• Incendios Galicia
  • Planazo O Rosal
  • Apertura Vigo
  • Fiesta Gastro Vigo
  • Baños de bosque
  • Planes finde
  • Shopping Night O Porriño
  • Río Verbena Fest
  • Cambio velocidad A-55
  • Brunch Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Unha programación máis dixital para homenaxear a Carvalho Calero o Día das Letras Galegas

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
10/05/2020

Galicia intensifica os seus recursos online para renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero, autor ao que este ano a Real Academia Galega (RAG) lle dedica o 17 de maio, que xa é o homenaxeado máis dixital de todos os que integran a nómina do Día Grande das Letras Galegas. O impacto derivado da COVID19 propicia que as ferramentas e materiais conmemorativos deseñados pola Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coas numerosas empresas, entidades e institucións que participan na Programación Conmemorativa das Letras Galegas 2020 gañen espazo en Internet e nas redes sociais. O Portal da Lingua Galega ofrece en aberto para a súa consulta e descarga de balde numerosos materiais aos que irá sumando outros durante os vindeiros días.

Entre eles, atópase o web Carvalho Calero 2020, impulsado pola Agal en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística do Goberno galego, no que se ofrece cumprida información sobre a biografía e obra do autor, así como o acceso a recursos dixitais deseñados tamén no marco desta colaboración, como unidades didácticas para o ensino primario e secundario, ou referencias ás edicións bibliográficas conmemorativas, fotografías que ilustran a súa vida e traxectoria e descarga da imaxe icónica orixinal, especialmente deseñada para a celebración deste Ano Carvalho Calero 2020 que a entidade e a Xunta poñen a disposición de toda a cidadanía.

Másnoticias

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

20/06/2025
El grupo Tanxugueiras actúa durante el pleno extraordinario de la Real Academia Galega, en el Centro Cívico Cultural de Malpica de Bergantiños, a 17 de mayo de 2025,(Foto: Europa Press)

La escritora y periodista viguesa Begoña Caamaño, candidata para el Día das Letras 2026

12/06/2025

Desde este web e tamén desde o Portal da Lingua Galega poderanse ver e descargar desde a semana vindeira e en formato dixital os materiais –paneis e folleto– que configuran o proxecto expositivo A voz presente, promovido pola Agal en colaboración coa Xunta de Galicia e baixo xestión e produción de Ouvirmos, para difundir a dimensión artística, humana e lingüística de Ricardo Carvalho Calero e poñer en valor e resituar a súa figura e o seu legado. Unha exposición que iniciará, ata decembro, a itinerancia en diferentes puntos de Galicia e no Concelho de Viana do Castelo (Portugal) en canto as restricións da Covid-19 o permitan.

Outro web, carballocaleroenlugo.org, feito polo Colectivo Egeria en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e do Colexio Fingoi, homenaxea e divulga a figura do autor e a súa estadía na Cidade da Muralla entre 1950 e 1965 coa exposición Don Ricardo de Fingoi, desde agora tamén en formato dixital para superar as barreiras impostas pola Covid-19 ata poder continuar a súa itinerancia por diferentes espazos expositivos de Galicia. Tamén o portal institucional da RAG ofrece unha entrega diaria da serie Unha palabra para don Ricardo, un conxunto de minipezas audiovisuais arredor da figura de Carvalho Calero a través desta canle e das redes da institución, coa colaboración do Executivo autonómico, e que tamén serán difundidas pola CRTVG.

Para alén disto, o Portal da Lingua Galega loce xa desde febreiro unha das fotografías máis representativas do 2020, a de Carvalho Calero na compostelá Praza da Quintana, tirada por Moncho Rama. A ela hanse sumar estes días o xogo de seis caricaturas de Siro que Política Lingüística porá tamén a disposición de toda a cidadanía, a serie de seis vídeos de divulgación arredor da figura do ferrolán feitas por Xan Leira e Acuarela Comunicación e o novo libro Ricardo Carvalho Calero da colección As miñas primeiras Letras Galegas impulsada por Edicións Bolanda en colaboración coa Xunta.

Coincidindo co 17 de maio, o Foro Enrique Peinador e a Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE), en colaboración Política Lingüística, inundan de novo as redes co cancelo #etiquetadosengalego, lema da campaña Valoremos o noso. Con acento propio, dirixida tanto a empresariado como a consumidores e orientada a poñer en valor o produto etiquetado na nosa lingua e mais o seu consumo.

Certames, festivais e citas na rede

No marco da programación conmemorativa, os departamentos de Política Lingüística e Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta estrean o novo certame Lingua de rapear, para apoiar a creatividade e dinamizar a lingua nos usos e espazos de interese para a mocidade. Daranse a coñecer as bases e os premios nos vindeiros días.

Máis certames xa en marcha para conmemorar as letras, honrar a don Ricardo e dinamizar o galego son os que acaba de poñer en marca Feiraco coa colaboración da Consellería: IX Certame de Relatos Breves Feiraco, inspirados na frase Á sombra daquel carballo centenario... e I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As bases, prazos de participación e premios xa figuran nas redes sociais da cooperativa agrogandeira galega.

E os festivais tamén toman as redes para festexar a lingua galega e homenaxear a Carvalho desde o exterior, como o coñecido Festival Internacional Kerouac Poesía e Performance, que organiza un encontro dixital a través da plataforma Zoom que será retransmitido por Facebook e YouTube Live o mesmo 17 de maio, ás 18:00 horas. Presentado por Marcos de la Fuente, convida a artistas galegos e representantes do mundo da cultura en Estados Unidos a sumarse á celebración das Letras Galegas.

‘Vai de Letras’

A Consellería do Mar, pola súa banda, realizará dentro da campaña Vai de Peixe, de promoción do consumo de produtos do mar entre os millennials galegos, un concurso de relatos curtos en galego baixo o nome de Vai de Letras. Esta acción está dirixida ás mozas e mozos de entre 18 e 35 residentes en Galicia e para participar nela deberán completar este texto de inicio -“Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero...”- cunha proposta de non máis de 150 palabras, a maiores do texto de inicio, ao que poderán acceder a través das redes sociais e da web de Vai de Peixe.

Os relatos deberán estar escritos en lingua galega e xirar arredor da temática desta campaña. O prazo de participación comezará ás 13:00 horas do vindeiro 13 de maio e rematará o día 28. Na selección do gañador valorarase a orixinalidade, calidade lingüística e de redacción e a aproximación á temática. A persoa premiada recibirá un lote de libros e un teléfono móbil intelixente. Todos os detalles do concurso poden consultarse nas bases legais de Vai de Letras, no web https://vaidepeixe.xunta.gal.

Maio e outubro, meses das Letras Galegas 2020

Deste xeito, debido ás restricións derivadas da COVID19, boa parte das iniciativas previstas no marco da Programación Conmemorativa das Letras Galegas 2020 presentada no mes de febreiro adquiren dimensión virtual para celebrar o 17 de maio desde Internet. Con todo, moitas outras citas adíanse ata o mes de outubro, de acordo coa decisión da RAG de fixar os actos previstos para o 31 dese mes, o que propiciará que o ano 2020 conte, excepcionalmente, con dous meses nos que celebrar as Letras.

Temas: Día das Letras GalegasLetras Galegas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X