As máis de 9.000 persoas que pasaron en Pontevedra polo Culturgal 2021, supuñan unha "oportunidade única" para amosar a capacidade cultural dun concello e Redondela, non desaproveitou a ocasión. O Concello redondelán –única administración que, xunto con Pontevedra, contaba con stand propio– deixou patente o todo seu potencial cultural tanto por cantidade como por calidade dos eventos que, todos os anos, acolle o municipio. “Volvemos a ser un referente na cultura na provincia de Pontevedra”, non dubidou en asegurar a alcaldesa Digna Rivas logo de ser testemuña presencial da magnífica acollida que, na que é a gran feira da cultura de Galicia, tivo o expositor do Concello de Redondela.
Alí estaban, para o que os quixera mercar, CD's de Alberto Vilas ou Efémeras –dous referentes na música dentro e fora das nosas fronteiras– mentres que, de agasallo, as e os visitantes podían levarse discos da Escola de Saxos e un extraordinario recopilatorio de artistas locais realizado pola asociación ArteLixo. Non faltaron os folletos detallados da programación cultural de Outono e Nadal, os que invitaban a facer unha viaxe pola historia de Rande perfectamente explicada no Museo Meirande, ou os que deixaban ao descuberto elementos do patrimonio inmaterial como as Penlas, a Coca ou do patrimonio máis tanxible como o Cemiterio dos Eidos, cargado de historia e beleza arquitectónica recentemente recuperado e posto en valor polo Goberno local.
As e os visitantes tiveron a oportunidade de coñecer eventos que, ano tras ano, colocan a Redondela no mapa da cultura de Galicia e do resto do Estado como é o caso do Festival Internacional de Títeres de Redondela, un referente, como seu propio nome indica, a nivel internacional, ou o ArteLixo, certame que crece de xeito exponencial co paso do tempo.
A concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, que agradecía a colaboración “incondicional” de ArteLixo e Xente Titiriteira, amosou a súa satisfacción “pola enorme acollida que tivo o stand e polo interese que amosaron pola actividade cultural de Redondela todas as persoas que por el pasaron”.
En total máis de 700 persoas solicitaron información da oferta cultural no stand do Concello de Redondela das que, máis de 200, levaron as bolsas con material divulgativo sobre dita oferta. Digna Rivas subliñou que a maioría das persoas que pasaron, residentes na provincia de Pontevedra, “se ben coñecían Redondela e máis dunha vez tiñan visitado a vila e paseado polas súas rúas e prazas, descoñecían a ampla oferta cultural que o municipio ofrecía e que supón, segundo comentaron, un bo motivo para realizar novas visitas”.
Nesta edición de Culturgal quedou claro, afirmou a alcaldesa, “que Redondela posúe unha oferta cultural extraordinaria, non só en canto a cantidade e variedade, senón tamén no que atinxe á fortaleza que lle permitiu sobrevivir pese a complexa situación que, para o mundo da cultura, representou e representa a pandemia da COVID-19”
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
¿Puede la actividad física en entornos forestales ayudar a regular el sistema nerviosos autónomo y tener efectos en estados de estrés?
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL