O Real Club Náutico de Vigo foi o escenario da presentación da serie galego-portuguesa “Auga seca”, que está a iniciar na comarca viguesa unha rodaxe que se estenderá tamén a Lisboa. A produtora galega Portocabo encabeza esta coprodución xunto á empresa lusa SP-i, para a que conta co apoio económico da Xunta a través do programa de subvencións da Consellería de Cultura e Turismo ao sector audiovisual.
Na presentación estiveron a actriz portuguesa Victoria Guerra e os galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, trío protagonista deste thriller arredor do tráfico de armas e do crime organizado, fortemente conectado á realidade e á época actual. Neste contexto, a historia comeza cando Teresa regresa a Vigo desde Lisboa para pescudar a verdade sobre o suposto suicidio do seu irmán, ao tempo que a investigación policial terá que desentrañar unha rede delituosa acostumada a agocharse baixo unha legalidade aparentemente perfecta.
Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e Joao Arrais tamén forman parte do electo desta nova serie, que contará con seis episodios de 50 minutos cada un. Toño López asuma a dirección baixo a produción executiva de Alfonso Blanco, quen tamén asina o argumento xunto con Pepe Coira, Araceli Gonda, José Rubio, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez. No guión traballan Lidia Fraga, Carlota Dans, José Rubio e Eligio Montero, a dirección de fotografía é de Ricky Morgade, a dirección de arte, de Andrea Pozo, e a música de Elba Fernández e Xavi Font.
Como explicou Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Audiovisuais (Agadic), o proxecto foi adxudicatario en 2017 con 260.000 euros na convocatoria de axudas a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, na modalidade de longametraxes, series e miniseries de televisión. Así o especificou na presentación desta rodaxe, na que interveu xunto ao delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo, e José Amaral, de SP-i, e aos representantes doutras das entidades colaboradoras, como a TVG e a RTP portuguesa, a través das que a serie chegará ao público de ambos países.
O responsable de Agadic sinalou que resulta moi gratificante comprobar como, segundo xa se comprobou no último mercado Mipcom de Cannes, esta coprodución foi medrando en forma e contido nos últimos meses. Así, a alianza entre Portocabo e a recoñecida produtora televisiva lusa SP-i, xunto coa integración da TVG e a RTP, dálle continuidade ao “magnífico modelo de traballo transfronteirizo do exitoso proxecto anterior de Portocabo, Vidalgo Palace, e ao avance das relacións audiovisuais entre Galicia e Portugal” continuou.
Sutil fixo fincapé en que, segundo os datos que manexa a produtora, a rodaxe de “Auga seca” reunirá máis de 150 profesionais, entre técnicos e intérpretes, así como máis de 300 figurantes durante a súa gravación en localizacións moi identificables tanto de Vigo e a súa comarca como de Lisboa.
Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo
El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo
Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño
El escritor vigués publica a finales de mes una nueva novela, "Chantaje". Sigue la trama de Axel, un policía de Vigo, y su compañera Loor
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL