Nun tempo como o actual, no que se debate sobre a presenza das diferentes linguas, acontecen sucesos que abren unha porta a esperanza. A curtametraxe “Para sempre, Malévich” do director e guionista Antón Veiga, ven de gañar o primeiro premio na categoría de curtametraxes de ficción no We Cam Fest, o festival de cinema inclusivo de Colombia. A obra, rodada en galego, adapta parte dos relatos da “Galería de saldos” (Xerais, 2016) do autor galego, Diego Giráldez.
Outras 19 obras competían na mesma categoría, principalmente, en español, neste festival que promove a inclusión das persoas con diversidade funcional, a través do cinema. E, de entre todas elas, a galega foi a considerada como mellor obra do 2020 polo xurado profesional do certame.
‘Para sempre, Malevich’ recolle o relato inicial do libro de Giráldez, no que unha galerista de arte, interpretada por Iria Sobrado, coñece a un marchante de arte cego, intepretado polo actor do grupo Valacar da Once, Felipe Cotelo. A presencia e a naturalidade da relación entre os dous actores, é un dos puntos fortes da obra, para alzarse con este galardón internacional.
A obra é o debut na ficción de Antón Veiga, e tamén do director de fotografía da obra, Mateo Hernández. Unha obra rodada en febreiro de 2020, xusto antes do momento máis duro da pandemia, que freou moitas das posibilidades de dar a coñecer a obra. Rodada únicamente co apoio da productora Elemental Chefs, alzarse cun premio internacional, supón un apoio á lingua galega e ao traballo audiovisual feito dende Galicia.
Veiga e Hernánez continuan a preparar os seus seguintes proxectos, entre os que destacan duas series documentáis: “De letras e Galegas” que recolle unha serie de entrevistas a escritoras en galego; e “Obxetivo en Galicia” que recolle os perfis de cinco profesionáis da fotografía da nosa terra, amosando unha expresión artística non sempre posta en valor.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL