A Real Academia Galega celebrará en Vigo o Día das Letras Galegas de Xela Arias - Metropolitano
domingo, 11 de abril 2021
No Result
View All Result
Metropolitano
Alertas WhatsApp
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
No Result
View All Result
Metropolitano
Portada Gafapasta

A Real Academia Galega celebrará en Vigo o Día das Letras Galegas de Xela Arias

A Real Academia Galega celebrará en Vigo o Día das Letras Galegas de Xela Arias
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
12/03/2021

A Real Academia Galega celebrará o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas dedicado a Xela Arias (1962-2003) en Vigo, a cidade onde a poeta, tradutora e editora viviu dende os sete anos ata o seu pasamento. Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas serán os académicos encargados de profundar nesta sesión na figura e na obra da autora á que a institución lle dedica este ano o 17 de maio. Pero a celebración arrincou xa na Rede e verase reforzada a partir do mes de abril, cando a Academia estreará unha serie documental e mais un espazo de micropezas audiovisuais sobre a autora. Os contidos poderán verse en academia.gal e na canle de Youtube da institución. Tamén está previsto que sexan emitidos pola TVG.

A RAG difundirá os martes, a partir do 6 de abril, cada un dos 6 episodios breves que compoñen a serie documental na que está a producir da man da produtora Miramemira. A proposta profundará en distintos aspectos da obra da escritora, comezando polas súas orixes en Sarria (Lugo) e a súa chegada aos sete anos a Vigo, e como os dous ambientes condicionaron a súa ollada e a súa escrita, de maneira especial a contorna urbana próxima á Movida dos anos 80 do século pasado. A serie deterase, a través de amizades, familiares e distintas voces do mundo da cultura, non só nas contribucións da homenaxeada como escritora, senón tamén como traballadora do sector cultural, xa que Xela Arias foi unha das primeiras profesionais da edición, da corrección e da tradución en Galicia, nunha incipiente industria editorial que tiña como misión normalizar a lingua e fixar a súa normativa.

Tamén a partir da volta da Semana Santa, a RAG difundirá cada día, de mércores a luns, unha micropeza audiovisual que achegará a ollada persoal á figura e á obra de Xela Arias de voces estudosas da súa obra, membros da Academia, compañeiros e compañeiras de xeración, amizades e lectores e lectoras de distintas idades e perfís profesionais.

A programación especial das Letras Galegas da Real Academia Galega arrincou o pasado mes de xaneiro coa posta en marcha da sección dedicada a Xela Arias en academia.gal, un espazo que acubillará os contidos propios sobre a autora e que dará conta doutras iniciativas que promovan o coñecemento do seu legado. Nela están xa dispoñibles a biografía da autora que asina a académica Ana Romaní, novas e entrevistas e a fotogalería de retratos de Xela Arias feitos por Xulio Gil, o fotógrafo co que publicou o poemario Tigres coma cabalos e que foi a súa parella durante anos.

O pasado 2 de marzo, nas vésperas do aniversario de Xela Arias, a Academia presentou a nova edición do proxecto para o público infantil Primavera das Letras no CEIP Sárdoma-Moledo, o colexio onde Xela Arias cursou os estudos primarios dende a súa chegada a Vigo. Dende o sitio web primaveradasletras.gal, a RAG irá publicando ao longo do mes de marzo e abril novas fichas descargables e actividades interactivas. A Academia estivo ademais presente na localidade natal da escritora o 4 de marzo, o día en que faría os 59 anos, e colabora na exposición Aquela nena de Sarria, promovida polo colectivo Egeria. Tras a inauguración na casa da cultura do concello lugués en que Xela Arias naceu e viviu ata os tres anos, a mostra poderá verse noutros puntos de Galicia.

A publicación do texto Muller e literatura, o artigo co que Xela Arias participou en 1991 no “Encontro de escritores galegos e portugueses”, é outra das iniciativas da Real Academia Galega no marco da súa programación especial das Letras Galegas 2021, que se estenderá durante todo o ano. A programación de perfil máis académico chegará no outono co Simposio Xela Arias, un punto de encontro de estudosos e estudosas da obra da autora cuxas achegas serán posteriormente publicadas no Boletín da Real Academia Galega. As sesións serán abertas ao público, se a situación sanitaria o permite, e poderán seguirse tamén en directo a través de academia.gal.

A Real Academia Galega está ademais a colaborar con múltiples iniciativas e propostas de entidades culturais, institucións educativas e o tecido asociativo que celebrarán a obra de Xela Arias ao longo deste ano.

Tags: Día das Letras GalegasLetras GalegasVigo
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?
Snorkel, rafting o kayak: así son las nuevas actividades de la Uvigo abiertas para todos
Deportes

Snorkel, rafting o kayak: así son las nuevas actividades de la Uvigo abiertas para todos

PorMetropolitano
10/04/2021

Será posible realizar una excursión en kayak a San Simón que incluye buceo de superficie para conocer las leyendas de los naufragios de Rande

Más noticias

Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo
Gafapasta

Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo

La actriz viguesa recordó emocionada a su compañero Guillem Jiménez en "Olvido y León", fallecido en el pasado mes de marzo

PorCarlos I. Castrillón
10/04/2021
"Cuñados", o filme con Touriñán e De Lira que opta a ser a comedia española do ano
Gafapasta

"Cuñados", o filme con Touriñán e De Lira que opta a ser a comedia española do ano

A película dirixida por Toño López e producida por Portocabo poderá verse dende este 9 de abril en máis de 120 cinemas de España

PorMetropolitano
09/04/2021
Muere el alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela
Gafapasta

Eterno Xosé Manuel Pazos en Cangas: piden que o Auditorio Municipal leve o seu nome

Un total de 26 asociacións galegas do ámbito cultural e social asinan a petición impulsada pola Mostra de Teatro de Cangas

PorMetropolitano
29/03/2021
Arte con cabeza e con corazón: un debate que se torna en exposición no centro de Vigo
Gafapasta

Arte con cabeza e con corazón: un debate que se torna en exposición no centro de Vigo

A mostra está composta por 16 traballos conxuntos do alumnado e profesorado da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo

PorMetropolitano
27/03/2021

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *






LO ÚLTIMO

El arte vuelve a llenar las salas principales del Museo MARCO con la muestra "4 Proyectos"

El arte vuelve a llenar las salas principales del Museo MARCO con la muestra "4 Proyectos"

10/04/2021
Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo

Marta Larralde, "emocionada" en la presentación de su última película en Vigo

10/04/2021
El Gobierno prevé que el túnel de A Cañiza reabra "a finales de este mes"

El Gobierno prevé que el túnel de A Cañiza reabra "a finales de este mes"

10/04/2021
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de Vigo y su área metropolitana. ¿El objetivo? Que los 600.000 vecinos y vecinas descubran cómo disfrutar de su localidad y de todos los concellos del área.

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© 2020 Metropolitano.gal.

No Result
View All Result
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Deportes
  • Gafapasta
  • Pequeocio
Alertas WhatsApp

© 2020 Metropolitano.gal.

X