Alertas
sábado, 21 de mayo 2022
No Result
View All Result
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano.gal
Home Gafapasta

Tanxugueiras crea o himno da diversidade e o amor libre: así soa "Pano Corado"

Tanxugueiras crea o himno da diversidade e o amor libre: así soa "Pano Corado"
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
13/05/2022

Tanxugueiras lanza este venres o seu novo sinxelo, Pano Corado, un himno no que as cantareiras reivindican o amor libre e a diversidade. O tema, que formará parte do seu terceiro disco, xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e acompáñase dun colorido videoclip que se pode ver en Youtube.

Pano Corado nace como unha reivindicación á liberdade e de celebración da diversidade sexual e de xénero. “Queremos normalizar o amor e a vida. Queremos derrubar barreiras. Que cadaquén se sinta libre de amar a quen queira, que cadaquén goce do amor, da vida, de si mesma, da súa sexualidade ou da súa identidade como queira”, apuntan as pandeireteiras, autoras do tema que co-producen xunto a Iago Pico (Pouland Studios).

Másnoticias

El viaje por las Rías Baixas de Tanxugueiras, de Costa da Vela a la Lagoa de Pedras Miúdas

A viaxe polas Rías Baixas de Tanxugueiras, de Costa da Vela á Lagoa de Pedras Miúdas

17/05/2022
Tanxugueiras: a versión positiva de Midas

Tanxugueiras: a versión positiva de Midas

02/04/2022

Tal e como é habitual nos cantos e vídeos das cantareiras, os elementos tradicionais teñen un papel fundamental. Neste caso o pano, unha das pezas centrais do traxe tradicional, é o protagonista, transformado nesta ocasión nun pano con todas as cores. “Arróupame arquiño vello/ arróupame arco corado/ rebenta as vellas cadeas dos amores presidiarios”, claman Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro no seu novo tema, unha rumba na que queren facer unha chiscadela especial “ás persoas LGTBQI+ e ás que non se senten aceptadas por ver ou entender o amor desde unha perspectiva diferente á heteronormativa”. Neste sentido, as pandeireteiras inciden no seu interese de chegar, con esta canción, a todas nenas e nenos que as seguen. “Queremos que saiban e vexan que teñen referentes que as entenden, que as apoian e que celebran a diversidade”, apuntan.

O novo sinxelo acompáñase dun vídeo dirixido por Trece Amarillo (Diego M. Barcia e Diego Santaclara) e producido por PlayPlan (axencia de Tanxugueiras), tándem habitual no desenvolvemento das pezas audiovisuais do grupo e que xa foi recoñecido na última edición dos Premios Mestre Mateo ao Mellor Videoclip por Figa.

O vídeo de Pano Corado, que se rodou este mes de maio nas localidades pontevedresas de Catoira, Marín, Cangas do Morrazo, Moraña e Vigo, ademais de Santiago de Compostela (Cidade da Cultura), visualiza a través das imaxes a propia mensaxe da canción: unha celebración da diversidade, unha festa emotiva, unha disparidade de momentos que dan boa conta da ampla pluralidade de xeitos de amar, expresións de xénero ou mesmo vivencia das relacións en todas as idades e condicións.

Tanxugueiras

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son Tanxugueiras, tres cantareiras para unha nova década, capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos, máis próximos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, a súa contundencia e o seu virtuosismo vocal son os máximos expoñentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.

O trío recolle o legado das pandeireteiras, as mulleres que traballaron por manter viva a música tradicional galega, para revisionalo e lanzarllo de novo ao mundo nunha explosión de modernidade, contando cun estilo épico e unha forza ancestral que xa as fixo triunfar en escenarios de varios países. Aválanas éxitos como Midas, Figa, Averno (colaboración con Rayden) ou Terra, tema co que se alzaron como as favoritas do público no Benidorm Fest. Estes sinxelos, ao igual que Pano Corado, formarán parte do seu novo disco, que verá a luz neste 2022 e que están a presentar co seu potente espectáculo na Xira Midas.

Tags: Tanxugueiras
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

mayo de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Más noticias

O dúo vigués Dioivo pon música metal a Florencio Delgado Gurriarán
Gafapasta

O dúo vigués Dioivo pon música metal a Florencio Delgado Gurriarán

O...

PorMetropolitano
18/05/2022
Denuncian que os museos de Vigo perderon máis de 100.000 visitantes dende 2011
Enfoque

Denuncian que os museos de Vigo perderon máis de 100.000 visitantes dende 2011

O...

PorMetropolitano
18/05/2022
Delgado Gurriarán: de valdeorrés namorado da súa terra a estandarte do exilio cultural galego
Gafapasta

Delgado Gurriarán: de valdeorrés namorado da súa terra a estandarte do exilio cultural galego

Florencio...

PorEuropa Press
17/05/2022
El viaje por las Rías Baixas de Tanxugueiras, de Costa da Vela a la Lagoa de Pedras Miúdas
Gafapasta

A viaxe polas Rías Baixas de Tanxugueiras, de Costa da Vela á Lagoa de Pedras Miúdas

Costa...

PorMetropolitano
17/05/2022
Unha mostra en Vigo percorre a viaxe dos contos infantís a través do tempo e dos países
Exposiciones

Unha mostra en Vigo percorre a viaxe dos contos infantís a través do tempo e dos países

PorMetropolitano
20/05/2022

A exposición, que está na sede da Deputación en Vigo, aborda as cuestións de xénero ou as relacións históricas coloniais nos libros

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

mayo de 2022

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Tomiño

Tui

Vigo

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio

© Hansei Media SL

X