarse na primeira semana do mes de setembro, en concreto entre o mércores 1 e o sábado 4.
A organización apostou por repetir este ano unhas datas semellantes ás da pasada edición, e non retornar por agora ás súas datas orixinais de maio. A idea da organización é actuar “con prudencia” nos vindeiros meses, agardando a evolución da pandemia, mentres se asenta o proceso de vacinación da poboación. Desde a Asociación Arela, xa se foi comunicando esta data nas últimas semanas ós principais patrocinadores, institucións, e sobre todo ás veciñas e veciños que colaboran habitualmente co festival, ós que agradece o seu apoio incondicional en todo momento.
O pasado ano, arredor de 3.000 persoas pasaron por Cans no mes de setembro, para participar en todas as actividades do festival, realizado con estrictas medidas de seguridade e de máxima hixiene sanitaria, seguindo todas as normas de distanciamento. O festival optou tamén por vías seguras e alternativas á presenza física, como a retransmisión en streaming das principais actividades, que acadaron a extraordinaria cifra de máis de 3.000 espectadores complementarios, que poideron seguir o festival desde as súas casas.
Ademais, prevéronsen medidas como trazar un “escudo protector” sobre as persoas maiores da aldea e diminuir tamén o número de jalpóns, xunto cunha redución do aforo. Mesmo nestas circunstancias excepcionais, o festival discurriu con total normalidade, e desde a organización agárdase que a situación sanitaria poida mellorar ó longo dos próximos meses. Partindo da experiencia adquirida o pasado ano, a organización garante que traballará con prudencia e coa máxima responsabilidade.
Nos vindeiros días, o festival comunicará as datas estipuladas para o envío de obras a concurso e os prazos marcados. Varias son as novidades que se aplicarán con respecto a edicións anteriores.
agosto de 2022
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Vigo
Vilaboa
Os docentes da UVigo María Asunción Lorenzo Rial e Javier Martínez Torres optan ao galardón de mellores profesores de España
agosto de 2022
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Vigo
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL