• Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • Hito en el Cunqueiro
  • Nuevo restaurante Vigo
  • Conciertos Peregrina
  • Castrelos
  • Rutas barco Rías Baixas
  • Fiestas de Bouzas
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Vigo dedicará unha rúa a Xela Arias, a viguesa de adopción homenaxeada nas Letras Galegas

A Real Academia Galega dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaPorÁngel Vila
29/04/2021

Vigo rendirá tributo a poeta galega falecida repentinamente aos 41 anos en 2003 e homenaxeada nas Letras Galegas deste ano. "Xela Arias terá unha rúa en Vigo", anunciou esta mañá o rexedor vigués, Abel Caballero, despois de destacar a relevancia dunha escritora que, ainda que non naceu na cidade, viviu en Vigo dende a súa infancia para desenvolver a súa obra literaria e a súa vida. "A cidade conformou a súa personalidade, non só a súa obra", explica a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, para afondar na pegada en Arias do "Vigo proletario que sae na defensa das clases populares, o Vigo da Movida ou Vigo deitado fronte ao mar".

O alcalde fixo o anuncio durante a presentación do concerto central do Consello da Cultura Galega con motivo da celebración das Letras na cidade de Vigo. A cita, de balde, terá lugar o 16 de maio ás 20:00 horas e será de balde. A cita xuntará a experimentación musical de Laura LaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias. As invitacións poderanse obter a través da web Teuticket.

Másnoticias

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días

Llega al centro de Vigo un súper con "horarios extendidos" que abrirá todos los días

20/07/2026
Pasión por Chayanne en Vigo, ¡ya hay colas para conseguir entradas para su concierto en Castrelos!

Pasión por Chayanne en Vigo, ¡ya hay colas para conseguir entradas para su concierto en Castrelos!

20/07/2026

Xela Arias concibía a poesía como un xeito de indagar e cuestionar a orde das cousas, de describir o que se aprende a ocultar. A pescuda do eu fonda e reflexiva, a afirmación do corpo feminino, a perspectiva de xénero e a procura de novos espazos para a poesía mediante a recitación ou o diálogo coa fotografía, a música e a pintura, son algúns dos trazos destacados da súa voz como creadora, que anticipou nos anos 80 do século pasado moitos temas e características formais da poesía galega da década seguinte.

Os primeiros versos que Xela Arias publicou viñeron a lume en distintas revistas e xornais dende os primeiros anos 80. En 1986 foi finalista do premio Losada Diéguez co seu primeiro libro, Denuncia do equilibrio. Cunha linguaxe rupturista, o poemario anticipa liñas da poesía dos 90 e expón unha imaxinaría construída a través da incerteza, tomando a violencia e a animalidade como eixes. En 1990 saíu do prelo Tigres coma cabalos, volume no que os versos e a fotografía se fusionan a través de vinte e catro poemas acompañados doutras tantas imaxes, a maioría de corpos espidos, entre eles o da propia autora. No seu terceiro poemario, Darío a diario (1996), dedicado ao seu fillo, abordou a maternidade dende unha ollada afastada do tratamento tradicional. En 2003 chegou o seu derradeiro libro, Intempériome, un chanzo máis na súa exploración para converter a desobediencia e a transgresión en palabra poética. Todos estes volumes, e mais sesenta e dous poemas publicados en revistas e obras colectivas, foron recompilados en Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004) (2018), edición a cargo da profesora e crítica literaria María Xesús Nogueira.

A elección de Xela Arias como protagonista das Letras Galegas 2021 recoñece igualmente a dimensión pública e comprometida da vida e da obra da autora. Prestou a súa voz en mobilizacións cívicas -coma as que se produciron tras a marea negra do Prestige- e tomou sempre posición a favor da lingua galega, non só como poeta. Como parte do equipo de Edicións Xerais, onde traballou dende 1980 a 1996, contribuíu ao proceso de fixación da norma do galego. Fíxoo como correctora de estilo e editora, e tamén ao iniciar nos anos 80 un labor pioneiro no mundo da tradución, un eido poucas veces recoñecido, pero que en 2021 tamén será homenaxeado na súa figura.

Entre outros títulos, verteu ao galego dende o inglés, o italiano, o portugués ou o castelán autores e autoras como Bram Stoker (Drácula), Roald Dahl (As bruxas), Angela Carter (Venus negra), Gianni Rodari (Contos ó teléfono), Carlos Oroza (Caballum) ou Jorge Amado (O Gato Gaiado e a Andoriña Señá: Unha Historia de Amor); e formou parte dos equipos que trouxeron á nosa lingua o Quixote de Cervantes ou Dublineses de James Joyce. A súa tradución de Amor de Perdición (1986) de Camilo Castelo Branco foi merecente do Premio de Traduçao da Língua Portuguesa; o seu O derradeiro dos mohicanos (1993) de James Fenimore Cooper foi recoñecido co Premio Ramón Cabanillas de Tradución; e foi galardoada postumamente co Premio de Tradución Plácido Castro (2004) por O Spleen de París de Charles Baudelaire.

Nos últimos anos da súa vida, tras se licenciar en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa, Xela Arias foi docente nos institutos de Chapela (Redondela), Álvaro Cunqueiro e Valadares II (Vigo), A Sagriña (A Guarda), Terra de Xallas (Santa Comba), Paralaia (Moaña), Valle-Inclán (Pontevedra) e Xelmírez II (Santiago de Compostela).

 

Temas: Abel CaballeroConsello da Cultura GalegaDía das Letras Galegasliteratura galegaVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025
Gafapasta

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025

La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025

PorUxía Pérez
23/06/2026
Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X